"Manu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
PERSOEIRO
Militar e político. Loitou en México, Cuba e Santo Domingo (1862-1871). Dominou a insurrección cantonalista de Cartagena (1873) e destacou na Terceira Guerra Carlista. Foi ministro da Guerra (1887) con Sagasta, deputado por Cartagena e senador por Canarias. Propuxo unha polémica reforma militar que non foi aprobada e dimitiu en 1889.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo. Formado en Barcelona e París, foi profesor na École des Hautes Études de París, na University of Berkeley, na Universidad Autónoma de Madrid e na Universitat Overta de Catalunya. Defende, dende presupostos marxistas, a superación das propostas da escola de ecoloxía humana de Chicago e, de acordo co estruturalismo, entende o feito urbano como unha totalidade explicable só dende o desenvolvemento do sistema produtivo. É autor de La question urbaine (A cuestión urbana, 1972), Menopolville (1974), en colaboración con F. Godard, Crisis urbana y cambio social (1981) e The City and the Grassroots (A cidade e as bases populares, 1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Discípulo de C. del Campo e N. Boulanger, foi catedrático do conservatorio de Sevilla que dirixiu dende 1964 a 1978. Da súa produción destacan numerosas obras para piano, órgano, cantatas e ciclos de cancións.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte. Licenciado en Arte (1987), doutorouse en 1993 coa tese La iconografía de los meses en el arte medieval hispano, siglos XI-XIV e ampliou estudios en Italia e nos EE UU. Profesor titular de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e codirector no proxecto de investigación Corpus de Iconografía Medieval Galega desde 1997. Colaborou, entre outras publicacións, en Brigantium e Compostellanum; ademais foi asesor internacional da Enciclopedia dell’Arte Medievale e secretario de redacción da revista Semata. Escribiu as obras Os traballos e os días na Galicia medieval (1995), Introdución al método iconográfico (1995, edición ampliada en 1998) e El Pórtico de la Gloria (1999). Foi coautor do CD-Rom Historia del Arte (2000) e dos libros Arte Galega. Estado da cuestión (1991), El rostro y el discurso de la fiesta (1994) e Santiago, la catedral y la memoria...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote, arquiveiro e historiador. Diplomado en Biblioteconomía polo Instituto Internacional de la Casa Americana (1946) e doutor en Historia pola Universidad Complutense de Madrid (1953), foi catedrático de Historia da Arte e Metodoloxía no Seminario Maior de Santiago de Compostela. Unha vez instalado en Madrid (1959) traballou na investigación e divulgación de documentos, na elaboración de repertorios bibliográficos, no estudo histórico-artístico de fundacións monásticas e nas biografías de personaxes relacionados coa obra franciscana en España, América Latina e Galicia. Foi redactor da revista Archivo Ibero-Americano (1958) e colaborador en diferentes publicacións, como El Eco Franciscano, La noche e Cuadernos de Estudios Gallegos. Publicou, entre outras obras: Crónica de la Provincia Franciscana de Santiago 1214-1614 (1971), Sociodemografía de la Provincia de Santiago en el siglo XVII (1985), Lenguas indígenas americanas transmitidas por los Franciscanos del siglo XVI (1987), El Monasterio...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e pediatra. Impartiu clases de pediatría e puericultura na facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e foi xefe de servizo do departamento de Pediatría do Hospital Clínico de Santiago. Foi membro do consello de redacción da Revista Española de Pediatría e secretario da Sociedad Gallega de Pediatría. En 1978, a Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia galardoou o seu traballo Bocio endémico en niños y adolescentes en Galicia: estudo epidemiológico, antropométrico, bioquímico y psicométrico.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Gravador. Recibiu clases de debuxo e de pintura con Manuel Fole. Cunha bolsa concedida pola Deputación de Lugo en 1907, marchou a Madrid onde foi discípulo de Alejandro Ferrant. Estudiou tamén nos talleres da Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando con Muñoz Degrain e Carlos Verger. Obtivo os títulos de profesor de debuxo, pintura e gravado. En 1925 recibiu unha bolsa da Junta para la Ampliación de Estudios e viaxou a París e posteriormente aos Países Baixos e Inglaterra. Foi mestre na Escuela Nacional de Artes Gráficas e gravador do Banco de España e da Casa de La Moneda. En 1920 colaborou nas revistas La Esfera e Blanco y Negro. Dominou todas as técnicas do gravado, aínda que destacou nas augafortes e na punta seca. As súas obras son dun marcado realismo pero non exentas dun certo romanticismo. Entre os seus gravados destacan Estampas de Guerra, Catedral de Santiago, Castelo de Andrade, Praza Maior de Lugo e Dolmen Galego. Participou en diversas exposicións tanto colectivas...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Deportista e xornalista. Coñecido como Handicap, destacou como impulsor de novas modalidades e como organizador de eventos deportivos. Iniciou a súa andaina profesional como árbitro de fútbol, actividade na que acadou a categoría internacional. Redactor de Faro de Vigo, dende 1909, fundou e dirixiu outras publicacións deportivas, como Vida Deportiva e Sprint, e colaborou na sección “Notas Deportivas” da revista Nós. Desempeñou funcións directivas na Federación Galega de Fútbol (1921-1922) e dirixiu, con Ruete e Berraondo, a selección española de fútbol. Promoveu a fundación do Real Club Celta de Vigo, creado en agosto de 1923 a partir da fusión dos equipos Real Fortuna e Real Vigo Sporting. Publicou Gestas españolas en la Olimpiada de Amberes (1921) e La Olimpiada de París (1924). No exterior do estadio de Balaídos consérvase, a carón da rúa co seu nome, un monumento na súa memoria. Recibiu numerosos premios xornalísticos e...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Estudiou na Escola de Canteiros de Poio (1980-1985). e especializouse no traballo con pedra, na procura de raíces antropolóxicas para achegarse ao mundo mítico ou primixenio. Participou, entre outras, nas mostras colectivas Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1983) e I Mostra de Unión Fenosa (1989). Entre as súas obras destaca Pacas (1986).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Comprometido co movemento galeguista, militou no Partido Republicano Federal de Pi i Margall e actuou como secretario na súa Asemblea de Lugo (1887). Fundou o xornal El Ciudadano (1890) e a Asociación de Escritores e Artistas (1891). En 1892 emigrou a Bos Aires, onde dirixiu e colaborou en El Eco de Galicia; en 1898 fundou El Almanaque gallego. Entre os seus libros destacan Los jesuitas al desnudo (1887), Hijos distinguidos de la provincia de Lugo (1890), Efemérides galaicas (1891), La Asociación de Escritores y Artistas de Lugo (1891), Una expedición de La Coruña al Plata en 1526 (1907), Un nuevo hijo ilustre de Galicia: Don Juan Alsina (1908) e De mi firma (1921). En galego publicou, entre outros, os poemas “O consolo” e “Unha lección”. Foi membro da Real Sociedad Geográfica de Madrid, da Real Academia Galega, da Real Academia de la Historia e da Academia Americana de la Historia. Foi nomeado...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e guerrilleiro. Despois de participar como comisario no exército republicano, exiliouse en Francia e colaborou na loita fronte aos nazis. En outubro de 1944 regresou a España coa misión de organizar os grupos guerrilleiros galegos segundo as directrices do PCE. Detido o 15 de outubro de 1945, foi condenado a morte e fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e mestre. Ocupou as cátedras de Latín e Humanidades, Física e Química e Matemáticas no seminario de Ourense. Realizou estudios no arquivo da catedral de Ourense con Manuel Martínez Sueiro, algúns deles publicados no Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense. Da súa produción destaca Un monasterio gallego (1912), dedicado ao mosteiro de Samos, e o libro de poemas Las estancias espirituales (1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor de orixe portuguesa. En 1698 marchou a Madrid onde estudiou con Cláudio Coelho e foi pintor da corte de Carlos II. Consérvanse algunhas das súas obras na igrexa da Compañía de Jesús en Madrid. En 1695 pintou para a igrexa de San Juan de Dios os cadros Ecce homo e La calle de amargura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel López González.
-
GALICIA
Escultor, fillo de Ventura Caulonga. Foi discípulo de Magariños e estivo en contacto cos principais obradoiros escultóricos de Santiago de Compostela e completou os seus estudios na Escola de Artes e Oficios Artísticos. A súa obra centrouse na produción de retablos, tallas de pequeno formato, esculturas e relevos de temática fundamentalmente rexionalista, que están dispersas por diversas institucións de Galicia e do estranxeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político nicaraguano. En 1811 participou no primeiro intento revolucionario contra as autoridades españolas, polo que foi apresado e condenado a morte, pena que foi conmutada pola de cadea perpetua en Ceuta. Tras varios anos de prisión regresou a Nicaragua onde ocupou o cargo de presidente (1825-1826). Trala guerra civil, iniciada coa sublevación de Juan Argüello, foi deposto e fusilado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. A súa obra lírica en galego foi publicada postumamente nunha edición de Lois Vázquez (1986), dividida en tres partes: “Íntimas”, “Tornade os que estades fóra” e “Cantigas”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Estudiou dereito nas universidades de Madrid e Barcelona (1840), e participou nunha das fallidas insurreccións de Prim, polo que se exiliou en Francia. Regresou a Cuba en 1844, onde exerceu como avogado; alí participou na rebelión independentista de Las Pozas en 1852. O 11 de outubro de 1868 proclamou a independencia de Cuba logo de redactar o seu Manifiesto de la Junta Revolucionaria de Cuba, coñecido como Grito de Yara. Aclamado presidente provisional pola Asemblea Constituínte no 1869, aprobou unha Constitución que abolía a escravitude. Debilitado o movemento polas divisións internas, foi destituído nunha reunión de deputados en outubro de 1873. Refuxiouse na localidade de San Lorenzo, onde se suicidou para evitar que o capturasen.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor de orixe cubana, fillo de Carlos Manuel de Céspedes y Borja del Castillo. Despois de realizar estudios en EE UU, Francia e Alemaña, regresou a Cuba para participar na loita independentista dende 1895. Deputado pola provincia de Oriente, foi embaixador en Italia, Arxentina, EE UU e Francia, e secretario de Estado durante o goberno de Zayas. En 1933, trala deposición de Machado, elixírono presidente ata setembro dese ano, cando o derrocou Fulgencio Batista. Publicou, entre outras obras, Manuel de Quesada y Loynaz (1925). Foi membro da Academia de la Historia de Cuba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e diplomático dominicano. Despois dunha primeira etapa modernista influída por D’Annunzio e pola súa obra Sangre de primavera (1908), escribiu La sangre (1914) na que describe a época do ditador Ulises Heureaux. É autor ademais de ensaios e textos históricos e políticos.
VER O DETALLE DO TERMO