"Mur" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 248.

  • PERSOEIRO

    Artista e escritor mexicano. Coñecido como Doctor Atl, foi director da Escuela Nacional de Bellas Artes de México (1914-1915) e un dos creadores da Liga Internacional de Escritores y Artistas. Viaxou a Europa, onde se interesou especialmente pola pintura renacentista, a neoimpresionista e a fauvista. Estudoso da arte popular do seu país, foi un dos precursores do muralismo mexicano. Como escritor, cultivou a ficción literaria e o ensaio. A súa afección polos volcáns manifestouse nas súas pinturas La sombra del Popocatépetl (1942) e Erupción del Paricutín (1943), así como nas obras escritas Las sinfonías del Popocatépetl (1924) e Cómo crece y nace un volcán: el Paricutín (1950). Tamén publicou Las artes populares de México (1921) e Cuentos de todos los colores (1933-1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor barroco. Está considerado un dos máis destacados representantes de pintura relixiosa española. Orfo desde os nove anos, iniciou a súa formación cun parente da súa nai, Juan del Castillo. A pegada do seu mestre deixouse sentir especialmente na primeira etapa da súa pintura, caracterizada polo naturalismo (Virgen del Rosario con Santo Domingo, para o pazo arcebispal de Sevilla), pero tamén recibiu influencias de Roelas, Francisco de Herrera el Viejo e de Zurbarán, que se manifestaron no emprego do claroscuro e no modelado das figuras, aínda con certa rixidez (San Diego dando de comer a los pobres, 1646). O seu interese polos tipos populares exemplificouse nas series de galegas (Vieja hilando ou Gallegos en la ventana) e nos cadros de nenos (Niños comiendo melón y uvas (1650) ou Muchachos expulgándose), en que representaba rapaces humildes inmersos nunhas escenas cheas de ledicia e xovialidade, en que comezou a empregar contornos flexibles e volumes brandos. En 1656 pintou Visión de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Rusia (394.000 h [1997]). Porto situado na costa oriental do golfo de Kola. Fundada en 1916, é un centro importante de industrias pesqueiras e de conservas, reparacións de barcos, etc. Durante a Primeira e Segunda Guerra Mundial a zona tivo unha grande importancia estratéxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Rusia (144.900 km2; 1.018.200 h [estim 1999]). A súa capital é Murmansk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir do 7 de decembro de 1886, e que cesou o 28 de xaneiro de 1887. Subtitulouse “Semanario artístico” e estivo dirixida por Eugenio Mañach Couceiro, substituído por Manuel Amor Meilán a partir do nº 6. De carácter literario e galeguista, incluíu poesía, bibliografía e correspondencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de murmurar.

    2. Comentario que se fai sobre algo ou alguén e que se divulga entre a xente xeralmente con afán difamatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen murmura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falar en voz baixa, especialmente protestando ou queixándose de algo ou alguén.

    2. Criticar ou falar mal de algo ou alguén.

    3. Producir un son suave algunha cousa, especialmente unha corrente de auga ou as follas dunha árbore movidas polo vento.

    4. Dicir algo en voz moi baixa.

    5. Facer comentarios negativos sobre algo ou alguén co fin de prexudicar a súa boa reputación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ruído suave e confuso que produce unha corrente de auga, as follas movidas polo vento ou un conxunto de persoas falando.

    2. murmuración.

      1. Ruído grave e suave que se oe nalgúns lugares do corpo por auscultación.

      2. murmurio vesicular

        Ruído fisiolóxico que se oe ao auscultar o aparato respiratorio dun individuo que respira normalmente e non ten ningunha lesión torácica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mancha vermella que se forma na pel ao estar preto do lume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico alemán. Naturalizado estadounidense, a súa obra, de características expresionistas e realistas, amosou unha concepción pesimista da vida a través dun refinado sentido estético. Da súa filmografía destacan Sehnsucht (Desexo, 1921), Nosferatu, eine Symphonie des Grauens (Nosferatu, unha sinfonía de terror, 1922), Der Letzte Mann (O derradeiro home, 1924), Faust (1926), Sunrise: A Song of Two Humans (1927, Oscar á mellor película, 1929) e Tabu (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e relixioso franciscano alemán. Publicou escritos satíricos, como Narrenbescheerung (Conxura de tolos, 1512) e Der Schelme Zunft (A banda de pícaros, 1512).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Parede grosa que soporta o peso dun edificio ou que limita verticalmente o interior.

      2. Construción vertical erguida a partir da superposición de elementos resistentes como a pedra, unidos ou non por argamasa, que se emprega para pechar un espazo, para soster unha estrutura ou incluso con carácter defensivo.

      3. muro de contención/de sostemento/de revestimento

        Muro destinado a soportar a presión de terras, especialmente as dun terraplén. A forza activa sobre a parte vista é compensada coa pasiva das que quedan enterradas, e ás veces con ancoraxes a distintos niveis.

      4. muro frontal

        Parede dunha volta que cerra os extremos.

      5. muro pantalla

        Muro que protexe contra a forza ocasional das augas ou do vento.

    1. Parte inferior dun estrato no seu estado orixinario. Este estrato, a causa de accións tectónicas, pode dar volta e entón o que aparentemente é o muro é realmente o teito.

    2. Figura en forma de faixa cos intersticios das pedras destacados en cor diferente. Fálase de parte de muro cando a muralla é abscisa e ten unha torre nun extremo.

      1. muro cortina

        Parede que constitúe, na fachada dos edificios feitos de ferro e formigón armado, unha especie de cortina exterior que disimula os elementos estruturais da construción. Faise xeralmente con elementos prefabricados realizados con materiais moi lixeiros, como o vidro, o aceiro ou o aluminio.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Mallorca, Illes Balears, situado na costa, na baía de Alcudia (6.107 h [2001]). As terras agrícolas dedícanse sobre todo ao cultivo de herbáceos e de horta. A economía compleméntase cos servizos derivados do turismo, especialmente na praia de Muro, cun importande desenvolvemento de prazas hoteleiras e segundas vivendas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (7.514 h [2001]). Converteuse nun dos municipios máis dinámicos da comarca, cunha grande actividade industrial e de servizos, en parte grazas á súa proximidade con Alcoy. O regadío nútrese principalmente de fontes e produce hortalizas e, en menor cantidade, froitos secos, mentres que no secaño, moito máis extenso, destacan as oliveiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOAS

    Zona húmida litoral, protexida do mar por unha barreira dunar, que, xunto coa lagoa de Xuño, forma parte do ecosistema húmido do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Láncara. Construíuse en estilo románico durante o s XII, aínda que sufriu varias modificacións posteriores. Consta de nave e ábsida únicas, ambas as dúas rectangulares. A súa portada é abucinada, con dúas arquivoltas e tímpano historiado. Destaca a decoración e as fiestras do testeiro e do frontispicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Vladimir, Rusia, situada á beira do río Oka (126.000 h [1997]). Coñecida xa desde o s IX, conta cunha industria considerable de locomotoras diésel, frigoríficos, aparellos de radio e tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen anda sempre coa cabeza baixa e non mira de fronte a quen lle fala.

    VER O DETALLE DO TERMO