"OCI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 818.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula da neuroglía que se caracteriza pola posesión dun gran número de prolongacións ramificadas. Hai dous tipos: os astrocitos de radiacións curtas, especialmente abundantes na substancia gris, e os astrocitos de radiacións longas, abundantes na substancia branca dos órganos nerviosos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor cerebral formado por astrocitos.
-
-
Calidade de atroz.
-
Acto atroz pola súa crueldade ou inxustiza.
-
-
-
Conxunto dos movementos automáticos por efecto dunha longa aprendizaxe.
-
Interpretación errónea dun fenómeno por causa de modificacións subxectivas debidas á percepción, á actitude, ao marco de referencia, etc.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método de cinguido aplicado ás tuberías nas que as abrazadeiras empregadas son dun diámetro lixeiramente maior que aquelas. Ao inxectar auga a presión, a tubería dilátase ata obrigar ás abrazadeiras a ensancharse. A tubería defórmase plasticamente, mentres que as abrazadeiras fano elasticamente, tendendo a retornar ao seu diámetro inicial, o que constrinxe fortemente a aquela.
-
-
Calidade de automotor.
-
Estudio ou descrición dos aparellos automóbiles ou aqueles que se desprazan pola acción dun motor.
-
Sector da industria dedicado ao automóbil.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula orixinada por fecundación dentro do proceso de auxosporulación. Unha grande parte das auxosporas das diatomeas corresponden a auxocigotos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en Madrid en 1903 para a explotación de fábricas de azucre, refinerías e destilerías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria estadounidense constituída en San Francisco no ano 1904 co nome de Banco de Italia; este feito revelaba a orixe do capital, baseado no aforro dos inmigrantes transalpinos. Rapidamente iniciou unha expansión por todo o ámbito estatal. No ano 1930 fusionouse co Banco de América de California para formar a entidade actual. Entrou no mercado español da man do Banco de Santander.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Baxociano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo piso do Dogger ou Xurásico medio, situado enriba do Aaleniano e por debaixo do Batoniense. Comprende catro zonas de amonitas.
-
REXIÓNS
Rexión histórica e nomós de Grecia Central, situada entre o canal de Eubea, a Ática, o golfo de Corinto e as montañas de Lócrida, (2.952 km2; 134.108 h [1991]). A capital é Levadia. As cidades máis importantes da antiga rexión foron Tebas, a súa principal cidade, Orcomen, Platees, Tanagra, Leutres e Queronea. A poboación orixinaria procedía do N do Epiro e foi desprazada polos tesalios durante a invasión doria (1200 a C). Cara á fin do s VII a C comezouse a constituír a Liga Beocia, da que Tebas chegou a ser axiña a capital; acadou o máximo esplendor nos ss V e IV a C. Durante a Segunda Guerra Médica aliouse cos persas (479 a C) e na guerra do Peloponeso aliouse cos espartanos en contra de Atenas. Tebas resistiu a hexemonía de Esparta e converteuse en cabeza hexemónica da Grecia continental ata a Batalla de Mantinea (362 a C) e a morte de Epaminondas. Alexandre destruíu Tebas e deu liberdade ao resto de cidades beocias. A última Liga Beocia foi desfeita polos romanos...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Beocia, aos seus habitantes ou á variante dialectal do grego nesta área.
-
Natural ou habitante de Beocia.
-
Forma dialectal do grego antigo falado na zona de Beocia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio dos seres vivos a través dun enfoque propio da cibernética, que parte do feito de darlle ás células, organismos e comunidades, a consideración de sistemas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto químico empregado, principalmente en agricultura, para matar organismos vivos que interfiren nas actividades humanas. Segundo o grupo ao que afectan, fálase de herbicidas, insecticidas, rodenticidas e funxicidas. Dependendo da súa especificidade, os biocidas poden afectar a outros seres contra os que, en principio, non ía dirixida a súa acción; por outra banda os non biodegradables persisten na cadea trófica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio do desenvolvemento dos seres vivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Circuíto microelectrónico realizado sobre unha capa de polímero que se grava e que se dopa, despois de estar depositada sobre un soporte illante, cunha técnica semellante ás que se empregan para fabricar os circuítos integrados. O material condutor -certas proteínas naturais ou artificiais- presenta unha gran variedade de propiedades respecto dos tradicionais semicondutores. As dimensións dos elementos destes circuítos permiten unha integración a escala xigantesca (Giant Scale Integration, GSI), e velocidades de transmisión da información da orde de cen veces maior ca a acadada nos circuítos VLSI.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Factor de crecemento que se atopa no lévedo. Está constituída por biotina ligada ao grupo amina, na posición ε da lisina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cociña natural ou biolóxica.
-
PERSOEIRO
Metalúrxico. Estudioso dos xacementos minerais e das técnicas mineiras e metalúrxicas, foi autor de Il modo di fondere, spartire e congiungere metalli (O modo de fundir, separar e mesturar metais) e Pyrotecnia (Pirotecnia). Está considerado, xunto con Georgius Agricola, como precursor da moderna mineraloxía.
VER O DETALLE DO TERMO