"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
-
Proceso de alteración física do chocolate que se caracteriza pola aparición dunhas manchas abrancazadas na superficie. Está causado pola migración de graxa ou de azucre cara á superficie por mor das variacións térmicas ou da humidade pero as calidades sanitarias e nutritivas non resultan alteradas.
-
Laminación de desbaste dos lingotes de aceiro.
-
-
CIDADES
Cidade do estado de Indiana, EE UU, ao SO de Chicago (51.972 h [1990]). Ten un centro de ensino superior, a Indiana University, fundada no ano 1852.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao bogomilismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Secta atribuída ao pope coñecido como Bogomil e difundida en Bulgaria a partir de mediados do s X. Influída por doutrinas neomaniqueas de Asia Menor, a seita propugnaba unha reforma social da Igrexa oriental e a abolición da escravitude. O centro de difusión foi a cidade de Plovdiv (ou Filopópolis, Tracia). O bogomilismo perdurou ata a conquista turca (s XV), despois de terse estendido polo Imperio Bizantino. Influíu sobre algúns movementos occidentais, como o Catarismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adepto ao bogomilismo.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na Coruña entre os anos 1907 e 1916 de perioricidade mensual. Trátase dunha revista que informaba sobre cuestións relacionadas coa agricultura e a gandería das dúas comunidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín informativo que apareceu na cidade de Pontevedra no ano 1903.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu o 1 de xullo de 1941 baixo a dirección de Manuel Vázquez Seijas. Nun principio tivo unha periodicidade irregular, pero dende 1943 o boletín apareceu trimestralmente. Entre os seus fins estaban o estudo de temas artísticos, monumentais e históricos da provincia luguesa, a transcrición de documentos dos arquivos, bibliotecas e museos. A revista publicou traballos de Arqueoloxía, Historia, Arte, Heráldica, Epigrafía, etc. Aparecen fotografías e debuxos que amosan os monumentos dos que se fala nos artigos. Unha posible evolución desta publicación puido ser: Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo (1941) e o Boletín do Museo Provincial de Lugo (1983). A fundación do primeiro boletín tivo lugar baixo a presidencia da Comisión de Monumentos Luis L. Martí.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, fundada por Marcelo Macías, coa colaboración de Benito Fernández Alonso, Arturo Vázquez Núñez e Manuel Pereira Rey. O seu primeiro número apareceu o 1 de marzo de 1898 e non cesou ata 1960, compoñendo a colección total un conxunto de 20 tomos encadernados, con índice en cada tomo. Desde 1941 dirixiuna Xoaquín Lorenzo Fernández e o último tomo dedicouse en homenaxe ao prehistoriador Florentino López Cuevillas. De periodicidade bimestral, aínda que irregular, editábase na imprenta La Popular e tiraba arredor de 200 exemplares, cada un deles de 16 a 20 páxinas, incluíndo tamén fotografías en branco e negro. Este boletín tratou moi diversos temas culturais, con seccións de Arqueoloxía, Arquitectura, Escultura, Historia, Literatura, Epigrafía, Numismática, Diplomática, biografías, reseñas bibliográficas e informacións das actividades da Comisión de Monumentos de Ourense. Ao longo da súa dilatada historia contou cun cento de colaboradores,...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter oficial editada na Coruña na primeira década do século XX. Tiña periodicidade mensual. As súas informacións daban conta do estado xeral dos campos e das colleitas en Galicia e Asturias. Incluía tamén datos de producións, feiras e mercados. É significativa a sección relativa a prezos agrícolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación nada probablemente en 1957 na Coruña. Editada en castelán, tiña como subtitulo “Federación Gallega de Fútbol”. Tiña periodicidade irregular. Entre os seus contidos pódense sinalar: datos técnicos sobre regras do xogo, clasificacións, artigos e comentarios sobre fútbol xuvenil e rexional. Inclúe fotografías e publicidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado de Liberia (1.955 km2; 67.300 h [1986]). A súa capital é Tubmanburg.
VER O DETALLE DO TERMO -
MACIZO
Macizo montañoso de Liberia, ao O do país, onde se explotan importantes filóns de ferro desde 1951.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral cartaxinés. Durante a invasión de Cartago por parte de Agatocles de Siracusa foi nomeado xefe do goberno xunto con Hannón. Posteriormente tentou erixirse en tirano, pero non o conseguiu e foi executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Convento dominicano situado en Santiago de Compostela no cruce das rúas de san Pedro e das Rodas, fóra da antiga Porta do Camiño. A tradición atribúe a súa fundación a san Domingos de Guzmán quen supostamente peregrinou a Compostela en 1219. Foi fundado ao redor de 1220 baixo a advocación de santa María, mais en 1498 apareceu xa baixo o nome de San Domingos. O templo segue a tipoloxía das igrexas mendicantes, sendo o primeiro templo galego en adoptala. Foi consagrado en 1230 aínda que a finais do s XIII foi reformado baixo a protección do arcebispo dominicano frei Rodrigo González de León, estendéndose as obras ata o último cuarto do seguinte século. A planta é de cruz latina con tres naves e tres ábsidas poligonais, dúas capelas nos extremos dos brazos e dúas máis que se abren á nave. A cabeceira é característica do gótico mendicante: capela maior e dúas ábsidas colaterais de planta poligonal, bóveda de crucería e longos vans oxivais. En 1718 o artesoado de madeira das naves foi substituído...
-
-
Bondade natural aliada á simplicidade de maneiras.
-
Calma e sosego no xeito de actuar e de falar. OBS: A grafía n representa o son n velar [?].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Francesco Castelli.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor benigno da pel, pedunculado, de crecemento rápido e facilmente sangrante, duns 5 a 10 mm de diámetro, que aparece frecuentemente despois de pequenos traumatismos nas mans, pés, labios, cabeza e tórax. Denomínase tamén granuloma telanxiectásico ou granuloma pióxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade, xeralmente dos cabalos, caracterizada pola formación de granulomas con focos de abrandamento e de supuración orixinada polo desenvolvemento nos tecidos do micrococo Botryomyces ascoformans.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Etiqueta da adega Vitivinícola do Ribeiro, que foi substituída pola de Amadeus.