"PRI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 409.
-
PERSOEIRO
Erudito e escritor. Foi investigador do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), en Madrid. Especializado na historia da filosofía e na ideoloxía política dos ss XVI e XVII, elaborou diversas edicións críticas de obras de G. D. Campanella, J. Althusius, Guillerme de Ockham, H. Grotius e G. W. Leibniz. Escribiu, en colaboración con M. Morán, Tratados internacionales de España: Carlos V (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma simplificada do principio de Hamilton da mecánica analítica que permite atopar a traxectoria dunha partícula sen ningu-nha referencia ao tempo, aínda que a función de Hamilton da partícula non depende explicitamente do tempo. Enunciado primeiramente por Maupertius, foi establecida en forma matemática por Euler e Lagrange. K. J. G. Jacobi enunciouno como actualmente se coñece. OBS: Tamén se denomina principio de mínima acción.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que se editou en Lugo a partir de 1892 como órgano de expresión da Asociación Provincial del Profesorado de Enseñanza Primaria desa cidade. O seu fundador e director foi Celestino Buján Suárez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista e militar. Foi xefe militar da CNT e durante a Guerra Civil Española foi nomeado xefe da XIV división que loitou en Brihuega, e despois, do IV Corpo. Acadou o grao de tenente coronel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñeceu na Idade Media o principado de Acaia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Moscovia.
-
PERSOEIRO
Político e militar colombiano. Candidato conservador, foi elixido presidente da república (1845-1849) e contribuíu á penetración económica de EE UU. Rompeu co Partido Conservador e, como representante do liberalismo radical, obtivo o poder (1861). Foi elixido presidente constitucional (1863-1864) e reelixido en 1866, pero enfrontouse cos liberais e foi derrocado (1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte. Coñecido como conde da Viñanza, foi embaixador en Bélxica, Portugal, Rusia, Italia e Vaticano e, desde 1910, grande de España. Publicou a monografía Goya, su tiempo, su vida, sus obras (1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico. Desde 1971 reside en EE UU, onde traballou no Institute of Technology of Massachusetts. Iniciouse na pintura e ao redor de 1971 aproximouse á arte conceptual. Posteriormente, centrouse na experimentación sobre medios alternativos, especialmente a videoarte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema óptico que consiste nun romboedro de espato de Islandia tallado en dúas partes, segundo a diagonal menor, que son enganchadas novamente con bálsamo de Canadá. Un raio de luz natural que incide sobre o prisma, paralelamente á aresta máis longa, é dividido en dous raios polo fenómeno da birrefrinxencia: o raio ordinario e o raio extraordinario. Polarízanse os dous en direccións perpendiculares, o raio ordinario é desviado por reflexión total e o extraordinario xusto polas costas do romboedro. Utilízanse como produtores (polarizador) e como detectores (analizador) de luz polarizada e teñen sido substituídos por láminas dicroicas (polaroide). OBS: Tamén se denomina nicol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto dos tratados de paz que puxeron fin á Guerra dos Trinta Anos no Mar Báltico e que tiveron lugar en Oliva (maio de 1660), Copenhaguen (xuño de 1661) e Kardis (xullo de 1661) entre Suecia, Dinamarca, Polonia e Rusia. Suecia obtivo o recoñecemento da súa soberanía sobre Pomerania, Livonia, Escania, Blekinge e as illas Åland, feito que significaba a hexemonía sobre o Mar Báltico.
-
PERSOEIRO
Poeta polaco. De espírito místico e formas complicadas de asimilar, destacan os seus poemas patrióticos “Traurnaja rapsodija pam ’ati Bema” (Rapsodia fúnebre á memoria de Bem, 1851) e “Fortepiano Copena” (O piano de Chopin, 1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Participou na Revolución de 1905. A súa obra máis importante foi a novela histórica Cusima (1932-1935). Recibiu o Premio Stalin (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Distrito administrativo ruso, nos tempos de Iván IV o Terrible, que comprendía a zona central estratéxica e economicamente máis importante, situada baixo o poder directo do tsar e controlada por unha garda especial. A súa creación (1564) eliminou do aparato do Estado a aristocracia feudal e reforzou o poder do tsar.
-
Garda especial rusa que tomou parte na eliminación dos boiardos e outros nobres e comerciantes contrarios á nova orde.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
opresivo.
-
-
de oprimir.
-
Que ou quen padece opresión.
-
-
-
Exercer presión sobre unha cousa.
-
Exercer unha autoridade tiránica sobre unha persoa ou un pobo.
-
Causar un sentimento de angustia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título e territorio creado como señorío no SE de Francia. Foi despois un condado, e converteuse en principado no s XII. A súa unión coa rama dos Nassau tivo lugar cando Enrique III de Nassau o Grande (1483-1558), gobernador de Países Baixos e stadhouder xeral, casou con Claudia de Chalon (1515), herdeira do principado de Orange. En 1518 herdouno o seu único fillo, Renato de Nassau e, ao morrer este sen herdeiros (1544), pasou a Guillerme I o Taciturno (1545), de quen partiu a orixe da rama Orange-Nassau ( Guillerme I de Orange-Nassau ). Dela formaron parte os seus fillos e sucesores, Mauricio I de Orange-Nassau (1585-1625) e Federico Enrique I de Orange-Nassau (1625-1647); o fillo deste Guillerme II de Orange-Nassau (1647-1650) e o neto, Guillerme III de Orange-Nassau (1650-1702), que ademais foi rei de Inglaterra. Tras a súa morte herdouno Xoán...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estados xurdidos en Oriente Próximo a consecuencia da Primeira Cruzada e organizados segundo o sistema feudal francés. Ademais do Imperio Latino de Constantinopla, o máis importante foi o Reino Latino de Xerusalén, que dominaba, con diversas relacións de dependencia, os principados de Antioquía, Tiberiades e Galilea, e os condados de Edessa e Trípoli, entre outros. Balduíno de Lorena fundou a primeira soberanía latina en Edessa, á que sucedeu, despois dun longo asedio, a de Antioquía (1098). Tomada Xerusalén en 1099, o primeiro rei foi Balduíno I de Xerusalén (1100-1118). A continuación das cruzadas, con éxitos bastante precarios, as rivalidades e ambicións dos príncipes enfebleceron os gobernos dos principados, que foron caendo baixo poder musulmán. Saladino triunfou na Batalla de Tiberiades (1187) e obrigou a Xerusalén a capitular. O monarca, Guido I de Xerusalén, pasou a ser rei de Chipre, onde se conservou o título de Reino de Xerusalén, que quedou reducido a unha faixa da costa, entre...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de pemento vermello, típico de Hungría, que se obtén do froito desecado e moído dalgunhas variedades de Capsicum annuum.