"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritora. Investiga sobre problemas e teorías filosóficas, das que fixo algúns traballos, especialmente referidos ás vidas de Karl Marx e Friedrich Engels. Traballa tamén no eido do cómic e da caricatura. As súas obras foron editadas en numerosos países. Publicou Embajada de Perú, análisis de una campaña propagandística; Moro, el gran aguafiestas, traducida ao galego co título de Mouro, o eterno rebelde (1996) e La vida en cuadritos, onde trata e analiza o mundo do cómic.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Entallador. Construíu en 1627 un retablo de nogueira para a igrexa de Santa Baia de Rioaveso (Vilalba) e realizou obras de reparación na sancristía e confesionario da catedral lucense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo dunha milicia armada grega mercenaria mantida polos sultáns de Turquía dende o s XVI ata principios do XIX nos Balcáns. O progresivo poder e independencia dos armatoli foron tolerados polo goberno otomano ata a Paz de Belgrado (1739) e perseguidos despois. A súa acción guerrilleira foi unha axuda eficaz para a obtención da independencia de Grecia (1821) verbo da Grande Porta (Imperio Otomano).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento que por mor das súas grandes dimensións estorba de forma considerable.

    2. Persoa que amosa apatía, falta de axilidade ou lentitude de movementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do kraj de Krasnodar, Rusia, situada na marxe esquerda do río Kuban’ (164.000 h [estim 1995]). Situada na beira do oleoduto de Rostov e Tuapse, é un centro comercial e industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de pezas de madeira, ferro ou outro material que forman a estrutura que serve de soporte a algo.

      2. Conxunto de elementos como as trabes, tesoiras, pontóns e ripas que sosteñen o tellado dunha construción.

      3.   Estrutura de madeira que permite encher de material de construción os seus ocos para construír un muro ou parede.

    1. Estrutura de madeira, empregada na cubrición dun edificio, de perfil triangular e formada por unha serie de trabes dispostas por pares.

    2. Estrutura de madeira, empregada na cubrición dun edificio, de perfil trapezoidal e formada por unha serie de trabes dispostas por pares, unidas por tarugos que lle dan a súa forma característica.

    3. Estrutura de madeira, empregada na cubrición dun edificio, de perfil trapezoidal e formada por unha serie de trabes dispostas nos catro lados, unidas por tarugos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Coirós baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Láncara baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Agrupación de sardiñas en forma de torre circular que se forma de día nas rías galegas cando son perseguidas por outros animais mariños.

    2. Agrupación de gaivotas e outras aves mariñas que voan sobre un punto do mar onde abundan os peixes.

    3. Procedemento de localización dos bancos de peixe, propio da pesca artesanal galega. Consiste en localizar os cardumes (fundamentalmente de sardiña) segundo haxa ou non concentración de toniñas (delfínidos) e aves mariñas. O saber empírico mariñeiro tradicional e a falta de aparellos de localización modernos (radar, escáner, etc), tradúcese no emprego destas técnicas de localización, seguindo as evolucións dos depredadores do peixe. O armeiro practícase entre os meses de febreiro e abril, e denomínase tamén mansío.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fabricante ou vendedor de armas.

      1. Nas armerías, persoa que garda as armas e ten coidado de limpalas.

      2. armeiro maior

        Conservador da armería do palacio real que tiña coidado de limpar as armas.

      3. mestre armeiro /

        Antigamente, especialista do exército, con rango de suboficial, encargado da conservación e amaño de todos os elementos de combate, armamento e munición.

    2. Lugar ou moble destinado a gardar as armas.

    3. Mesteiral que fabricaba armas, especialmente de fogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cravo ou parafuso coa cabeza en forma de argola onde vai introducido o ferrollo da porta.

    2. Asa de ferro do balde ou caldeiro.

    3. Parafuso grande cun anel incorporado á cabeza, empregado para suxeitar o gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico español coñecido como Montxo Armendáriz. Comezou o seu labor realizando algunhas curtametraxes entre as que cómpre salientar Carboneros de Navarra (1981). Volveu tratar o mesmo tema na longametraxe Tasio (1984), producida por Elías Querejeta, principiando unha relación persoal entre director e produtor que se prolongou en 27 horas (1986), Las cartas de Alou (1990) e Historias del Kronen (1995). No ano 1997 dirixiu Secretos del corazón (1997), nominada ao Oscar como mellor película estranxeira, na que volta ao mundo da súa primeira obra, a Navarra rural dos anos sesenta vista polos ollos dun neno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Ramón Armendáriz Barrios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor mexicano de teatro, televisión e, fundamentalmente, de cine. Estudiou en San Antonio (Texas) e no California Polytechnic Institute. Acadou renome internacional co filme María Candelaria (1943), película dirixida por Emilio Fernández. Traballou tamén en La perla (1945), La rebelión de los colgados (1952) e Los titanes (1961), entre outros filmes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Quindío, Colombia, na vertente occidental da Cordillera Central, sobre o río Quindío (283.842 h [1997]). Núcleo agrícola e industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia romana creada polo Emperador Vespasiano sobre o territorio da Armenia Menor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado caucásico que ocupa a parte NO do altiplano de Armenia, entre o Pequeno Cáucaso e os Araks; limitada ao N por Xeorxia, ao L por Acerbaixán, ao SO por Turquía e ao SL por Irán (29.800 km2; 3.773.000 h [estim 1997]). A súa capital é Erevan.
    Xeografía física
    Desde un punto de vista morfolóxico alterna cadeas montañosas, altiplanos volcánicos e depresións tectónicas, sempre con altitudes por riba dos 1.000 m. O punto máis elevado é o volcán apagado Aragac (4.090 m), no NO do país. Ao S destaca o Kapytdžvch, de 3.904 m de altitude. Atópase nunha rexión de intensa actividade sísmica e por esta razón son relativamente frecuentes os tremores da terra. O clima é continental, con invernos fríos e veráns calorosos e secos, con escasas precipitacións. No tocante á hidrografía, a conca do Araks drena a maior parte do país. O lago Sevan, no centro do país, ocupa unha superficie de 1.275 km2, aloxado sobre unha das fosas tectónicas.
    Xeografía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que foi coñecida na Antigüidade a parte de Armenia que fica ao leste do Éufrates. O seu núcleo, no val do Araks, foi o reino fundado por Artaxias no 189 a C ( Armenia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que foi coñecida na Antigüidade a parte de Armenia que fica ao oeste do Éufrates, convertida por Vespasiano en provincia romana ( Armenia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa oriental de fe cristiá, propia do pobo armenio. Segundo a tradición, o apóstolo Bertomeu foi o primeiro evanxelizador das rexións armenias. Entre o 295 e o 300, Gregorio o Iluminador converteu o Rei Tirídates III, que proclamou o Cristianismo como relixión oficial do estado; Gregorio foi o primeiro catolicós (Patriarca da Igrexa Armenia). No 374 o catolicós Husik proclamou a autonomía da Igrexa Armenia verbo da de Antioquía; no Sínodo de Dvin (506-507) aceptáronse as doutrinas monofisistas. O Rei da Armenia Cilicia asinou a unión coa igrexa romana (1198), que durou ata a caída deste reino nas mans dos mamelucos (1375). No 1461 Muhammad II creou unha nova xurisdición en Constantinopla con título patriarcal. Xa dende finais do s XII ata 1375 os armenios da Pequena Armenia de Cilicia uníronse á Igrexa de Roma e adoptaron moitas prácticas occidentais, o que afectou á totalidade da Igrexa Armenia, que se une á romana (Concilio de Florencia, 1438-1439) baixo...

    VER O DETALLE DO TERMO