"RNE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 566.

  • Torneo das Seis Nacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xeneral romano. Membro do partido demócrata de Mario, apoiou o seu retorno do exilio (88 a C). Elixido cónsul no 87 a C, destituírono pola defensa da lei Sulpicia e expulsárono da cidade. Regresou acompañado de Mario e dos samnitas e apoderouse de Roma, onde proscribiu os seus adversarios políticos. Renovado no consulado no 85 e 84 a C, aboliu as leis de Sila e marchou a Oriente para derrotalo. Morreu asasinado polos seus soldados nun motín en Ancona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romanés. Defendeu tendencias nacionalistas de carácter cristián e antisemita. En 1927 fundou a Lexión do Arcanxo Miguel, núcleo orixinario da fascista Garda de Ferro (1931). Foi condenado a 10 anos de reclusión e morreu asasinado durante un traslado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Saxofonista de jazz norteamericano. A súa música baséase nunha progresiva simplificación dos elementos sonoros e no predominio da melodía. Foi un dos iniciadores do free jazz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Describiu a alta sociedade inglesa de comezos do s XX cunha grande agudeza e mordacidade. Da súa produción destacan as obras Brothers and Sisters (Irmáns e irmás, 1929), Men and Wives (Homes e mulleres, 1931) e The Mighty and their Fall (O poderoso e a súa caída, 1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de concernir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten relación co que se expresa. OBS: Emprégase seguido da preposición a.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada en 1928 no castelo de La Sarraz en Vaud (Suíza), onde tivo lugar o primeiro dos dez congresos celebrados. A declaración fundacional analizou a modernidade e o progreso e, sobre todo, a racionalización e estandarización do proceso creador arquitectónico, coa afirmación de que a súa historia correspondía á da arquitectura racionalista. O segundo congreso celebrado en Frankfurt do Main en 1929, tivo como tema central o habitáculo mínimo. Nesta reunión establecéronse os tres niveis de funcionamento da entidade: a asemblea xeral ou congreso, o Comité Internacional para a Resolución dos Problemas da Arquitectura Contemporánea (CIRPAC) e os grupos de traballo para proxectos específicos. O terceiro congreso reuniuse en 1930 en Bruxelas, e o cuarto, que debía celebrarse en Moscova en 1932, tivo lugar no barco Patris por razóns políticas, onde se redactou e aprobou a carta de Atenas. Nesa reunión estableceuse que o feito urbano se asentaba en catro funcións: habitabilidade, traballo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e crítico dramático francés. Coñecido como Coquelin cadet, estudiou no Conservatorio de París, onde obtivo o primeiro premio da comedia en 1867. Incorporouse sucesivamente ás compañías teatrais de L’Odeon, ao teatro de variedades (1875-1876) e á Comédie Française (1868 e 1879-1908). Interpretou múltiples personaxes, entre eles Monsieur de Pourceaugnac, Monsieur Jourdain e Argan, de Molière, e Fígaro, de Beaumarchais. Publicou os ensaios L’art de dire les monologues (A arte de recitar monólogos, 1884) e Le rire (A risa, 1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte anterior, clara e transparente, da capa máis externa do ollo, que cobre o iris e a pupila. A córnea é un tecido transparente e avascular formado por un epitelio, unha membrana basal, a membrana de Bowman, un estroma, a membrana de Descemet e un endotelio. Posúe un raio de curvatura maior ca o do resto do globo ocular. Está inervada pola primeira división do trixémino, a través dos nervios ciliares longos e curtos, lagrimal e ramas nasociliares, que penetran ata o epitelio. Para que poida funcionar como unha lente necesita estar cuberta por unha película lacrimal, xa que a superficie do epitelio corneal é irregular. As enfermidades da córnea constitúen a causa máis importante de cegueira.

    2. Capa máis externa da epiderme, formada por células cargadas de queratina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha metamórfica de gran fino e microestrutura granoblástica, orixinada por metamorfismo de contacto entre rochas sedimentarias arxilosas ou areosas e ígneas. A súa composición mineralóxica depende das rochas orixinais: se procede de rochas margosas, contén calco-silicatos e denomínase corneana calco-silicatada; e se procede de rochas arxilosas, contén silicatos alumínicos (andalucita, cordierita e biotita), que lle dan un aspecto manchado característico, e recibe o nome de cornubianita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar golpes cos cornos un animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Lamas, da conca do Suarna, pola dereita. Nace na parroquia de Córneas, no concello de Baleira. O seu curso adopta unha dirección S-N, atravesa a parroquia e penetra na do Freixo, no concello da Fonsagrada. Neste lugar recibe o seu primeiro afluente, o río do Castelo, e vira cara ao L pola parroquia de San Pedro de Río. Desemboca ao chegar a Lamas de Moreira, logo dun percorrido duns 9 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baleira baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Especializouse no xénero policial con diversas películas, como Police Phython 357 (Policía Python 357, 1975), La menace (A ameaza, 1977), Série noire (Serie negra, 1979) ou Le choix des armes (A elección das armas, 1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuberta vexetal que recobre os grans dos legumes.

    2. Molusco bivalvo de cunchas sólidas, grosas, equilaterais e triangulares, de ata 4,5 cm de lonxitude e superficie branca. Habita en fondos, de ata 100 m de profundidade, do intralitoral areoso do Atlántico, dende Marrocos ata Noruega. Non resulta tan apreciada para o consumo humano coma as ameixas.

    3. Molusco bivalvo do xénero Venerupis, da familia dos venéridos, de ata 5 cm de ancho e de valvas ovadas e sólidas. Vive en áreas lamacentas ou areosas na zona inframareal ata 40 m de profundidade no Atlántico e no Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de corno.

    2. Aplícase á vaca que ten os cornos pequenos e retorcidos.

    3. Aplícase á ovella que ten cornos.

      1. Peza de pan con forma de dous cornos ou parte dunha barra con forma de corno.

      2. Extremo de codia dura que sobresae na parte superior dun molete.

      1. Ángulo que forman dúas paredes ou dúas superficies no lugar no que se xuntan.

      2. Lugar pequeno e apartado dentro dun espacio maior.

    4. Molusco gasterópodo mariño con forma de corno.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto que se obtén como residuo na fabricación do extracto de carne. A carne de vacún báñase nunha salmoira, cócese con especias, engádenselle conservantes, e despois esterilízase e envásase. O proceso de elaboración realízase de forma industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Boimorto baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Irixo baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO