"ROM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1150.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima proteolítico de ampla especificidade, que hidroliza diversas proteínas, péptidos, ésteres e amidas. Atópase en distintas especies de bromeliáceas, especialmente no ananás, e a súa acción é semellante á da papaína do látex.
-
-
Relativo ou pertencente ás bromeliáceas.
-
Herba ou arbusto da familia das bromeliáceas.
-
Familia de plantas da orde das bromeliais, que comprende 50 xéneros e máis de 2.000 especies, de porte maioritariamente herbáceo e xeralmente epífitas. As follas son ríxidas, fibrosas e dispostas en roseta, o froito é unha baga e as flores presentan tres pétalos libres coloreados. A polonización realízase xeralmente por aves. Moitas especies como Tillandsia lindeniana e Vriesia splendens ou xéneros como Aechmea, Billbergia, Bromelia, Nidularium e Pitcairnia cultívanse como ornamentais de interior. Tamén pertencen a esta familia os ananás. A maioría son propias das zonas tropicais de América.
-
-
-
Herba ou arbusto da orde das bromeliais.
-
Orde de plantas da subclase dos zinxibéridos que abrangue só a familia das bromeliais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
bromelaína.
-
PERSOEIRO
Novelista e comediógrafo. Entre as súas obras destacan Early Autumn (Precoz outono, 1926), The Rains Came (Chegaron as chuvias, 1937) e Mrs. Parkington (1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sal que resulta da reacción do ácido bromhídrico cunha base orgánica nitroxenada.
-
-
Relativo ou pertencente ao ácido bromhídrico.
-
En estado anhidro, gas de cheiro picante constituído por moléculas covalentes de bromuro de hidróxeno, que se obtén por unión directa dos seus elementos en presenza de catalizadores de platino. É moi soluble en auga, coa que produce solucións fortemente ácidas. Emprégase para a obtención de bromuros e derivados orgánicos do bromo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección caracterizada por unha secreción abundante de suor que ademais contén substancias fedorentas.
-
-
É un ácido forte e oxidante. Os seus sales, os bromatos, empréganse como axentes oxidantes e na fabricación de colorantes e fármacos.
-
Que contén bromo (V), é dicir, bromo en estado de oxidación +5.
-
Oxoácido do bromo, que se obtén só en disolución acuosa por reacción do bromato de bario con ácido sulfúrico diluído, de acordo coa reacción:
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de accidentes cutáneos (prurito, eritema e inflamacións varias) causadas polo bromo e os seus derivados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Accidente tóxico provocado polo bromo e os seus compostos, en particular polo bromuro de potasio. A administración prolongada pode determinar o bromismo crónico, que se caracteriza por dispepsia, rinite e acne; a inxesta de doses demasiado fortes provoca o bromismo agudo, caracterizado por cefalalxia, exantema, bronquite, sopor e coma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que lle gusta facer bromas ou divertirse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal do ácido bromoso, no que o bromo actúa co número de oxidación 3.
-
CIDADES
Cidade de Inglaterra, Gran Bretaña, un dos 32 distritos do Gran Londres, situado ao SL da área edificada da metrópole, preto do río Ravensbourne, afluente do Támesis. (295.584 h [1996]). Na súa arquitectura destaca o palacio dos bispos de Rochester (1.666) e a igrexa maior de estilo gótico.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Elemento non metálico da familia dos alóxenos, de número atómico 35 e peso atómico 79,904, que pertence ao grupo VII A da táboa periódica e ten números de oxidación -1, 0, +1, +3, +5 e +7. É un líquido vermello escuro que emite uns vapores, de cheiro semellante ao cloro, fortemente irritantes. Forma moléculas diatómicas (Br2), moi estables, que só se disocian apreciablemente por riba de 1.000°C. É relativamente pouco soluble en auga, aínda que a solubilidade varía moito en presenza de sales, sobre todo de bromuros, cos que forma ións complexos, como Br3- e Br5- . É moi soluble nalgúns disolventes orgánicos como o sulfuro de carbono, o tetracloruro de carbono, o cloroformo, o benceno e outros. A codia da Terra contén arredor do 0,00016% de bromo en forma de bromuros. O bromo está amplamente disperso por terras, rochas, augas, vexetais, e extráese das augas dos lagos ou mares interiores salgados ou das augas residuais do aproveitamento...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos ácidos derivados do ácido acético por substitución dun, dous ou tres átomos de hidróxeno por bromo; especialmente, o ácido monobromoacético [BrCH2-COOH]. Son cristais delicuescentes solubles en auga e alcohol, que funden a 51°C e ferven a 208°C. Obtense por bromación do ácido acético.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido que solidifica a -36,5°C e ferve a 137°C, obtido por bromación da acetona; é soluble en alcohol e en auga. É lacrimóxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido con punto de ebulición 156,2°C, insoluble en auga, obtido por bromación do benceno en presenza de ferro como catalizador. Emprégase como aditivo en aceites de motores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado semisintético da ergocriptina, alcaloide do centeo afectado polo caruncho. Terapeuticamente se emprega para suprimir a secreción láctea e pola súa acción sobre a hormona do crecemento, para o tratamento da acromegalia e da enfermidade de Parkinson.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado bromado do estireno empregado en produtos baratos de perfumería, polo seu cheiro a xacinto, en substitución do aldehido fenilacético.