"Red" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 824.
-
VER O DETALLE DO TERMO
María do Carme Corredoira e Ruíz de Baro.
-
PERSOEIRO
Director e pianista francés. Realizou estudios no Conservatorio de París e foi discípulo de Chopin. En 1905, xunto con Pau Casals e Thibaud, formou un trío musical co que realizou varias actuacións e gravacións. En 1919 fundou a École Normale de Musique de París, centro no que exerceu a docencia. Na súa faceta pianística destaca como un gran coñecedor da obra de Chopin e Schumann.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e empresario. Licenciado en Enxeñería Mecánica polo Instituto Superior Técnico (1946), ampliou estudios no Imperial College de Londres. Foi secretario de Industria Pesada no sexto goberno provisional (1976), ministro de Industria e Tecnoloxía no primeiro goberno constitucional (1977) e primeiro ministro do terceiro goberno constitucional (1978), baixo a presidencia de Ramalho Eanes. Pertenceu ao Conselho de Estado. En 1980 presidiu a comisión da candidatura á presidencia de Eanes e en 1985 propuxo a candidatura de Mário Soares. Despois de abandonar a política, dedicouse ao mundo empresarial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Nacionalizouse norteamericano en 1941. Colaborou con D. W. Richards no estudo das enfermidades do corazón e dos pulmóns, e no desenvolvemento de técnicas para medir o funcionamento destes órganos, como o cateterismo cardíaco. Ambos os dous compartiron con W. Forssmann o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1956.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica norteamericana realizada en 1924. Foi dirixida por James Cruze e interpretada por J. Warren Kerrigan, L. Wilson, A. Hale e E. Torrence. Trátase da historia dunha caravana de carros que se dirixen cara ao leste. Coma se fose un documental, cóntanse as relacións persoais dos protagonistas e préstaselles especial atención ás paisaxes e á vida propia dos vaqueiros.
-
-
Mesa que se pon preto do altar onde se coloca o necesario para a celebración dos actos litúrxicos.
-
Aparador ou andel no que se poñían as bebidas para servírllelas ao rei ou ao señor.
-
-
-
Que acredita.
-
Documento no que consta o cargo ou a situación oficial dunha persoa.
-
carta credencial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que estaba encargada da credencia, sobre todo do coidado dos frascos do viño e da auga cos que facía a salva antes de que bebera o seu señor.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Discípulo de Andrea del Verocchio, dirixiu parte das obras realizadas no seu taller, onde coincidiu con Leonardo da Vinci. As súas obras están executadas con precisión e minuciosidade. En 1497, influído polas prédicas de Savonarola, queimou as pinturas de tema profano, das que só se salvaron algúns retratos, como o Autorretrato (1488) e a Venus da Galleria degli Uffizi. Entre as súas obras relixiosas destacan A Nai de Deus entre San Nicolás e San Xián e San Miguel (1523).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de crible.
-
Calidade da revelación cristiá. A Igrexa Católica concibe a credibilidade como unha esixencia lóxica previa ao acto de fe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao crédito.
-
-
creto.
-
Situación económica que lle permite a alguén comprar sen ter que pagar ao contado ou conseguir diñeiro prestado.
-
Intercambio non simultáneo entre a prestación e a contraprestación de bens, diñeiro ou servicios. No cumprimento de calquera acto crediticio interveñen o tempo como elemento constitutivo e a confianza como condición. Establécese tamén outro elemento importante: o xuro, que é o prezo do tempo e o prezo do risco. A principal función do crédito é a de financiamento da produción antes da demanda. O mecanismo do crédito permite unha planificación máis flexible dos gastos e canaliza os pequenos aforros da sociedade. Unha superexpansión do crédito pode producir inflación e para evitala tómanse medidas de carácter económico, como o aumento dos custos e a redución da demanda ou da oferta, das dúas ou do crédito, segundo os casos. As promesas de pagamento poden ser formais e escritas, como billetes de banco, letras de cambio e cheques, ou en forma de libro de débedas e préstamos, como créditos de vendas ou anticipacións bancarias. O crédito pode ser público ou privado,...
-
Unidade didáctica que concreta unha aprendizaxe e que se imparte durante un número de horas determinado. As áreas de aprendizaxe organízanse en tres tipos fundamentais de créditos: os créditos comúns referidos a áreas comúns obrigatorias; os créditos variables que lle permiten ao alumno a opcionalidade; e os créditos de síntese, que son créditos de comprobación.
-
Relación de persoas, entidades, empresas, etc, que interveñen na elaboración dunha publicación, unha película, un programa de televisión, un disco, etc.
-
Parte activa dunha relación de obrigación pola que o creditor pode esixir do debedor que observe unha conduta determinada ou que realice unha prestación singular.
-
-
-
Calidade de crédulo.
-
-
Oración na que aparecen reflectidos os puntos principais da fe católica.
-
Parte da misa na que se reza esta oración.
-
-
Núcleo doutrinal dunha relixión.
-
Conxunto das ideas básicas ou principios polos que se rexe unha persoa ou unha colectividade.
-
-
-
-
Oración na que aparecen reflectidos os puntos principais da fe católica.
-
Parte da misa na que se reza esta oración.
-
-
Núcleo doutrinal dunha relixión.
-
Conxunto das ideas básicas ou principios polos que se rexe unha persoa ou unha colectividade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de crédulo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que cre calquera cousa con moita facilidade.
-
PERSOEIRO
Político. Estudiou administración de empresas na Universidade de Georgetown (EE UU). En 1985 ingresou en Alianza Republicana Nacionalista (ARENA) e, ao ano seguinte, foi nomeado presidente do seu consello. Presidente de El Salvador (1989-1994), promoveu a reconciliación nacional entre o goberno e a guerrilla Frente Farabundo Martí para La Liberación (FMLN), formalizada en 1992 e que puxo fin a doce anos de guerra civil. Acusado pola Compañía de Xesús de participar no asasinato dos xesuítas da Universidad Centroamericana (UCA) en 1989, no ano 2000 foi sobreseída a denuncia ao declarar o xuíz que os delitos prescribiran. Tras abandonar a presidencia de El Salvador, foi elixido deputado do Parlamento centroamericano e presidiu ARENA entre 1997 e 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santo Estevo que dá nome ao concello de Culleredo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca e da provincia da Coruña, situado no Golfo Ártabro, ao N da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos da Coruña e Oleiros (A Coruña), ao L cos de Cambre e Carral (A Coruña), ao S cos de Cerceda (comarca de Ordes) e A Laracha (Bergantiños) e ao O co de Arteixo (A Coruña). Abrangue unha superficie de 62,3 km 2 cunha poboación de 26.707 h (2007), distribuídos nas parroquias de Almeiras, O Burgo, Castelo, Celas, Culleredo, Ledoño, Orro, Rutis, Sésamo, Sueiro e Veiga. A capital municipal é o lugar de Tarrío, na parroquia de Culleredo, situado a 43° 17’ de latitude N e 8° 22’ de lonxitude O, 55 km ao N de Santiago de Compostela e 11 km ao S da Coruña. Está adscrito ao partido xudicial e á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello de Culleredo está baixo o dominio climático oceánico húmido. Por mor da súa localización no Golfo Ártabro e pola influencia suavizadora mariña, a temperatura media anual supera os... -
VER O DETALLE DO TERMO
Culler.