"Rita" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 231.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfato hidratado de ferro, de fórmula Fe2SO4·7H2O, que aparece en forma de cristais ou como agregados de cor verde. Cristaliza no sistema monocíclico, ten dureza 2 e densidade 1,8-1,9. É soluble en auga e funde a 90 °C. É común en minas con sulfuro de ferro, e moitas veces forma grandes estalactitas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Material intersticial das rochas calcarias que forma unha matriz semiopaca con textura subcristalina moi fina, que constitúe case a totalidade da calcaria litográfica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfuro de níquel, de fórmula NiS. Pertence ao grupo dos sulfuros e cristaliza no sistema romboédrico. É de cor amarela e ten brillo metálico. Ten unha dureza de 3-3,5 e unha densidade de 5,5. Presenta cristais alongados agrupados en feixes e a súa característica máis destacada é a fibrosidade.
-
-
Relativo ou pertencente á minoría.
-
Que está en minoría numérica.
-
Aplícase aos portadores (electróns ou buracos), que nun semicondutor, existen en número inferior á metade do total de portadores.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos muzafaritas.
-
Membro da dinastía que gobernou Persia desde a caída dos mongois ata a conquista timúrida (1313-1393).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mineral moi semellante á caolinita, coa mesma composición química e estrutura similar, pero que presenta diferentes dimensións da malla elemental do retículo cristalino.
-
-
Relativo ou pertencente á dinastía nasarita.
-
Membro da dinastía musulmá que reinou entre 1231 e 1492 no Reino de Granada. Despois da desfeita almohade en Las Navas de Tolosa (1212), Muḥammad ibn Yūsuf ibn Naṣr conseguiu, mediante a vasalaxe de Fernando III o Santo, crear un estado musulmán en Granada, Málaga e Almería. Os intentos dos golpes de estado marcaron o goberno da familia e diversos membros dela morreron asasinados. Posteriormente iniciouse unha época de atonía política (1344-1396) e dun gran desenvolvemento económico e cultural. A unidade conseguida polos Reis Católicos e a guerra civil xurdida entre os derradeiros representantes da dinastía, Abu-ḷ-Ḥasan’ Alī de Granada e Muḥammad XI de Granada, provocou a entrada dos cristiáns na capital en 1492.
-
Arte que se desenvolveu no Reino de Granada durante o reinado da dinastía nasarita (ss XIV-XV). Caracterizouse polo total predominio da decoración. Na arquitectura, distinguiuse pola lixeireza nos elementos sustentadores e a utilización de falsos arcos de xeso. Os teitos están decorados con falsas voltas de mocárabes, co que conseguían unha perfecta unión coa natureza. Foi tamén un gran momento para a cerámica, os tecidos de seda, os coiros traballados e a ourivaría en traballo de filigrana. Destacan a Alhambra e o Generalife.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
natrón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agregado de actinolita, de fórmula Ca2(Mg,Fe)5(OH)2 (Si4O11)2, que cristaliza no sistema monoclínico. De coloración moi variable, foi empregado durante a prehistoria para fabricar armas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
axón.
-
-
Relativo ou pertencente aos nizaritas.
-
Membro dunha seita islámica, que é unha rama do ismailismo, e que xurdiu tras a sucesión do califa fatimita al-Mustanṣir, que ao morrer en 1094, foi suplantado polo seu fillo Nizār, de quen deriva o nome dos seus seguidores. Acadaron o poder político ata finais do s XIII. O seu xefe espiritual recibe o título de aga khan e hai seguidores en Siria, Irán e India.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha básica similar a un gabro pero con piroxeno que cristaliza no sistema rómbico.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo obodrita.
-
Individuo do pobo obodrita
-
Antiga poboación eslava establecida entre o Elba inferior e a costa báltica de Holstein e de Mecklenburg. Cara a 1170 o duque de Saxonia Enrique XII de Baviera o León someteunos e fixo deles un pobo cristián e xermanizado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Siderito de ferro que contén un 12% de níquel. Está constituído por láminas de camacita envoltas por taenita, todo rodeando dominios de plessita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cera mineral fósil, formada por unha mestura de hidrocarburos sólidos da serie do metal e dun peso molecular elevado. Acompaña a miúdo ao petróleo.
-
-
Que se basea nun criterio de igualdade ou paridade.
-
Que está constituído por un número igual de representantes de cada unha das partes integrantes, en igualdade de condicións e dereitos.
-
-
GALICIA
Compositora. Foi cofundadora e presidenta da sociedade musical Cantar y Tañer e presidenta dos cursos internacionais universitarios Música en Compostela. Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica, a Encomienda de Alfonso X el Sabio e a insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Freixo (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 612 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Éter tetranítrico do pentaeritrol, de fórmula C(CH2ONO2)4, que é un explosivo moi potente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xulgar ou avaliar unha cousa en calidade de perito.