nizarita
nizarita
(< antropónimo Nizār (sX)
-
adx
Relativo ou pertencente aos nizaritas.
-
s
[HIST/RELIX]
Membro dunha seita islámica, que é unha rama do ismailismo, e que xurdiu tras a sucesión do califa fatimita al-Mustanṣir, que ao morrer en 1094, foi suplantado polo seu fillo Nizār, de quen deriva o nome dos seus seguidores. Acadaron o poder político ata finais do s XIII. O seu xefe espiritual recibe o título de aga khan e hai seguidores en Siria, Irán e India.