"Rodríguez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 437.

  • PERSOEIRO

    Militar. Capitán xeneral de Castela-A Mancha, axudou a E. Castelar e en 1874, coñecedor da derrota deste nas Cortes, entrou e disolveunas, co que rematou coa Primeira República Española. Foi capitán xeneral de Catalunya (1880-1881) e novamente de Castela-A Mancha (1885-1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo e profesor. Licenciado en Pedagoxía pola Universidad Complutense de Madrid (1971), exerce como profesor de didáctica na facultade de Educación de Ourense e, desde 1974, como profesor lector da UNED. Foi subdirector e director da Escola Normal de Ourense e, desde 1984, preside o movemento de renovación pedagóxica ASPGP (Associaçom Sócio-Pedagógica Galaico-Portuguesa), a Escola Internacional de Verao: “Jornadas de Ensino de Galiza e Portugal” e a Federación Galega de MRP. Membro da Associaçom Galega da Língua (AGAL), formou parte do consello de redacción das revistas culturais internacionais de lusofonía Nós e Cadernos do Povo e, desde 1985, dirixe para Galicia a revista educativa O Ensino. Especialista da obra de Rabindranath Tagore, publicou numerosos artigos sobre as súas ideas educativas, as súas institucións pedagóxicas e a súa relación co mundo latino, tanto en revistas da India como españolas, galegas e portuguesas. Publicou o libro A festa popular dos maios na escola (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e economista. Presidente da World Fishing Exhibition en Vigo (1991, 1997 e 2003), foi conselleiro xeral do consello de administración de Caixa Galicia, conselleiro delegado de Pescanova en Vigo e conselleiro de Pescafina SA. Fundador e presidente de Iber Comercio e Industrias SA (IBERCISA), presidiu Eiranova Fisheries Ltd en Irlanda e foi vicepresidente de Pescafresca en Vigo e de Pescamar en Moçambique. Recibiu o Premio Ciudad de Vigo de Economía (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Dedicouse ao ensino das ciencias físico-naturais aplicadas á agricultura e á industria e foi deputado antes e despois da revolución de 1868, ademais de ministro do Tribunal de Contas de Filipinas. Publicou, entre outras obras, Memoria descriptiva de la colonia española de Fernando Poo y sus dependencias (1854).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Dereito, traballou no campo da crítica literaria e histórica e foi redactor de Gaceta de Madrid. Das súas obras destacan Estudios de Cronología universal (1863), Una página de Cronología técnica. De los calendarios en la Edad Antigua (1863), Disertación sobre la Crónica de Pharos (1864) e Era de España. Apuntes de Cronología española (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político venezolano. Desde 1938 militou no Partido Democrático Nacional (PDN), que deu orixe a Acción Democrática en 1941. Foi presidente da República de Venezuela (1974-1979 e 1989-1993), nacionalizou a industria do petróleo e restableceu as relacións diplomáticas con Cuba. En 1996 foi procesado por un delito de malversacións e corrupción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, empresario e presidente do Real Madrid. É enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidad Politécnica de Madrid, na que impartiu clase como profesor de Fundamentos físicos das técnicas. En 1979 comeza carreira política afiliándose a UCD e obtendo diversos postos no concello de Madrid e no Ministerio de Turismo, Transporte e Comunicacións. En 1993 é nomeado presidente de OCP Construcciones SA. No ano 1994 presentouse por primeira vez ás eleccións á Presidencia do Real Madrid, aínda que non o conseguiu ata xullo de 2000, cando derrotou Lorenzo Sanz e foi reelixido en 2004. Os seus obxectivos nesta etapa foron mellorar as instalacións do Santiago Bernabeu e aumentar os ingresos procedentes do estadio, converter ao Real Madrid nun dos clubes mais ricos do mundo e fichar estrelas como Figo, Zidane, Beckham, ou Ronaldo. Nesta época o equipo gañou as ligas do 2001 e 2003 e a Copa de Europa do 2002, entre outras. En febreiro do 2006 Pérez dimitiu do Real Madrid, que non gañaba...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello das Pontes de García Rodríguez, onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Eume, situado no NO da Comunidade Autónoma de Galicia e no N da provincia da Coruña. A súa posición xeográfica é 3° 27’ de latitude N e 7° 51’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Mañón e Ortigueira (comarca de Ortegal), ao L con Muras e Xermade (comarca de Terra Chá), ao S con Xermade (comarca de Terra Chá) e Monfero (comarca do Eume), e ao O coa Capela (comarca do Eume) e San Sadurniño e As Somozas (os dous da comarca de Ferrol). Abrangue unha superficie de 249,4 km2, en que acolle unha poboación de 11.531 h (2007), distribuída nas parroquias do Aparral, Bermui, O Deveso, Espiñaredo, A Faeira, O Freixo, Goente, As Pontes de García Rodríguez, Ribadeume, San Pedro de Eume, Seoane, Somede e Vilavella. A capital está na vila das Pontes de García Rodríguez, localizada a 121 km de Santiago de Compostela e a 76 km da Coruña. Está adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Ferrol.
    Xeografía física
    O relevo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Chamoselo en Vilavella (As Pontes de García Rodríguez). Coñecida como a ponte romana, construíuse no s XIII e ten un só van de xisto. Sitúase no antigo camiño a Viveiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada nas Pontes de García Rodríguez. Datada entre os ss XVI-XVIII, ten planta rectangular e tres naves cunha sancristía engadida no lado sur. As capelas laterais cóbrense con bóveda de cruzaría e a central cunha bóveda estrelada. A fachada ten unha porta arquitrabada con ventás rectangulares e circulares, e está enmarcada baixo un frontón partido coa imaxe da Virxe. Destaca a torre-campanario (1759) formada por dous corpos e rematada nunha cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e escritor. Rematou a súa formación no Seminario compostelán en 1916 e, despois de exercer en varias parroquias, a partir de 1940 estivo ligado á de Santa María do Sar, en Santiago de Compostela. Escribiu Paisaxes (1925), cunha temática e un estilo propios do costumismo e intimismo do s XIX. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Centrou o seu estudo no Franquismo e na represión en Galicia.
    Publicou Represión económica e depuración administrativa. Ourense 1936-1942 (2003), Metodoloxía e fontes para o estudo da represión franquista en Galicia (2003), Ourense 1936-1937. Alzamento, guerra e represión (2004) e, con Jesús de Juana, Historia de Galicia (1996) e Historia do mundo contemporáneo 1870-1945 (2002). Violencia política, protesta social e orde pública no Ourense republicano, 2007, La España masacrada, 2010 e No solo represión, 2015.
    En 2003 recibiu o I Premio de Investigación Histórica de Galicia Antonio Fraguas con “Ensaio histórico sobre a violencia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e autor teatral. Coñecido como Xavier Prado Lameiro, traballou no ámbito gandeiro, o que lle permitiu aprender o léxico e os costumes dos labregos galegos. Autor dos poemarios A carón do lume (1918) e Cóxegas e moxetes (1928), en que se reflicte a vida rural galega, destacan sobre todo os volumes de pezas teatrais Monifates (1928) e Farsadas (1928). Escritas en galego e castelán e dotadas dunha linguaxe clara e directa, posúe trazos dialectais propios da provincia de Ourense. Reiniciou a publicación de O Tío Marcos da Portela (1917), que cesou ao ano seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Emigrou a Cuba e ao seu regreso estudou maxisterio e exerceu como mestre en varias parroquias de Ourense. Especializouse no estudo da lingua, a historia, o folclore e os costumes de diversas comarcas ourensás, que plasmou en distintos traballos, como “Astrología y meteorología popular (La Gudiña)” (1957-1958) e “Notas encol da fala vianesa” (1973), incluído no Boletín Auriense. Ademais, publicou Contos vianeses (1958), que dividiu en relatos de encantamentos, relixiosos, de burlas, de animais e variados, e Contos pra nenos (1968), en que recolle relatos infantís de tradición oral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustradora, filla de Antonio Quesada Porto. Coñecida como Maife Quesada, foi unha das pioneiras na ilustración de libros infantís e xuvenís en lingua galega. Ilustrou, entre outros, os libros O día que choveu de noite (1985) de H. Villar Janeiro, O bosque animado (1987) de W. Fernández Flórez, A chave dos soños (1988) de A. García Tenreiro, Contos máxicos (1995) de X. A. Perozo, Cantarolas (1995), de A. Miranda e X. Neira Vilas, O colar do rei (1996) de O. Cordukes, As cinco amigas (2000) de M. Olavide, Cuentos de Maricastaña (2000), e A fada do abano verde (2004), de T. Núñez. Seleccionada como unha das mellores ilustradoras españolas na Bienal Internacional de Ilustración de Bratislava (1992, 1994, 1996) e integrante da Lista de Honor do III Premio Nacional CCEI de Ilustración (1992), recibiu o Premio Nacional de Pintura Infantil (1961), o Premio Arte Xoven de Galicia (1983, 1984) e o Premio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño e enxeñeiro. Profesor na Escuela de Submarinos, acadou o grao de capitán de fragata en 1935. Ao estoupar a Guerra Civil foi xefe de Estado Maior da frota e segundo xefe de Estado Maior do cuartel xeral de Franco. Ascendeu a contraalmirante en 1943 e foi ministro de Mariña (1945-1951) e, posteriormente, comandante xeral da frota. Recibiu a Cruz de Carlos III e a Cruz del Mérito Naval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro de montes e escritor. Formado na Escola Superior de Enxeñeiros de Montes da Universidad Politécnica de Madrid, desenvolveu unha intensa actividade cultural e de compromiso con Galicia, e coa defensa do medio natural. Presidente do Seminario de Estudos Celanovenses, secretario do Grupo Histórico-Arqueolóxico Larouco, secretario da Asociación de Amigos do Couto Mixto e membro fundador da Fundación Curros Enríquez e da Asociación Álvaro das Casas, é xuíz honorario do Couto Mixto (2004). Responsable da posta en marcha do servizo de medio natural de Ourense e xefe do servizo galego de espazos naturais, foi membro do Comité Nacional de Flora y Fauna do ministerio de Medio Ambiente e de EUROPARC, e director-conservador do Parque Natural do Invernadoiro e do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, do que foi promotor e polo que recibiu un recoñecemento internacional. Ademais, coordinou e redactou a Estratexia Galega de Conservación e Uso Sostible da Biodiversidade. Como escritor ten...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro de montes. Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, os seus estudos centráronse en botánica forestal, sistemas silvopastorais, plantas medicinais e micoloxía. Escribiu Trabajo botánico sobre las Islas Cies (1977) e foi coautor de Guía das árbores e bosques de Galicia (1992), Guía de plantas medicinais de Galicia (1996), Ecología y manejo de praderas (1999) e Establecemento de sistemas silvopastorais (2001). Recibiu o Premio de Investigación en Ciencias Forestais da Deputación de Pontevedra (1984). Pertence á Real Academia Galega de Ciencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e muralista mexicano. Coñecido como Diego Rivera, residiu en Europa onde se interesou pola arte de vangarda. Identificado cos ideais revolucionarios da súa patria, volveu a México en 1922 onde, con D. A. Siqueiros, estudou a arte antiga dos maias e dos aztecas. A través dos frescos monumentais exaltou a súa historia mexicana desde os precolombinos ata a Revolución Mexicana cun realismo vigoroso e popular de cores vivas. Destacan os murais da Escuela Nacional Preparatoria (1922) e a Secretaria de Educación Pública (1923-1928 en México, da Escuela de Agricultura de Chapingo (1927), do Institute of Arts de Detroit (1932) e o do Rockefeller Center de Nova York (1933). Traballou tamén nos murais do Palacio de Bellas Artes e no Palacio Nacional de México. Cultivou tamén a pintura de cabalete. Casou con F. Khalo. Publicou con A. Breton Manifeste pour l’Art Révolutionnaire (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO