"Roi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 288.
-
PERSOEIRO
Xornalista e militar francés. En València asociouse con Pascual Marín para fundar en 1790 o Diario de Valencia, do que foi director. Fundou en Sevilla o Diario Histórico y Político de Sevilla (1792-1793) e, en Cádiz, El correo del Postillón (1794) e Diario Mercantil de Cádiz (1802).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e escritor francés. Ao servizo do duque de Orléans, pertenceu ao Club dos Xacobinos. Libretista de ópera, é autor de poemas galantes, do proxecto de tratado De l’éducation des femmes, e de Les liaisons dangereuses (1782), novela epistolar na que, con cinismo aparente, critica a conduta da nobreza rica, perversa e ociosa de finais do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mineraloxista francés. Estudiou as causas e os efectos da erupción do monte Pelé, así como as erupcións do Vesubio. Escribiu, entre outras obras, Minéralogie de la France et de ses colonies (1839-1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do río Parga, que nace e desemboca no concello de Guitiriz.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de roubar algo doutra persoa.
-
Feito de facer pagar máis do que corresponde legalmente ou do que é xusto.
-
Hábito de roubar.
-
-
PERSOEIRO
Político chileno. Doutorado en Economía pola Duke University, EE UU (1966), e profesor de economía na Universidad de Chile (1957-1972), tralo golpe de estado de 1973 exiliouse e traballou no programa de estudios de Posgrao en Ciencias Sociais da UNESCO (1975-1978). Volveu a Chile en 1978 como responsable do Programa Rexional de Emprego da ONU. Presidiu a Alianza Democrática (1983-1984) e o Comité de Izquierda por Elecciones Libres (1987). Entre 1990 e 1992 foi ministro de Educación no goberno de P. Aylwin Azócar e, posteriormente, de Obras Públicas no de Eduardo Frei. En 1998 renunciou ao cargo e dedicouse á candidatura presidencial. O 16 de xaneiro de 2000 foi elixido presidente de Chile para o período 2000-2006 pola Concertación.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos lemuroideos.
-
Mamífero do grupo dos lemuroideos.
-
Grupo de prosimios, da orde dos primates, de pequeno ou medio tamaño, que acadan ata 90 cm de lonxitude e teñen o fociño longo. Son insectívoros, carnívoros e fruxívoros e de costumes nocturnos e arborícolas. Habitan nos bosques de Madagascar. Sen categoría taxonómica, inclúe as familias dos lemúridos e os índridos.
-
-
PERSOEIRO
Etnólogo e prehistoriador. Subdirector do Musée de l’Homme (1945), foi profesor na Universidade de Lyon desde 1956 e, posteriormente, foi nomeado profesor no College de France e membro do Institute de France. Estudiou os procesos seguidos para o desenvolvemento das técnicas humanas. Da súa produción destacan La Civilisation du renne (1936), Hommes de la préhistoire (1955), Le geste et la parole (1964-1965), La préhistoire (1966), Le fil du temps (1982) e Mécanique vivante (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado situado en Connacht, Irlanda (1.526 km2; 25.057 h [1996]). A capital é Cara Droma Rúisc (2.037 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fracción que se obtén da destilación do petróleo, formada sobre todo por heptanos e octanos. OBS: Tamén se denomina nafta de petróleo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘capador’.
-
GALICIA
Profesor e escritor. Doutor en Filosofía e Teoloxía na Univesidade gregoriana de Roma e en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid, estudiou no Seminario Conciliar de Lugo e ordenouse sacerdote en 1925. Da súa obra destacan Las oraciones gramaticales en los clásicos latinos (1928), Q. Tulii Ciceronis. Comentariolum Petitiones (1951) e Brevísima sinopsis de Prosodia y Métrica épica (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Da súa produción destacan 14 poemas (1976), Despacios (1980), Teaza de brétema (1994) e Por un presa de machacantes (1996). Gañador dun accésit no certame de narracións breves Modesto R. Figueiredo nos anos 1988 e 1991, conseguiu o primeiro premio en 1992 co relato “A Pin-Up de Beatiful Street”. Ademais gañou o IX Premio Eusebio Lorenzo Baleirón de poesía coa obra Dende unha nada núa (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lugo. De estilo barroco, foi capela do antigo hospital de San Xoán de Deus. Tralo incendio do hospital en 1878, converteuse en igrexa parroquial baixo a advocación do patrón da cidade en 1893. Construíuse a finais do s XVII, e ten unha soa nave. No retablo maior destaca a imaxe de san Froilán; na fachada, a portada arquitrabada, a fornela coa imaxe de san Bertomeu e o ático coa imaxe de san Rafael. Nos extremos atópanse dúas torres xemelgas formadas polo corpo das campás e rematadas con cúpulas e bólas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Secuencia de instrucións que pode ser definida polo usuario e executada cunha única orde.
-
-
Planta herbácea perenne, de 30 a 80 cm de altura, laúda e abrancazada, que presenta follas orbiculares crenadas e flores de cor branca dispostas en verticilos nas axilas das follas superiores. OBS: Tamén se denomina herba dos lombos.
-
Planta herbácea perenne, de 20 a 100 cm de altura, máis ou menos pilosa, que presenta follas oblongas incisas e de flores abrancazadas con manchas purpúreas, reunidas en verticilos. Atópase en lugares moi húmedos.
-
Planta herbácea perenne, de 40 a 100 cm de altura, pilosa, de olor fétido, con follas ovais crenadas e con flores comunmente purpúreas, dispostas en verticilos.
-
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico italiano. Triunfou co seu marcado estilo sofisticado e a súa aparencia triste. Protagonizou I soliti ignoti (1958), La dolce vita (1960), Divorzio all’italiana (1962) e Ginger e Fred (1985). As súas derradeiras contribucións foron en Prêt-a-porter (1994), Sostiene Pereira (1996) e Viagem ao principio do mundo (1997). Foi premiado no Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián por Casanova ‘70 (1965) e no Festival Internacional de Cine de Cannes por Dramma della gelosia-tutti i particolari in cronaca (1970) e Oci ciorne (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estrutura alxébrica que consiste nun conxunto E e nun conxunto S de partes non baleiras de E que satisfán que todo singletón de E pertence a S. Se X Symbol >∈ S, entón toda parte Y non baleira de E incluída en X pertence tamén a S; e, para toda parte A de E, se X e Y son dous elementos de S contidos en A e maximais, entón card X = card Y.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Coñecido como Émile Herzog, as súas experiencias na Primeira Guerra Mundial reflectíronse en Les silences du colonel Bramble (1918). Cultivou un estilo elegante e convencional e publicou as obras Bernard Quesnay (1926), Climats (1928) e Le cercle de famille (1932).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente a Meroe ou ao Reino de Kuš, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Meroe ou do Reino de Kuš.
-
-
Segundo período do Reino de Kuš iniciado en 300? a C co traslado da capital de Napata a Meroe, e que finalizou en 350 ao ser conquistada por Ezana de Axum. No plano cultural, este período significou a afirmación da personalidade cuxita e a preponderancia dos elementos africanos sobre os exipcios, os gregos e os romanos. No plano político, durante este período controlouse case sempre o territorio comprendido entre a sexta catarata do Nilo e o Dodecasqueno, e mantivéronse boas relacións cos Ptolemaicos (323-330 a C) e cos romanos (30 a C- 395), menos cando foron atacados ou atacaron: submisión do Dodecasqueno por Arkamon ou Ergámenes (218-200 a C), por Adikhalamani (200?-186 a C) e pola Raíña Amanirenas (25? a C) que provocou a guerra cos romanos (25-21 a C), e que acabou coa derrota dos cuxitas.
-
Lingua que se falou e escribiu no Reino de Kuš (750?-350 a C), aínda que só apareceu documentada nos cinco últimos séculos. A súa adscrición a unha familia lingüística resultou imposible. O material obxecto de estudo son 800 inscricións (textos reais gravados, óstraka e graffiti e, sobre todo, textos funerarios en táboas de ofrendas e estelas), que datan aproximadamente de 170 a C (o primeiro documento en meroítico xeroglífico data da época da Raíña Shanakdaknete 170?-160 a C) ata 400. Este material apareceu anotado nun alfabeto de 23 signos que adoptou dúas formas: o meroítico xeroglífico (170?- 100? a C), composto de xeroglíficos exipcios e empregado nos monumentos, e o meroítico cursivo (s II a C - 400), utilizado noutra categoría de material e que deriva do demótico exipcio.
-