"Rus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 386.

  • PERSOEIRO

    Emperador alemán e rei de Prusia (1888), fillo de Guillerme I. Opúxose a Bismarck, pero distinguiuse na Guerra Franco-Prusiana (1870-1871). En 1888 foi coroado emperador pero morreu ao cabo de tres meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Navalla de pequeno tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Punta de ferro que ten un obxecto nun extremo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • irus que utiliza como hospedeiro unha célula de alga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar ruso (1584-1598), fillo do Tsar Iván o Terrible e de Anastasia Romanovna. Durante o seu reinado, a Igrexa ortodoxa rusa liberouse da xurisdición da Igrexa ortodoxa grega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsar de Rusia (1676-1682). Educado no humanismo, durante o seu reinado produciuse a entrada na corte moscovita das correntes culturais occidentais e a abolición dun gran número de regulamentos que fixaban os nomeamentos ao servizo do Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito armado entre Francia e Prusia que durou desde xullo de 1870 ata maio de 1871. A rivalidade entre os dous estados foi agravada pola temeraria diplomacia francesa e o imperialismo de Bismark. O 19 de xullo de 1870 Francia declarou a guerra. En agosto, o exército prusiano, ao mando de Moltke, derrotou a Napoleón III en Froeschwiller e cercouno en Estrasburgo e Metz. O 1 de setembro o exército francés capitulou trala Batalla de Sedan. O 10 de maio de 1871 o goberno de Thiers asinou a Paz de Frankfurt, pola que Francia perdeu Alsacia e Lorena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Montes de Vojvodina, ao N de Serbia, Iugoslavia. Esténdense de O a L pola marxe dereita do Danubio. Destacan os xacementos de carbón de Vrdnik, Cerevic e Beočin.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de frustrar ou frustrarse.

    2. Estado de quen queda privado dunha satisfacción que cre que lle corresponde e séntese defraudado nas súas esperanzas. A frustración pode deberse á falta dun obxecto ou ben ao encontro dun obstáculo inesperado no camiño da satisfacción dos desexos. As dificultades proveñen do ambiente ou do individuo. O obstáculo é subxectivo, e unha mesma situación pode ser vista como favorable por unha persoa e como frustrante por outra. As reaccións á frustración son variadas e dependen do axente frustrado, da súa personalidade e da súa natureza.

    3. Execución de todos os actos necesarios para producir un delito e, non obstante, non o producen por causas alleas á vontade do autor. É un estado intermedio entre a tentativa e a consumación, máis grave có primeiro e menos ca o segundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non produce o resultado esperado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que frustra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo non se realice.

    2. Deixar a alguén sen unha satisfación que esperaba.

    3. Deixar sen efecto un propósito delitivo.

    4. Non ter algo o resultado esperado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membrana péctica silicificada, as máis das veces finamente perforada e ornamentada, dividida en dúas metades ou tecas, que recobren as células das diatomeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos proceláridos, ao que pertencen as pardelas glaciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. Bispo de Ruspe (507) foi desterrado por Trasimundo, rei dos vándalos, pero volveu do exilio no 523. Escribiu numerosas obras, entre as que destacan, Contra Arianos e Ad Thrasamundum regem, contra os arrianos. A súa festividade celébrase o 1 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CANTÓNS

    Cantón do NL de Suíza que se estende pola vertente setentrional dos Alpes do mesmo nome (685 km2; 38.708 h [2000]). A capital é Glarona (5.600 h [1994]). É unha rexión montañosa que comprende a conca do río Linth e os seus afluentes, ata o lago de Wallensee. O relevo está formado por unha sucesión de cadeas calcarias que separan o val do Linth e o do alto Rin. A poboación, de lingua alemana, é escasa e mantense practicamente estancada, a causa do illamento das rutas comerciais do país. A economía baséase na cría de gando bovino e nunha industria téxtil de longa tradición. É importante a produción de enerxía hidroeléctrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos grúidos, ao que pertencen as grúas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xerusalén (1185-1192) e de Chipre (1192-1194). Á morte do Rei Balduíno V de Xerusalén, foi recoñecido rei polo seu casamento con Sibila. Tras ser vencido por Saladino na Batalla de Hattin (5.7.1187), perdeu o seu reino e foi feito prisioneiro. En 1192 recibiu de Ricardo I Corazón de León o Reino de Chipre, onde estableceu unha dinastía que durou ata finais do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Prusia (1861-1888) e emperador de Alemaña (1871-1888), segundo fillo de Federico Guillerme III. En 1858 accedeu ao trono, tras ser declarado mentalmente incapacitado o seu irmán Federico Guillerme IV. En 1862 nomeou primeiro ministro a O. von Bismarck e coa axuda deste conseguiu que o Parlamento votase a reforma do exército. Ambos deseñaron un plan destinado á unificación de todos os estados alemáns baixo o liderado de Prusia, que os levou a iniciar a Guerra dos Ducados contra Dinamarca (1864) e a Guerra Austro-prusiana (1866). Trala derrota de Austria foi declarado presidente da Confederación de Alemaña do Norte (1867) e, tralo triunfo na Guerra Franco-prusiana (1870), foi coroado en Versailles emperador alemán. Non estivo sempre de acordo coa política do seu primeiro ministro Bismarck, sobre todo no referente á kulturkampf.

    VER O DETALLE DO TERMO