"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • Agustina Bessa Luís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tixolo que utilizaban os romanos, na época do Alto Imperio, para o revestimento dos muros. Medía 22 x 22 cm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal, teólogo e humanista bizantino. Arcebispo de Nicea (1437), asistiu ao Concilio de Ferrara-Florencia e asinou a acta de unión coa Igrexa de Roma (1439). Promoveu a cruzada contra os turcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello de precisión construído por F. W. Bessel para a medida de bases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Nome dado á ecuación diferencial x2y”+xy’+(x2-v2)y=0, onde v é un número complexo calquera. Resulta de expresar a ecuación de Laplace, Ñ2φ(x,y,z)=0 en coordenadas cilíndricas cando é posible aplicar a función φ ao método de separación de variables: φ(x,y,z)=X(x)Y(y)Z(z). Unha solución particular da ecuación de Bessel é a función de Bessel de primeira clase , de orde v:

    FORMULA

    onde Γ é a función gamma. J-v (x) é tamén solución particular. Defínense as f uncións de Bessel de segunda clase ou funcións de Neumann, de orde v, da maneira seguinte: se v non é enteiro, entón:

    FORMULA2

    Para todo v, Yn é solución da ecuación de Bessel. Denomínanse funcións de Bessel de terceira...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo alemán. Foi fundador (1813) e primeiro director vitalicio do observatorio de Königsberg. No 1804 calculou a órbita do cometa de Halley. Introduciu no 1817 as funcións de Bessel, para resolver o problema dos tres corpos e estableceu a posición exacta dunhas 50.000 estrelas. Suxeriu o carácter binario de Sirius e Proción. No 1841 deduciu o valor 1/299 para o achatamento da Terra. No 1840 suxeriu a existencia dun planeta máis alá de Uranio, que foi denominado Neptuno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Solucións da ecuación de Bessel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmulas de resolución de triángulos esféricos empregadas en astronomía de posición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Expresións que se satisfán para todo elemento x dun espazo pre-hilbertiano, no que x1,..., xnson un conxunto de vectores ortonormais. A igualdade de Bessel é a expresión:

    FORMULA

    onde (x/xk)indica o produto escalar de x e xk, e WxW indica a norma do vector x. Dedúcese a desigualdade de Bessel:

    FORMULA2

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método operativo na medida de ángulos cun azimutal de lentes invertible co que se eliminan os erros sistemáticos. Constitúe, tamén, un resumo do método das observacións conxugadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Musicólogo alemán. Foi profesor na Universidade de Jena (1948-1957) e na de Leipzig. Especialista en música medieval, editou as obras completas de Guillaume Dufay e é autor de Die Musik des Mittelaters und der Reinaissance (A música da Idade Media e do Renacemento, 1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro metalúrxico inglés. Ideou numerosas innovacións no tratamento dos metais, entre eles un novo proxectil. No 1855 descubriu un procedemento para a obtención do aceiro a partir da fundición coñecido como procedemento de Bessemer. Escribiu The manufacture of malleable iron and steelfroith out fuel (A manufactura do ferro maleable e o aceiro sen enerxía, 1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de fabricación do aceiro pola oxidación do ferro fundido, nun convertedor (chamado Bessemer ou de Bessemer), mediante unha corrente de aire. O convertedor ten forma de bota cuns orificios na parte inferior polos que se inxecta o aire a presión que, ao pasar a través da fundición, permite a combustión das impurezas, que son eliminadas en forma de gases ou de escoura. Moi empregado durante o s XIX, cedeu despois importancia ao procedemento de Siemens-Martin, dando lugar ao procedemento LD.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor húngaro. É autor de dous dramas importantes do proceso histórico das letras húngaras: Ágis tragédiája (A traxedia de Agis, 1772) e A filozófus (O filósofo, 1777). Os ideais da Ilustración, que deixaron pegada en toda a súa obra, impóñenese dun xeito moi especial na súa novela Tarimenes utazása (A viaxe de Tarímenes, 1804).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e compositor. Cun repertorio moi extenso (dende o Barroco ata os autores contemporáneos), actuou por toda Europa. Como compositor destaca a súa obra para piano Seguit (Serie, 1972) e o Concerto para piano e orquestra. Exerceu tamén como director de orquestra e recibiu o primeiro premio de dirección en Anveres no ano 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aventureiro francés, posiblemente orixinario do Rossellón. Entrou na Península Ibérica cos exércitos de Napoleón e serviu de espía a favor dos rebeldes. Permaneceu en Barcelona, onde no 1821 organizou un complot republicano. Posteriormente, pasou a defender a Fernando VII e converteuse en caudillo absolutista. Unha sinalada vitoria en Guadalajara valeulle o ascenso a xeneral. No 1825 organizou unha revolta ultrarrealista en Brihuega (Castela) e, despois de ser feito prisioneiro, foi fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Istria. Mariscal francés. Loitou con Napoleón nas campañas de Exipto, España e Rusia. Morreu. Morreu sendo comandante en xefe da cabalería francesa mentres inspeccionaba o desfiladeiro de Rippach antes da batalla de Lützen

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de escena suízo, nacionalizado en Alemaña. Traballou no Berliner Ensemble (1948-1958). Tivo un grande éxito a súa montaxe de Der gute Mensch von Sezuan (A boa persoa de Sezuan), baseada na obra de Brecht. Co Deutsches Theater de Berlín dirixiu obras de autores clásicos. No 1974 recibiu o Premio do Estado da RDA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que posuíu ata o 1992 a Rossiskaia Gosudarstvennaja Biblioteka.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello das Illes Balears, no N da illa de Mallorca, na zona de contacto entre a chaira central e os contrafortes da serra da Tramuntana (4.885 h [1996]). Ten importantes extensións de cultivos de secaño (amendoeiras, cerais, viña e oliveiras), canteiras de calizas e industria vitivinícola. Foi fundada no ano 1300 por Xaime II de Mallorca.

    VER O DETALLE DO TERMO