"Set" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 192.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome co que se coñece o pintor que traballou nas igrexas de Santa María de Seteventos e Santa María de Marrube, ambas as dúas no Saviñao.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sarria. Construída en estilo románico (s XII), ten nave rectangular e ábsida dividida nun tramo recto e outro semicircular, cuberto con bóveda de canón e de cuarto de esfera, respectivamente. A ábsida está decorada con pinturas murais coa representación do Xuízo Final. Destaca a figura de Xesús rodeado de anxos trompeteiros e a de san Pedro cunha chave nas mans ao tempo que abre as portas do ceo. A porta principal está formada por unha soa arquivolta.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Saviñao. Construída en estilo románico a finais do s XII ou comezos do s XIII, ten nave e ábsida de planta rectangular. No interior destacan as pinturas do arco triunfal e do muro que o rodean, atribuídas ao chamado mestre de Seteventos. Están presididas pola figura do Pantocrátor rodeado dos benaventurados e dos condenados. No extradorso do arco triunfal represéntase a Anunciación. Os ocos decóranse con formas vexetais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deus exipcio de Ombos e señor de todo o Alto Exipto en época predinástica, oposto a Horus. Primitivo deus da tempestade, a partir da dinastía XXI foi considerado xenio do mal e inimigo dos deuses, o que fixo que os gregos o identificasen con Tifón. Representábase como un animal fabuloso ou como un home con cabeza de asno.
-
PERSOEIRO
Faraón da dinastía XIX (1318-1304 a C), fillo de Ramsés I. Recuperou as posesións exipcias de Palestina perdidas durante o período de Al-Amārna. Someteu Palestina e Fenicia. Baixo o seu mandato construíuse parte da sala hipóstila de Karnak, o templo funerario de Šaik ‘Abd al-Kurna, a tumba no Val dos Reis, o gran templo de Abidos e o seu cenotafio na mesma cidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Programa da NASA destinado a detectar hipotéticas civilizacións extraterrestres intelixentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Stif.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de seda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intervalo de seis graos da escala diatónica. Pode estar formada por cinco tons e un semitón (sétima maior), por catro tons e dous semitóns (sétima menor), ou por tres tons e tres semitóns (sétima diminuída). En harmonía tradicional considérase unha disonancia.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (193-211). Africano de orixe e dunha familia pertencente á orde ecuestre, recibiu (191) o goberno da provincia danubiana da Pannonia Superior. Proclamado emperador polas súas lexións despois do asasinato de Cómodo, marchou sobre Roma. Casado con Xulia Domna, filla dun sacerdote romanizado de Emesa, favoreceu a formulación do nexo milicia-provincia e recoñeceu xuridicamente diversas atribucións dos lexionarios. Mentres que a emperatriz centraba o movemento intelectual e relixioso, loitou contra os partos. Ao seu regreso a Roma, a situación económica e social empeorara ata o punto de que moitas bandas de escravos e de desertores devastaban Italia e as provincias. A súa morte, mentres dirixía unha campaña contra os rebeldes, testemuñou a lenta pero progresiva disolución do tecido conectivo do estado imperial.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ocupa o lugar número sete nunha serie.
-
Cada unha das sete partes iguais en que se divide un todo.
-
-
CIDADES
Cidade do ken de Aichi, na illa de Honshū, Xapón, situada ao N da montaña Sanage-Yama (128.961 h [estim 1994]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mar interior de Xapón, situado entre as illas de Honshū, Shikoku e Kyūshū. Comunícase co Pacífico polos estreitos de Kii e de Bungo, e co mar de Xapón polo de Shimonoseki.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Marrocos (9.750 km2; 847.000 h [estim 1994]). A súa capital é Settat (96.217 h [1994]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Raza de cans de caza, de mostra, británicos, que se caracterizan polo seu aspecto atlético e o seu pelo longo e sedoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei aprobada polo parlamento inglés (1701) que regulaba a sucesión á coroa. Estableceuse que o soberano estivese vinculado á Igrexa Anglicana e aprobouse a sucesión da dinastía Hannover tras a morte da Raíña Ana I, da dinastía Stuart (1714).
-
CAPITAIS
Capital do distrito de Setúbal, Portugal (91.108 h [2001]). Porto de pesca e comercial situado ao fondo da baía de Setúbal na desembocadura do Sado; ten construcións navais. Dominada polos lusitanos, no s II a C foi conquistada polos romanos, expulsados polos suevos (409). Ocupada polos árabes no s VIII, en 1237 foi reconquistada pola orde de Santiago. En 1357 converteuse en corrixidoría e en 1580 foi tomada polos casteláns En 1640 Xoán IV proclamouse alí rei de Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Portugal (5.163 km2; 788.459 h [2001]). A súa capital é Setúbal.
VER O DETALLE DO TERMO