Seth

Seth
[RELIX]

Deus exipcio de Ombos e señor de todo o Alto Exipto en época predinástica, oposto a Horus. Primitivo deus da tempestade, a partir da dinastía XXI foi considerado xenio do mal e inimigo dos deuses, o que fixo que os gregos o identificasen con Tifón. Representábase como un animal fabuloso ou como un home con cabeza de asno.