"Soči" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 360.

  • Organización integrada por 47 federacións e confederacións provinciais ou autonómicas, compostas por 12.000 asociacións de pais de alumnos, que operan nos centros públicos de ensino e algunhas no sector privado. Está representada no Consejo Escolar del Estado. En Galicia integra un número considerable de asociacións agrupadas, á súa vez en varias federacións provinciais e comarcais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuntanza convocada polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE) na primavera de 1974 co obxectivo de establecer un foro de diálogo e colaboración entre todos os partidos de carácter socialista que xurdiron en España trala Guerra Civil. O proxecto contou co apoio da Internacional Socialista. Accederon a participar o Partido Socialista Galego (PSG), o Moviment Socialista de Catalunya, o Partit Socialista del País Valencià e a Unión Sindical Obrera. Tralas dúas primeiras sesións, celebradas en París en xuño de 1974 e en Münstereifel (Renania do Norte-Westfalia) en setembro dese ano, o PSOE, que era o único membro da Internacional Socialista, asumiu o compromiso de recoñecer a existencia dos outros grupos. Nas primeiras reunións debateuse a posibilidade de constituír unha federación permanente de todos os partidos socialistas españois; sen embargo, tralo XIII congreso do PSOE, celebrado en Suresnes en outono de 1974, os novos líderes do partido decidiron adoptar unha nova estratexia e abandonaron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo da ONU que se ocupa dos aspectos económicos e sociais da cooperación internacional. Ten por obxectivo elevar o nivel de vida e buscar o respecto universal dos dereitos do home e das súas liberdades fundamentais. Composto por 54 membros dende o ano 1971, actúa como órgano de coordinación entre a ONU e as axencias especializadas, relaciónase con outros órganos da ONU, participa na elección dos seus membros e colabora en diversos proxectos. Formado por varios órganos subsidiarios, inclúe entre os seus mecanismos de traballo os comités permanentes, as comisións rexionais e as comisións técnicas ou funcionais. Os comités permanentes son: Programa e Coordinación, Asentamentos Humanos, Organizacións Non Gobernamentais e Normas Internacionais de Contabilidade e Presentación de Informes. As comisións económicas e rexionais dedícanse ao fortalecemento das relacións económicas e ao estudo dos problemas económicos e tecnolóxicos de cada rexión. A Comisión Económica e Social para Asia e o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo da Comunidade Autónoma de Galicia creado pola Lei 6/1995 co obxectivo de facilitar a participación dos axentes sociais e económicos na vida política, económica, social e cultural do país e, principalmente, para ter en conta as súas opinións e propostas nos procesos de adopción de decisións do goberno autonómico. Nel están representados un gran número de organizacións profesionais, entidades e asociacións; intégrano 35 membros, incluídos o seu presidente e o secretario xeral, designados polo presidente da Xunta a proposta dos conselleiros de Economía e Facenda, e Interior e Relacións Laborais. O secretario debe ser un funcionario do grupo A. Os outros 33 membros repártense en tres grupos: os primeiros 11 desígnanos as organizacións de traballadores, segundo os resultados xerais das eleccións sindicais; outros 11 membros representan o empresariado, elixidos pola Confederación de Empresarios de Galicia; por último, outros 11 conselleiros representan a entidades e asociacións: 4 membros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade, animal ou vexetal, dominada por unha soa especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que é socia ou que pertence á mesma sociedade ou asociación ca outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Du contrat social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cooperativa fundada en Vigo en 1907 por militantes socialistas encabezados polo canteiro Xosé Araújo Pérez. O seu obxectivo era elaborar e comercializar pan a prezos accesibles á capacidade adquisitiva das clases populares. En 1910, coa intención de construír fornos propios, adquiriu uns terreos que logo serviron para edificar a Casa do Pobo da cidade olívica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Vigo no ano 1990. Editada pola Aula da Empresa Cooperativa da Escola Universitaria de Estudios Empresariais de Vigo, nos seus inicios estivo dirixida por Santiago Santos Castroviejo e coordinada por Constantino Gago Conde; dende 1996 a dirección compartírona Ana Rosa Lorenzo Vila, Antxon Mendizábal Etxabe e o propio Santos Castroviejo. A partir do ano 2001 dividiuse nas seccións “Doutrina”, “Xurídica”, “Tributaria”, “Movementos sociais”, “Actualidade cooperativa” e “Libros e documentos”. Contan coa colaboración de María X. Cabaleiro, Xosé A. Gómez Segade, Xulio Pardellas, Uxío Labarta, Pablo Sande, Anne Haire, Antón Vaamonde, Xulio Ríos e Francisco Sineiro, entre outros. O seu obxectivo é o debate e a promoción das sociedades autoxestionarias de Galicia, e inclúe artigos nos que se analizan diferentes aspectos do cooperativismo, como os referentes ás leis, á situación social e política, aos rexistros de cooperativas, etc, en diferentes eidos do sector industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Club de baloncesto feminino fundado en 1987 no seo do Instituto de Bacharelato do Carril (Vilagarcía de Arousa). O seu equipo, que viste uniforme de color celeste e xoga os partidos como local no pavillón de Fontecarmona, ascendeu á máxima categoría da Liga española na tempada 1996-1997, competición que disputou nas tempadas 1997-1998, 1998-1999, 1999-2000, 2000-2001 e 2001-2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en 1998 baixo a iniciativa dun grupo de persoas, convocadas pola Fundación dos Premios da Crítica Galicia, coa finalidade de recuperar a memoria histórica daquel lugar. Os seus fundadores foron Xosé González Martínez, Luís García Mañá, Bieito Ledo Cabido, Xosé Manuel Cid Fernández, Bento da Cruz, Xesús Ferro Ruibal, Xoán Fonseca Moretón, Xosé María Fonseca Moretón, Modesto Hermida García, Álvaro López Mira, Benito Montero, Antón Pulido, Xosé Benito Reza, Máximo Salinas Valencia e Carlos Varela García. A eles engadíronse Xosé Ramón García Rivero e veciños das parroquias que integraban o Couto Mixto. Presidida por Máximo Salinas Valencia, desenvolveu unha serie de actividades entre as que destacan os cursos de verán celebrados en colaboración coas universidades de Vigo e Tras-Os-Montes, en Chaves e Celanova (1999) e Xinzo de Limia (2000), e o proxecto do Museo Aberto do Couto Mixto que ten como finalidade a recuperación das construcións adxectivas do lugar e que se desenvolve...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento integrado por cristiáns (principalmente católicos), que cren compatible a súa fe coa teoría e a práctica marxistas, sen que iso signifique ningunha vinculación a un partido político determinado. Nacido en Chile, onde o movemento celebrou un congreso nacional en 1972, estendeuse logo a Arxentina, Perú, México e outros países de América Central. O movemento contribuíu á elaboración da teoloxía da liberación e finalmente, chegou a Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en castelán editada dende 1995 en Madrid pola Sociedad Española de Ciencias Forestales con sede en Lourizán (Pontevedra). Dirixida por José Alberto Pardos Carrión, presidente da sociedade, e coas colaboracións na coordinación de Ricardo Vélez Muñoz e F. Javier Silva Pando, onde se refliten, en forma de monográficos, os acordos dos distintos grupos de traballo que constitúen esta entidade, relacionados coa ordenación de montes, a economía, a hidroloxía e a política forestal, os incendios, o cambio climático e a tecnoloxía da madeira, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separar algo que estaba asociado.

    2. Separarse dunha sociedade ou compañía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade artística situada en Londres. A súa orixe está nas reunións que dende 1732 realizaban algúns mozos, pertencentes á burguesía e á nobreza, nunha taberna londinense para discutir e mostrar opinións sobre a arte antiga. Financiaron expedicións arqueolóxicas, axudaron a lord Elgin na compra dos mármores do Partenón e moitos dos seus membros doaron as súas coleccións arqueolóxicas ao British Museum. Dende a súa fundación, nomearon un pintor oficial encargado de realizar os retratos dos seus membros, o primeiro deles foi George Knapton; posteriormente, ocuparon o cargo, entre outros, sir Joshua Reynolds e sir Thomas Lawrence.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de disociable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode disociar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de disociar ou disociarse.

      1. Reacción pola que un composto químico se transforma en dúas ou máis substancias máis simples, elementais ou non, como por exemplo, a reacción do cloruro de amonio que dá cloruro de hidróxeno e amoníaco, ou a de ioduro de hidróxeno que dá hidróxeno e iodo.

      2. calor de disociación

        Enerxía que se absorbe cando un mol dunha substancia dada se disocia nos seus elementos constituíntes.

      3. disociación iónica

        Reacción de equilibrio entre unha substancia en solución e os seus ións. Segundo Arrhenius (1887), as propiedades das solucións dos electrólitos explícanse aceptando que se dá unha fracción de electrólito disociada en ións en equilibrio coa forma molecular non disociada. Así, defínese unha constante de disociación determinada a partir do grao de disociación (fracción disociada), que depende da concentración e que se pode avaliar experimentalmente. A teoría de Arrhenius unicamente é válida para solucións moi diluídas de electrólitos débiles e, ademais, ignora o papel do disolvente que participa tanto no efecto enerxético que acompaña a disolución dos ións, como no efecto dialéctrico que inflúe sobre as forzas electrostáticas entre os ións. En 1923 Debye e Hückel enunciaron a súa teoría da disociación completa dos electrólitos fortes, segundo a que se admite que estes se dan só en solución en forma iónica e que as forzas interiónicas, ignoradas por Arrhenius, fan diminuír a velocidade entre...

      4. disociación térmica

        Reacción de ruptura dos enlaces dunha molécula e liberación dos átomos constituíntes conseguida con temperaturas elevadas, cando a enerxía de axitación térmica dos gases chega a superar as enerxías de enlace.

      5. presión de disociación

        Presión do gas en equilibrio co sólido a unha temperatura determinada, cando o sólido se disocia dando lugar a un ou máis produtos gasosos.

    2. Ruptura da unidade psíquica da personalidade, perceptible mediante a observación de movementos ou expresións contrarias ao contexto intelectual ou emocional que os rodea.

    3. Procedemento que consiste nunha sucesión de conceptos ou de elementos incompatibles desde o punto de vista semántico ou lóxico nun mesmo período gramaticalmente correcto. Foi habitual na literatura surrealista, nas imaxes de tipo onírico.

    4. Aumento da cantidade de albumina no líquido cefalorraquídeo, cunha cifra normal ou moi pouco aumentada do número de células.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separar algo daquilo ao que estaba unido ou asociado.

    2. Someter a disociación.

    3. Producirse unha disociación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á disociación.

    2. Que disocia.

    VER O DETALLE DO TERMO