"URA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1529.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espacio natural localizado no curso baixo do río Ulla, dende a súa desembocadura ata a confluencia co río Sar. Situado entre os termos municipais de Valga, Catoira, Dodro e Rianxo, abrangue unha extensión de 1.108 ha. Dende 1991 ten a cualificación de espazo natural en réxime de protección xeral. Na súa desembocadura o Ulla orixina unha ampla chaira aluvial, composta por sedimentos cuaternarios e colonizada por vexetación marismeña que se estende cara ao N seguindo o curso do Sar. Actualmente no leito do río deposítanse sedimentos areosos que ao crecer chegan a constituír illas permanentes, que dividen a canle principal do río en canles secundarias. Os bancos de area que se forman están en continua evolución, e a mobilización dos sedimentos vai modificando lentamente o aspecto das canles. Nalgúns puntos do curso baixo do río, influenciados polas mareas, desenvólvense pequenas áreas marismeñas de substratos areoso-limosos, ocupados por vexetación típica das marismas.
Flora e fauna
No... -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de baixo ou baixo respecto do tamaño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de bañar ou bañarse. SIN: 1baño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical fundada en Arcade (Soutomaior) o 18 de abril de 1982. Na actualidade, está dirixida por Celso Santos Lorenzo e conta con 37 compoñentes dos que 31 son mozos, con idades comprendidas entre os 11 e os 20 anos, formados musicalmente nunha academia creada dentro da mesma banda, baixo dirección do propio director musical. Dende a súa fundación vén realizando diversas actividades nos concellos da provincia e fóra dos límites provinciais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura mesolítica de Xava caracterizada por unha industria de follas de obsidiana con follas denticuladas, puntas triangulares e algúns obxectos de ósos moi simples.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento cordófono das familia dos laúdes. Ten doce cordas, sen cordal, que se fan soar co plectro. De orixe oriental (SL de Asia), foi moi popular en Ucraína a partir do s XV.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de barato, baixo prezo das cousas que están á venda. SIN: barateza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera dos derivados substituídos do ácido barbitúrico. Coñécense uns dous mil barbituratos, pero só uns 50 se empregan en medicina. Depresores do sistema nervioso central, empréganse como hipnóticos, posto que actúan sobre o centro cerebral do sono, e poden ser dun xeito gradual sedantes, hipnóticos ou anestésicos xerais, ao aumentar a dose ou variar a vía de administración. Teñen unha reducida acción analxésica e antipirética. É frecuente o hábito aos barbituratos dando orixe ao barbiturismo ou toxicomanías. Sobre o esqueleto do ácido barbitúrico, os derivados alquilo disubstituídos sobre o carbono en posición 5 dan hipnóticos, e os substituíntes arilatos en posición 5 producen anticonvulsivos; a monosubstitución nos nitróxenos 1 e 3 orixina compostos sedantes de curta duración, e a substitución do osíxeno do grupo CO en posición 6 polo xofre constitúe a serie dos tiobarbituratos, de acción potente e rápida, pero curta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga igrexa de Moscova, construída entre 1555-1560 polos arquitectos Barma e Posnik co gallo da Victoria de Kazan; está situada na Praza Vermella. Orixinariamente estivo dedicada á Intercesión da Nai de Deus (Pokroeskij Sobor). Consta dun núcleo central coroado en pirámide e rodeado de oito capelas con cúpulas diferentes que descansan sobre arcos volados. Esta diversidade de formas está realzada pola policromía dos muros e pola decoración cerámica.
-
PERSOEIRO
Física italiana. Formada na Universidade de Boloña. Despois de recibir o doutorado en Filosofía en 1733, continuou estudiando Mecánica, Hidraúlica, Anatomía e Historia Natural. Foi a primeira muller en ocupar a cátedra de Física na universidade e deu clases de Física experimental dende 1745 ata 1778.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de bater.
-
Feito de bater pola acción do vento ou doutra cousa.
-
Oscilación das pas do rotor dun xiroavión, ao redor da bisagra de articulación coa árbore motora.
-
Oscilación que presenta a amplitude de vibración da onda que resulta da interferencia de dous trens de ondas con frecuencias próximas; o número de bateduras por segundo é igual á diferenza entre as frecuencias dos dous trens de ondas. Este fenómeno aprovéitase en acústica para medir frecuencias.
-
Operación de bater á que se someten, manualmente ou en batedores, as madeixas ou os tecidos para limpalos de po e quitarlle o apresto cando, se se aplicou en exceso ou é demasiado seco ou consistente, dá ao tecido un aspecto ou un tacto non desexados.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado á esquerda do río Guadalimar, na serra de Segura (8.261 h [1996]). Está drenado polo río Beas. A súa economía é basicamente agrícola e gandeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de beber.
-
Gastos comúns que tiñan os pescadores da ría de Pontevedra na época dos cercos; entre eles, os derivados de reparar o aparello para saír a faenar ou aqueles que orixinaban o día que se repartían as ganancias obtidas.
-
-
-
Acción e efecto de beliscar.
-
Marca que deixa un belisco.
-
-
-
Que goza de felicidade ou boa fortuna.
-
Que goza do Paraíso, da Gloria ou do ceo.
-
Título que se lles dá aos santos.
-
Que é moi cándido ou que carece de astucia. OBS: O primeiro fonema nasal de benaventurado ten unha realización nasal velar sonora [?].
-
-
-
Para os cristiáns, vista ou posesión de Deus no ceo.
-
Felicidade e prosperidade humana.
-
Segundo os relatos do Evanxeo cada unha das declaracións feitas por Xesús no Sermón da Montaña que comezan coa palabra benaventurados (ou ditosos, felices), consideradas en conxunto como unha síntese global da súa predicación. Nos textos bíblicos hai dúas versións das benaventuranzas, no Evanxeo segundo san Mateo e no Evanxeo segundo san Lucas. Os dous libros colocan o discurso ao principio da vida pública de Xesús, xusto despois de escoller os doce apóstolos entre os seus discípulos, baixando do monte onde se retirara a orar e dirixíndose a unha multitude que o seguira dende Palestina. O relato de Lucas (Lc 6, 20-26), que contén só catro benaventuranzas, é, segundo os exexetas, o máis próximo á tradición primitiva, e prosegue con mandamentos que condensan a ética cristiá, engadindo unha especie de “contrabenaventuranzas” nas que condena a riqueza inxusta. A pluma de Mateo (Mt 5,1-12) enriqueceu o discurso con catro benaventuranzas máis e tamén o prolongou con reflexións en boca...
-
Estado feliz da persoa que ten a Deus como motivo principal. A Biblia presenta a benaventuranza de Deus como o símbolo dunha situación á que todo home aspira. Inicialmente consistía na acumulación de bens terreais. Axiña se caeu na conta de que esta benaventuranza era relativa e que o home non podía evitar a coita pola brevidade deste benestar. Entón comezou a ter corpo a concepción dunha benaventuranza ultramundana e eterna.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fractura da base e luxación do primeiro metacarpiano. Foi descrita polo cirurxián irlandés Edward H. Bennett (1837 - 1907).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo aromático heterocíclico bicíclico, chamado tamén cumarona. Obtense dos aceites lixeiros do alcatrán de hulla. É a base para obter as resinas de cumaronaindeno.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Membro dunha familia de pintores, foi coñecido polo retablo San Francisco e escenas da súa vida, realizado para a igrexa de San Francisco de Pescia (1235). A súa arte representa un bizantinismo evolucionado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Círculo cultural emparentado co de Waltenenburg e derivado do período Montelius III da cultura megalítica nórdica.