"Vas" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 331.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Discípulo de Gandhi, é autor de obras nas que denuncia a violencia e as virtudes esquecidas do mundo moderno. Publicou Le Pèlerinage aux sources (1943), Approches de la vie intérieure (1962), Enfances d’une pensée (1970), La trinité spirituelle (1971) e Rien qui ne soit tout (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vasil Ivanov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, irmán de Maximiliano Linares Rivas. Na Coruña liderou o Partido Unionista. Foi ministro de Gracia e Xustiza (1883-1884) polo Partido Constitucional e ministro de Fomento con Cánovas (1891-1892) e (1895-1897) e senador vitalicio. Escribiu La Primera cámara de la Restauración. Retratos y Semblanzas (1878).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, irmán de Aureliano Linares Rivas. Gobernador civil da Coruña, representou o distrito de Ferrol na Diputación Provincial da Coruña (1880-1886). Obtivo a súa primeira representación como parlamentario no 1892. Elixido senador en 1893, foi reelixido sucesivamente en 1896 e 1899.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Autor dramático e político, fillo de Aureliano Linares Rivas. Foi elixido deputado en tres lexislaturas entre os anos 1891 e 1901, e, posteriormente, senador pola provincia da Coruña nas lexislaturas de 1903 e 1907 e senador vitalicio desde 1914. Seguidor da estética teatral proposta por Jacinto Benavente, das súas obras destacan El abolengo (1904), María Victoria (1904), La cizaña (1905), La fuerza del mal (1914), Las zarzas del camino (1917), La mala lei (1923) ou La garra (1914). Foi membro da Real Academia de la Lengua Española (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro libro coñecido publicado en éuscaro (Bordeos, 1545), conservado na Bibliothèque Nationale de París. Trátase dun pequeno libro de poesías de Bernat Detxepare.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curvas que aparecen na composición de dous movementos vibratorios harmónicos perpendiculares entre eles. Obtéñense curvas moi diversas, en xeral abertas, pero se a relación entre os períodos dos dous movementos é racional, a curva obtida é pechada e o movemento resultante é periódico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico e poeta ruso. Impulsou a fundación e dirixiu a Universidade de Moscova (1755), que leva o seu nome. Foi considerado un dos pais da ciencia rusa e destacou en xeoloxía, mineraloxía, astronomía, física e química e metalurxia. Propugnou o estudo da química sobre unha base matemática e física, defendeu a teoría molecular e cinética da materia e foi un precursor de Lavoisier. Fixou os fundamentos da terminoloxía científica rusa ao adaptar os principais termos de física e química do latín ao ruso e esforzouse por crear unha lingua culta e unha literatura nacionais. Puxo as bases da versificación rusa moderna, publicou a primeira gramática rusa e escribiu odas, sátiras e dúas traxedias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilusionista. Máis coñecido como O Mago Antón, iniciou a súa actividade escénica co grupo Valle-Inclán de Lugo, para despois dedicarse por completo aos espectáculos de maxia, que sempre tiveron un marcado carácter teatral. En 1977 creou o personaxe de Facundo, unha marioneta á que el lle pon voz. En 1985 constituíu a empresa Producións Máxicas, coa que produciu o espectáculo Merlín e familia, ao que seguiron outras propostas, como o espectáculo multimedia Vía Láctea (1993), Insólito por Antonomaxia (1995), Fugas e soños (1996), En clave de maxia (1998), en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia e 2001 ilusións (2001). En 1989 foi nomeado Lucense do ano e en 2003 foi galardoado co Premio da Crítica Galicia no apartado de Galego Egrexio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar portugués. Loitou na Guerra Colonial en Guinea (1969-1971). Foi capitán nos Açores (1974) e membro activo do Movimento dos Capitães e da Comissão política do MFA. Nomeado para o Conselho de Estado o 24 de xullo de 1974, integrouse posteriormente na estrutura do Conselho dos Vinte. Membro do Conselho da Revolução desde marzo de 1975 ata a súa extinción en 1982, pasou á reserva como tenente-coronel (1988) e formou parte da dirección da Associação 25 de Abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e dramaturgo ruso. Membro dos bolxeviques desde 1904, desempeñou o cargo de comisario do pobo para a Educación (1917-1929) e outorgoulles certa liberdade aos artistas escénicos, como Stanislavski, Meyerhold, Vakhtangov ou Tairov. Da súa produción destacan Fausto e a cidade (1919), Oliver Cromwell (1920) e Don Quixote liberado (1921), que foron duramente criticadas polo marxismo máis radical e   o ensaio O teatro e a revolución (1924).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Traballou nos xornais El Miño de Ourense, Galicia Nueva de Vilagarcía de Arousa e Galicia Moza, onde coincidiu con Castelao. Vinculado ao agrarismo desde 1912, foi un dos sete asinantes do Manifesto de Ourense. Ao ano seguinte pasou a dirixir o xornal voceiro de Acción Gallega, El Heraldo Gallego, e o semanario vigués La Crónica. En 1915 trasladouse a Madrid onde colaborou en España Nueva, España Libre e El Liberal. Volveu a Galicia en 1918 e escribiu en La Zarpa, Vida Gallega e Galicia, ademais de colaborar co xornal barcelonés La Publicidad e os madrileños El Sol e La Sornada. Abandonou o movemento agrarista en 1922, ao que consideraba traidor a Galicia por terse presentado ás eleccións ao Parlamento español. Posteriormente dirixiu Faro de Vigo e foi asasinado pouco despois do alzamento militar de 1936. Como escritor destacan as novelas Pandemonium (1917) e La Fraticida, publicada en Correspondencia de España, a obra de teatro La hora grande e o ensaio El primer...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular de Asia meridional, situado no Océano Índico, a uns 450 km da punta S de India (298 km2; 276.000 h [estim 2001). A súa capital é Male.
    Xeografía
    Arquipélago formado por uns 2.000 illotes, dos que 220 están habitados. O clima é ecuatorial, o que favorece os cultivos de coco e a produción de copra. A agricultura é bastante pobre, cultívase millo, mandioca, patacas doces, cogombros, cebolas e algunhas fibras. A pesca é a actividade máis importante, e dela proveñen case a totalidade das exportacións do país. O sector secundario redúcese á extracción de mica, ao envasado de peixe, á extracción de aceite de tiburón e á confección téxtil. A mariña mercante constitúe unha das bases do sector terciario grazas ao frete dos transportistas e ao turismo. Gracias aos ingresos dos servicios compénsase unha balanza de mercadorías onde as importacións triplican ás exportacións, que consisten basicamente en alimentos, diversas manufacturas, maquinaria...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tui baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariedade de uva moi doce e aromática, de grans grosos, tenros e ovoides. Cultívase na Península Ibérica, especialmente en Sitges (Barcelona), Grecia, Occitania e o S de Italia.

    2. iño doce e recendente que se obtén desta variedade de uva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome común que reciben as aves do xénero Oxyura, e aves de aspecto similar como a especie Biziura lobata (malvasía papuda), da familia dos anátidos, que se caracterizan por ter un corpo repoludo, a cabeza de gran tamaño co pico xeralmente azul, pés grandes, patas e ás curtas e cola tesa que adoitan ter vertical.

    2. Ave de 48 cm de lonxitude aproximadamente, de cabeza grande branca cunha liña negra, pico avultado, que nos machos durante o celo é azul, corpo pardo e cola longa e erguida. Presentan dimorfismo sexual, e os machos son máis rechamantes. Aliméntase de sementes de plantas acuáticas ou larvas de insectos. É unha especie ameazada, e na Península Ibérica atópase en perigo de extinción.

    3. Ave de entre 35 e 48 cm de lonxitude, fundamentalmente herbívora, que presenta o corpo robusto acastañado, cabeza e pescozo negros, peteiro azul e groso, a cola coas plumas duras e puntiagudas, e presenta dimorfismo sexual, especialmente na época de celo.

    4. Ave acuática, de entre 61 a 73 cm de lonxitude, que presenta a plumaxe  parda, con ás brancas e peteiro escuro. Os machos son máis pesados que as femias. Aliméntase de insectos acuáticos e algúns peixes pequenos ou ras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de televisión de produción galega (1998-2002), dirixida por Antón Reixa, Beatriz del Monte, Emilio Mc Gregor e Matías de la Rubia, que se ambientaba na ficticia vila mariñeira de Portozás, na Costa da Morte. Ao longo dos seus episodios mesturábanse numerosas historias de amor, situacións cómicas e temas sociais. Foi unha das series con maior audiencia da TVG, e recibiu o Premio AGAPI 2000 á mellor serie de ficción e ao mellor actor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Catedrático de instituto, fundou, xunto con Germán Sánchez Ruipérez, Edicións Xerais de Galicia (1978) e ocupou a primeira Subdirección Xeral do Libro da Xunta de Galicia (1983). Promotor e presidente da Asociación de Tradutores Galegos (1984), fundou e dirixiu a biblioteca virtual www.bivir.com (2000) e participou na fundación das revistas Viceversa, Revista Galega de Tradución e Tempos Novos. Publicou Galicia sen libros. Informe sobre o libro galego (1987), Un camiño novo para unha vella utopía (2004) e Para unha escriptoloxía do galego (2004). É membro do consello asesor do IGADI, da Fundación Plácido Castro, do Instituto de Estudios Miñoranos e da Mesa polo Libro de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador probablemente portugués. Estivo activo na segunda metade do s XII, entre o terceiro e último cuarto. Pertencente á liñaxe dos Folhente, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana atribúenlle unha soa cantiga de amigo de mestría, denominada “Ai, amiga, per bõa fé”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filóloga. De formación autodidacta, estudou linguas clásicas, románicas, eslavas e semíticas, aínda que se interesou especialmente polas románicas, primeiro polo francés e provenzal antigos e despois polo castelán, catalán e portugués, e mantivo correspondencia con romanistas como Diez, Ascoli ou Gaston Paris. Con 16 anos publicou o seu primeiro estudo, unha recensión crítica a un traballo de Mussafia sobre a métrica antiga portuguesa e, en 1871, unha nova edición do Romancero del Cid, coa incorporación de novos romances. En 1872 foi nomeada intérprete oficial do Ministerio de Interior alemán para os asuntos da Península Ibérica e, nese mesmo ano, con motivo da súa tradución do Fausto ao portugués, entrou en contacto co crítico de arte Joaquim de Vasconcelos. Desde entón a lingua e literatura portuguesa convertéronse no centro das súas investigacións, sen deixar de lado as outras linguas románicas. En 1911 concedéronlle a cátedra de Literatura Alemá na facultade de Letras de Lisboa, pero...

    VER O DETALLE DO TERMO