"Vic" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 942.

  • PERSOEIRO

    Político soviético. Membro do partido comunista dende 1917, foi presidente do soviet urbano de Moscova de 1931 a 1937. En 1937 converteuse en primeiro ministro da República rusa, cargo que ocupou ata o 1939, cando chegou á presidencia do Banco Estatal Soviético e formou parte do comité central do partido. Durante a Segunda Guerra Mundial foi comisario político do exército, acadando en 1947 os cargos de ministro das forzas armadas e mariscal da URSS. Membro do politburó do partido dende 1948, á morte de Stalin (1953) chegou a ser vicepresidente do consello de ministros e, en 1955, presidente, en substitución de Malenkov. Ao ser nomeado Khruščov primeiro secretario do partido, foi separado do seu cargo en 1958 e viuse obrigado a dimitir dos cargos que ostentaba no praesidium do partido. No 1961 abandonou o comité central e retirouse de toda actividade política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor ruso. En 1889 publicou os seus primeiros poemas e, posteriormente, cultivou o conto e a novela, fiel ao realismo ruso do s XIX. Contrario ao réxime soviético, exiliouse en París en 1920. Galardoado co Premio Puškin polo seu labor como poeta e como tradutor, foi membro honorario da Academia Rusa (1909) e recibiu tamén o Premio Nobel de Literatura (1933). Entre as súas obras destacan Khram solnca (O templo do sol, 1907-1911) e Gospodin iz San Francisco (O señor de San Francisco, 1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial do s XVIII situada no concello de Lugo. Consta dunha soa nave cuberta con bóveda de canón con lunetos nos laterias. A capela maior é cuadrangular cuberta por unha bóveda de media laranxa sobre pendentes que remata nunha lanterna. O retablo maior é de finais do s XVIII e alberga as imaxes do Sagrado Corazón, san Ramón e san Vicente. Ten tamén un retablo neogótico e outro neoclásico. Na fachada principal a portada é alintelada cun frontón semicircular sobre o que se sitúa unha fornela coa figura do titular do templo. O campanario dun corpo, remata nunha cupuliña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico ruso. Foi discípulo de Charles Wurtz, profesor de química orgánica en Kazan’. Definiu o concepto da estrutura química, o que permitiu chegar ao concepto de isomería. A aplicación destes principios levouno a descubrir os alcois terciarios. Traballou tamén sobre a determinación de pesos atómicos e complexos inorgánicos. Publicou a Introdution à l’étude complète de la chimie organique (Introdución ao estudo completo da química orgánica, 1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado ou circunstancia do que é calvo.

    2. Perda de pelo na cabeza, independente das enfermidades parasitarias do coiro cabeludo ou das enfermidades agudas xerais que comportan a caída do cabelo. Representa un estado fisiolóxico que afecta especialmente durante a vellez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Filoloxía Hispánica, exerceu como profesor de segundo ensino. Fundou as revistas Aula I e Tagore, de orientación pedagóxica, e colaborou en Escuela Española. Publicou poesía e crítica literaria en revistas e xornais como Alcazaba, Trevo, Dorna, Cadernos do Támega, La Región ou El Universal. Membro do Grupo Dolmen, é autor do poemario O ar que nos leva (1987), da novela Baixo o sol do Magreb (1993) e dos volumes colectivos Sete poemas ourensáns (1992) e Poesía dos aléns (1993). Recibiu os premios Biblioteca Endesa (1977), Festa da luz (1980), Modesto R. Figueiredo de narrativa (1988) e Nadal (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político valenciano. Militou de mozo no partido liberal de Canalejas e, posteriormente, no radical de Lerroux. Foi deputado a Cortes por ambos os dous partidos, representando o distrito de Llucena (Alcalatén) en todas as eleccións celebradas desde 1905. Foi ministro de Xustiza nos dous gobernos Lerroux, no 1934 e no 1935.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiadora da arte. Licenciada en Filosofía e Letras e doutora en Arte, foi directora da escola de artes aplicadas e oficios artísticos Ramón Falcón de Lugo e profesora de arte e directora do departamento de Historia da Arte e Xeografía da facultade de Humanidades da Universidade de Vigo, da que foi decana. Foi comisaria das exposicións Julia Minguillón: período de 1934-1964 (1991), Olga Reinoso (1993) e Luís Seoane: pinturas, debuxos e gravados, 1932-1979 (1999). Ademais de numerosos artigos sobre arquitectura e transformacións urbanas, e sobre diversos artistas galegos (Camilo Díaz Baliño ou Arturo Souto), publicou as obras: La ilustración en la revista Nós (1983), Julia Minguillón (1984), Os castelaos de Ourense (1985), Antonio Failde (1986), La transformación de una ciudad: Orense (1995) e El santuario de Nuestra Señora de las Ermitas (1996), xunto con Antonio Bonet Correa. É membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da Real Academia Gallega de Bellas Artes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [aimará: Chukiwanka Kunturi] (La Paz 1951) Pedagogo e político indíxena aimará. Licenciouse en Letras e Educación na Universidad de San Andrés de La Paz, onde traballou como profesor de lingüística e ciencias da educación de 1975 a 1992. En 1979 presidiu o congreso fundacional da Confederación Sindical Única de Trabajadores Campesinos de Bolivia (CSUTCG). Entre 1985 e 1989 foi deputado nacional do Movimiento Revolucionario Tupak Katari de Liberación e en 1993 foi elixido vicepresidente de Bolivia. Centrou o seu traballo fundamentalmente no recoñecemento social e xurídico das organizacións campesiñas e indíxenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e arquitecto manierista italiano. Coñecido como il Cigoli, a súa pintura, influída por Barocci e Correggio, é de temática basicamente relixiosa. Entre as súas obras salientan Deposición de la Cruz (1597) e Ecce Homo (1606). Como arquitecto traballou no patio do Palazzo Nonfinito de Florencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Fundou a finais do s XIX o xornal coruñés El Noroeste. Foi redactor xefe do Diario de Galicia (1895), director (1896) do xornal conservador La Monarquía de Ferrol e redactor de La Voz de Galicia ata 1910. Ordenouse sacerdote en 1912 e foi capelán do cárcere de Santiago. Interesouse pola literatura e pola poesía galega, concretamente, pola obra de Noriega Varela e Rey Soto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e crítico musical. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Socio fundador e presidente dende 1996 da Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza e director e membro do consello de redacción dende 1998 da revista Cavatina. Colaborador como crítico musical nas revistas especializadas Scherzo, Ópera Actual e Ritmo, e nos xornais La Voz de Galicia e Diario 16. Ademais de participar en distintas publicacións no campo da medicina, é autor de artigos e programas de man para a Universidade de Santiago de Compostela, Consorcio para a Promoción da Música da Coruña, Concello de Santiago de Compostela, Festival Mozart da Coruña, Asociación Galega da Lírica, entre os que destacan “Da música sacra de Mozart: a obriga, a ocasión e a vocalidade” (Festival Mozart 2000, 2000), “A canción e a cantata ao redor de Johann Sebastian Bach” (Bach 2000, 2000), “Beethoven: o popular en miniatura” (O Lied e a Canción de Cámara...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Etnógrafo e escritor. Realizou estudios de maxisterio en Madrid e, posteriormente, dedicouse a tarefas administrativas. No eido ensaístico publicou artigos sobre a historia de Galicia como “As relazóns protohistóricas entre Irlanda e Galiza” e “Unha representazón do deus innominado pre-román”, amais de obras sobre literatura e tradición popular en Galicia como Manuel Curros Enríquez. A súa vida e a súa obra (1953), Romanceiro popular galego de tradizón oral (1959) e Contos populares da Galiza. Na súa produción novelística destacan as pezas curtas O consentimento (1926) e Alevamento (1928), escritas baixo o pseudónimo de Luís G. Vicencio. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da sociedade alemá Marchen der Europaischen Volker.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Vicente Pérez de Eguía Casanova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz, filla de Santiago Casares Quiroga. En 1939 exiliouse a Francia onde comezou a súa carreira de actriz. Foi considerada como un dos modelos máis destacados do mundo intelectual francés dos anos cincuenta e sesenta, sobre todo pola súa vinculación cos autores máis representativos do momento, en especial a súa relación con Albert Camus. Protagonizou, entre outros, os espectáculos teatrais Seis personaxes en busca de autor, de Pirandello; Yerma, de Federico G. Lorca, baixo a dirección de Margarita Xirgu; Os biombos, de Jean Genet; e Le diable et le bon Dieu (O diaño e o bo Deus, 1951), de J. P. Sartre. Colaborou con Albert Camus na tradución ao francés de pezas do teatro clásico español e estreou varias das súas obras. Traballou na Comédie Française (1952-1954) e posteriormente no Théâtre National Populaire. Despois de 1975 interpretou ocasionalmente algúns papeis en España. Participou tamén en diversos filmes, como Les enfants du paradis (Os nenos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Cursou estudios na Escuela Superior de San Fernando, en Fomento de las Artes e no Círculo de Bellas Artes, e nos talleres de Amadeo Roca e Eduardo Peña. Realizou para o taller Tres en Raya gravados e serigrafías. Na súa pintura, que se pode clasificar como figurativa, cómpre salientar os bodegóns, as paisaxes e as acuarelas. Realizou diversas exposicións individuais e participou en mostras colectivas nas principais cidades galegas, en España e no estranxeiro. Entre os premios que recibiu sobresaen a medalla de ouro no IV Concurso Nacional de Pintura Caja de Ahorros de León (Ponferrada, 1971) e a medalla de bronce na VI Bienal Nacional de Pontevedra (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, actor e político. Iniciou a súa andaina política como asinante do Manifesto da Asembleia Nazonalista de Lugo en novembro de 1918. Foi membro fundador do Partido Galeguista e formou parte do consello executivo da Asemblea Constituínte do partido, no ano 1931. Como actor mantivo unha longa traxectoria, vinculado ao cadro de declamación da Irmandade da Fala da Coruña e á Escola Dramática Galega. Participou en diversas montaxes teatrais, entre as que destaca A man da Santiña, estreada polo Conservatorio Nazonal de Arte Galego en 1919, da man das Irmandades da Fala. O seu contacto co xornalismo comezou en A Nosa Terra como administrador. Nunha nova etapa, na que o xornal serviu de voceiro do Partido Nacionalista, foi un asiduo colaborador e chegou a ser o seu director. Publicou tamén artigos sobre teatro no xornal El Pueblo Gallego, que destacan pola presentación de propostas innovadoras para a produción e exhibición teatral. Durante os primeiros momentos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo de Vicente López, recibiu os favores do Rei Carlos IV e exerceu a docencia na Acadèmia de San Carles. É autor de pinturas murais e de flores, de naturezas mortas, de retratos e de pinturas históricas. Da súa pradución destaca o retrato O escultor Josep Cloostermans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Sostivo unha polémica con Annibale Caro e foi condenado en 1560 pola Inquisición. Comentou e traduciu ao italiano a Poética de Aristóteles (1570).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Publicou a maior parte da súa produción na Revista gallega (1898-1899), a miúdo baixo o pseudónimo de Vícaro. Destaca o seu poema “A sequía” (1899).

    VER O DETALLE DO TERMO