"cc" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 617.

  • PERSOEIRO

    Rei da Mauritania oriental (118-81 a C). Sogro de Iugurta, este ao principio axudoulle contra os romanos (108-107), pero despois entregoullo a Sila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kraj da República Checa (10.876 km2; 860.311 h [1991]). A capital é Plzeň.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín dirixido aos centros estatais de ensino primario, que apareceu posiblemente no ano 1954 na cidade da Coruña. Utilizaba a lingua castelá e non tivo unha periodicidade regular; normalmente editábase un número ao comezo do curso escolar e outro ao final. Entre as seccións figuraban títulos como “Sección oficial”, “Exposiciones y concursos”, “Ponencias” ou “Cáritas escolares”. Presentaba datos estatísticos, un almanaque escolar, comentarios, informes de inspección, etc. A sección “Cáritas escolares” ofrecía unha visión do maxisterio dende unha óptica relixioso-caritativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín que saíu na cidade de Santiago en 1935, probablemente relacionado con outro boletín que apareceu no ano 1942 baixo o título de Boletín Diocesano de Acción Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter relixioso que naceu en Santiago de Compostela no ano 1942. Cualificouse como o suplemento do Boletín Oficial del Arzobispado. Nas súas follas podíanse ler todo tipo de artigos asinados polos membros do seminario; algúns deles levaban fotos en branco e negro. No anuncio para solicitar a subscrición afirmaba a importancia desta revista no movemento relixioso católico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida probablemente no ano 1958 na Coruña. De periodicidade irregular, editábase en castelán. Constaba das seccións tituladas “Vida Profesional”, “Noticiario Escolar”, “Sección Legislativa” e outras. Desenvolve información referida a certificados de estudios primarios, calendario do curso escolar, entre outros temas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Estudiou os clásicos e traduciu a Ciropedia de Xenofonte. Tamén escribiu unha serie de tratados en forma de diálogo como o Liber facetiarum (Libro de chistes, 1438-1452).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e periodista. É autor, entre outras obras, de Il picolo santo (O pequeno santo, 1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro libro impreso en Galicia, froito dun contrato (120 exemplares) entre o cabido de Santiago e os impresores Juan de Bobadilla e Álvaro de Castro asinado no ano 1483, orixinarios de Burgos e Villasandino, respectivamente. O traballo realizouse en papel fóra de Santiago. En 1497 realizouse outra impresión (1.000 exemplares) da man de Nicolás de Sajonia, en Lisboa, quen fora contratado o 28.7.1496 para realizar este traballo. Coñécese outra edición, a última, realizada en Salamanca en 1569. Rexistráronse oito follas en pergameo no Arquivo Histórico Notarial da Coruña, todas elas con dúas columnas e tres tipos de letra gótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento impreso posiblemente cara ao ano 1489 ou 1490 do que se conserva un exemplar no arquivo da catedral de Ourense. Foi descuberto por F. J. Norton e Antonio Odriozola en 1960. Este exemplar conservado ten 280 follas en papel, ao que lle faltan 15 follas do principio e dúas do final; con elas desapareceu tamén o ano, lugar e nome do impresor encargado deste incunable. Ten unha tipografía con dous tamaños que tenden a unificarse. Cada folla está dividida en dúas columnas de trinta e cinco liñas, nunha caixa de impresión de 102x153 mm. O papel é groso e de boa fabricación, con filigrana de man e estrela. No seu contido atópase un calendario mes a mes, táboas cronolóxicas, un salterio con himnos, oficio de defuntos e horas da Virxe, un dominical, un santoral e, na parte final, un ritual e un misal, onde se encontran varios exorcismos, fórmulas para bautismo, extremaunción, defunción, prefacios, misa de defuntos, canon da misa e varias misas votivas. Á parte desta impresión, consérvase...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa inglesa fundada en Londres no 1902. No 1967 absorbeu a Yardley and Company Limited. Dispón de filiais e sucursais no Reino Unido, en Canadá, en Australia, en Chile, etc. Entre as súas marcas de tabaco están Benson and Hedges e Senior Service.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Folla voante en dobre folio editada por Xoán Gherlinc aló polo ano 1496 en Monterrei. Presenta letra gótica, capitais lombardas a dous tamaños e cincuenta e unha liñas. Atópase na biblioteca da Hispanic Society en Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba de Paul-Bunnell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista, compositor e teórico musical. Da súa produción destacan pezas para piano Elegien (1907) e Segunda sonatina (1912), e as óperas Arlecchino e Turandot (1917) e Doktor Faust (1924). Publicou o ensaio sobre estética musical Entwurf einer neuen Aesthetik der Tonkunst (Esbozo dunha nova estética musical, 1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición vogal en forma de canon, moi cultivada en Italia no s XIV e a principios do XV. Normalmente os textos representan escenas de caza que describen alegoricamente persecucións amorosas. Na súa forma máis corrente está escrita para voces agudas en canon acompañadas dun tenor. Contemporánea do antigo madrigal, foi cultivada pola maior parte dos músicos da ars nova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e cantante. Coñecido como Giulio Romano, foi membro da Camerata de Bardi e un dos primeiros en empregar o stile recitativo nas súas obras. Protexido dos Medici, cara ao 1600 foi nomeado director musical da súa corte. É autor da ópera Euridice (1600) e das coleccións de madrigais Le nuove musiche (As novas músicas, 1602), que contén un tratado sobre as técnicas de composición e canto do novo estilo monódico, e Nuove musiche e nuova maniera di scrivirle (Novas músicas e nova maneira de escribilas, 1614).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de producir calor ou de quentar un local.

      1. Conxunto de aparellos ou dispositivos destinados a quentar un local ou a producir calor nun proceso industrial. Os sistemas tradicionais de calefacción por combustión de leña ou de carbón (lareiras, chemineas, estufas) son coñecidos dende a Antigüidade. Modernamente, a calor foi producida empregando combustibles diversos, como carbón, petróleo, butano, etc, e tamén pola transformación dunha corrente eléctrica en calor ao pasar por unha resistencia (efecto Joule) ou por medio de certos cambios termodinámicos, como na bomba de calor.

      2. calefacción central

        Calefacción na que unha fonte única de calor quenta unha caldeira na que hai un fluído que, por uns canos, se distribúe polas diferentes pezas a quentar, nas que a calor é cedida ao aire por medio de radiadores, convectores ou outros dispositivos, e volve ao mesmo punto de saída por outros canos, establecendo así un circuíto pechado. Os fluídos máis empregados son a auga e o vapor de auga. A circulación da auga está orixinada por medio dunha bomba ou por un termosifón e a do vapor de auga pola presión da caldeira. Ás veces, o fluído empregado é o aire, que se quenta nunha cámara de calefacción e se conduce por uns condutos adecuados ata as pezas a quentar.

      3. calefacción industrial

        Sistema de calefacción no que o vapor de auga é conducido aos intercambiadores de calor, aos recipientes, ao rolo ou cámaras a quentar nun proceso industrial determinado. Nalgúns casos, en lugar de vapor, pódense facer circular líquidos que permitan o seu quentamento a altas temperaturas (200-300°C) sen grandes aumentos da tensión de vapor. Na calefacción ao aire libre tense empregado a calor radiada por un emisor de raios infravermellos.

      4. calefacción por radiación

        Calefacción na que a emisión de calor se efectúa a partir de grandes superficies quentadas a baixa temperatura (50-60°C), xa sexa por unha resistencia eléctrica longa ou por un serpentín de tubo por onde circula auga quente procedente dunha caldeira, dun quentador ou dun sistema de captadores solares. Tanto o fío coma o serpentín de tubo están embutidos no teito (teito radiante) ou no chan (chan radiante).

      5. calefacción solar

        Calefacción que utiliza a calor que irradia o Sol para quentar a auga que, impulsada por unha bomba, circula a través dunha batería de captadores solares instalados no exterior do edificio e que, unha vez quente, é enviada a radiadores de baixa temperatura ou ao serpentín dun chan radiante. Xeralmente, funcionan de xeito combinado cun sistema de calefacción convencional capaz de suplir os captadores, aínda que só parcialmente, en períodos de ausencia de insolación, e cuns depósitos de acumulación que permiten almacenar a enerxía producida nos períodos de máxima insolación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción pretoriana que permitía ás persoas arrogadas impugnar as transmisións entre vivos feitas polo arrogador, cando podía conseguir delas prexuízo para os dereitos sucesorios do arrogado. Tamén outorgaba ao patrón o dereito de reclamar a metade da herdanza do liberto morto intestado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cancioneiro da Biblioteca Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dismutación dos aldehidos non aldolizables, sen hidróxeno en α, en ácidos e alcois de idéntica lonxitude de cadea, nun medio fortemente alcalino. É unha reacción característica dos aldehidos aromáticos, descuberta en 1853 por S. Cannizzaro ao obter alcol bencílico e ácido benzoico a partir do benzaldehido. Cando se empregan dous aldehidos diferentes ten lugar a reacción de Canizzaro cruzada, como, por exemplo, a oxidación do formaldehido polo benzaldehido.

    VER O DETALLE DO TERMO