"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
-
Que pertence á familia das anonáceas.
-
Planta da familia das anonáceas.
-
Familia de árbores e arbustos da orde das ramais integrada por uns 120 xéneros (entre os que destacan Annona e Cananga) que comprenden unhas 2.000 especies gabeadoras e sempre verdes de distribución tropical.
-
-
-
Que pertence á orde dos anostráceos.
-
Crustáceo da orde dos anostráceos.
-
Orde de crustáceos da subclase dos branquiópodos, integrada por individuos de pequenas dimensións, de corpo transparente, alongado e falto de cuncha. Os ollos son pedunculados e móbiles, e as antenas son, polo xeral, grandes. O telson remata en dous apéndices non articulados. Frecuentemente dáse a partenoxénese. Habitan en augas doces encoradas e nas augas salgadas.
-
-
GALICIA
Compositor, musicógrafo, organista, investigador musical e director de corais. Dirixiu a coral Cantigas da Terra e a da Fábrica de Tabacos da Coruña. Como compositor foi sobre todo harmonizador de obras corais. Compuxo as escenas corais A romairía, Foliada, Brétemas e raiolas e unha canción no estilo da mélodie francesa titulada Soedade. Deixou un arquivo con abondosa información sobre a vida musical galega desde o s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo de Posidón e Xea. Xigante de altura excepcional que anovaba as forzas cada vez que tocaba a súa nai, a Terra. Obrigaba a todos os estranxeiros que pasasen por Libia, os seus dominios, a loitar con el; Heracles, que loitou con el na súa viaxe ao Hiperbóreo, asfixiouno entre as súas mans logo de levantalo no aire para evitar que tocase terra.
-
-
Calquera cousa empregada para tapar os ollos e impedir a visión.
-
Cada unha das pezas, xeralmente de coiro, que levan as guarnicións das cabalerias para taparlle os ollos lateralmente e conseguir que só poidan ver cara a adiante.
-
-
-
-
Sistema de dúas lentes fixas nunha armazón especial que se apoia no nariz e nas orellas e que se emprega para ver mellor ou para corrixir defectos visuais.
-
Aparellos que xa en 1482 se fabricaban en Nuremberg, pero os anteollos dos s XVII e XVIII eran pouco máis ca unhas simples lentes de aumento, malia os traballos de Kepler, Huygens Hooke e Newton aplicados aos telescopios. No século XIX perfeccionáronse notablemente polo labor de Young, Airy, Donders e Helmholt. Hoxe en día os sistemas de anteollos acadaron unha gran diversidade segundo o tipo de lentes que empregan e o defecto visual que tratan de corrixir, como por exemplo os anteollos bifocais, que presentan dous tipos de lentes, unha para ver de lonxe e outra, máis abaixo, que se usa para ler, etc; ademais disto, a preocupación pola estética e o consumismo permite aos fabricantes sacar ao mercado a cada pouco novos modelos de soportes. En moitos casos substitúense por lentes de contacto. Os principais defectos da visión e tipo de lentes que se empregan son: miopía, en que non se columbran os obxectos afastados, para a que se usan lentes cóncavas ou “negativas”...
-
-
Instrumento óptico formado por dous tubos e un xogo ou máis de lentes en cada un deles que amplía as imaxes e serve para ver ao lonxe.
-
-
PERSOEIRO
Compositor e pianista norteamericano. Residiu en París do 1922 ao 1930, onde compuxo música de vangarda. É autor de tres óperas, dous ballets, seis sinfonías e da música de máis dunha vintena de películas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que se opón á navegación aérea ou aos ataques da aviación.
-
-
Dise da arma destinada á defensa contra a aviación dende a terra ou dende unha nave. Todas as armas empregadas para ese fin, como canóns, metralladoras e mísiles, teñen unha gran velocidade de fogo e de puntería. Os canóns antiaéreos xurdiron durante a Primeira Guerra Mundial; na Segunda Guerra Mundial introducíronse as metralladoras antiaéreas e utilizouse o radar para seguir a traxectoria do obxectivo. En alturas superiores aos 6.000 m o bloqueo dos avións inimigos encoméndase á propia aviación ou en último termo, aos mísiles terra-aire do tipo Nike Hercules (EE UU). Por debaixo desta altura utilízanse mísiles como o Patriot (EE UU). Na zona de combate que non chega ao teito dos 3.000 m actúan mísiles lixeiros, pero tamén os mísiles autoguiados por raios infravermellos que pode disparar un soldado dende un lanzador portátil.
-
arma antiaérea.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundouse en 1844, aínda que non se inaugurou ata o 20 de febreiro de 1847. A Comisión organizadora estaba dirixida por Bonifacio Ruíz, quen se encargou de xuntar e catalogar 128 cadros e reunir 12.000 monografías -indexadas segundo o método bibliográfico de Oliverio Legiponcio- que, procedentes dos mosteiros de Celanova, Oseira, Melón, San Clodio, San Domingos e San Francisco, formarían a colección inicial do Museo de Pinturas de Ourense. A primera sede do museo-biblioteca, dirixido por Bonifacio Ruíz, foi o Convento de San Fernando; sen embargo, a biblioteca desagregouse do conxunto entre 1849 e 1851. A partir de 1848 a colección espallouse por varios edificios: o Convento de San Domingos, o edificio do Goberno Civil (sede da Deputación) e o Hospital Provincial, aínda que se mantivo como colección organizada ata o ano 1872, cando se amplía coas obras do Museo de Pinturas enviadas á Deputación polos artistas pensionados, Tiberio Ávila e Silvio Fernández entre outros. Trala reorganización...
-
VER O DETALLE DO TERMO
anticanceroso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibe a antipartícula do nucleón.
-
-
Que combate as enfermidades venéreas.
-
Medicamento que combate as enfermidades venéreas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dispositivo que colocado nos ángulos de ataque dunha aeronave impide a formación de xeo.
-
-
Individuo da suborde dos antropoideos.
-
Suborde dos primates que comprende os platirrinos (macacos do Novo Mundo) e os catarrinos (simios do Vello Mundo, incluíndo os cercopitecos, os hilobátidos e os homínidos). Alén das múltiples diferencias, comparten unha serie de aspectos comúns: unllas planas en todos os dedos; cranio arredondado; ollos frontais; series dentarias (30-36 dentes) verticais; posúen só dúas glándulas mamarias no peito; longos períodos de xestación; e, finalmente, poden sentarse, deixando as mans libres para manipular obxectos axudados por un polgar opoñible, cando menos parcialmente, ao resto dos dedos. En certas taxonomías, empregábase este termo para designar as familias homínida e pónxida demarcadas segundo criterios taxonómicos desacreditados na actualidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da xeografía xeral que estudia a distribución das etnias e dos pobos sobre a terra e as súas actividades, lingua, cultura e organización.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter anual editada polo grupo Editorial Compostela, S A, iniciada no ano 1992. Coordinada por Juan Salgado, conta cunha serie de apartados, divididos en meses e dedicados a “Economía”, “Internacional”, “Galicia”, “Deportes”, etc. Introduce amais cadros estatísticos, gráficos, debuxos e fotografías dos acontecementos máis impactantes do mundo nese ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na cidade de Ferrol no ano 1903, onde se recollían as actividades do Ateneo Ferrolano. Na edición de 1905-1906 incluíase un extenso poema en galego titulado “Cipriana” de Emilio Balás.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anxo/Anxa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trámite xudicial que leva a cabo o deslinde e demarcamento das terras suxeitas a un foro. Este procedemento provocou moitas arbitrariedades, pois podía ser esixido igual aínda que os aforantes recoñecesen as cargas que pesaban sobre as súas leiras, o que facían a maioría, polo que tiñan que pagar custos elevados, outorgando ao foreiro un instrumento de ameaza contra o aforante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao fonema que ten unha articulación que se caracteriza pola aplicación activa do ápice da lingua preto ou tocando o alvéolo superior da boca.