"hum" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 173.
-
PERSOEIRO
Compositor. O primeiro período da súa produción (1829-1839) está formado por numerosos lieder e por vinte e seis obras para piano, como Carnaval (1835) e Kreisleriana (1838). Na segunda etapa (1840-1851) intentou conseguir sen éxito a creación dunha ópera alemá romántica, aínda que conseguiu triunfar coa composición de catro ciclos de cancións, como Dichterliebe (O amor do poeta, 1840), e as súas catro sinfonías (1841-1851). O derradeiro período creador (1850-1854) comprende o Concerto para violonchelo e orquestra (1850), a Misa Latina (1852), o Réquiem latino (1852) e catro aberturas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista austríaco. Pensaba no futuro do capitalismo, entendendo que non sería derrocado polo fracaso, senón que o seu éxito inevitablemente creaba condicións que o unían ao socialismo. Publicou Business Cycles (1939) e History of Economic Analysis (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Bulgaria, situada nun val ao L das ladeiras da planicie de Shumen (89.054 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que está por riba da natureza humana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas, anuais ou perennes, da familia das poáceas, coas inflorescencias en panícula terminal, espículas dispostas por pares, unha sésil e hermafrodita e a outra masculina ou estéril e pedicilada. En Galicia está presente a especie S. halepense.
-
CAPITAIS
Capital da rexión de Abkhazia, Xeorxia (112.000 h [estim 1993]). Situada nos contrafortes suroccidentais do Cáucaso, é un porto no Mar Negro. Primitiva colonia grega, chamada Dioscurias (s V a C), foi conquistada (s I a C) polos romanos (Sebastopol) e pasou aos bizantinos no s VI.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos tarahumaras ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo tarahumara.
-
Pobo amerindio que habita na zona montañosa dos estados de Chihuahua, Sonora e Durango (México).
-
Lingua uto-azteca do phylum amerindio que fala o pobo tarahumara.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Migración estacional, propia de moitas especies de animais, especialmente do gando que, para aproveitar ao máximo a estacionalidade dos pastos percorren, normalmente conducidas polo home, grandes extensións de terreo desde as chairas cara ás rexións montañosas e viceversa. É un fenómeno común en todas as rexións da zona mediterránea, así como no Cáucaso, en Asia central e nos Andes. A súa orixe en España remontouse á época visigoda, aínda que deu o pulo definitivo durante o s XIII, que se materializou coa creación do Honrado Concejo de la Mesta. Despois da súa desaparición, en 1836, foi pouco a pouco substituída pola gandaría estabular.
-
-
Relativo ou pertencente á transhumancia.
-
Que transhuma.
-
-
-
Pasar os rabaños dunha terra a outra efectuando a transhumancia.
-
Cambiar periodicamente de lugar unha persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo, con sede en Estrasburgo, creado polo Consello de Europa para garantir o libre exercicio dos dereitos políticos e cívicos. Poden recorrer a el tanto os individuos como os estados asinantes da Convención Europea para a Salvagarda dos Dereitos do Home, creada en Roma en 1950. Antes de recorrer a el cómpre esgotar todas as instancias nacionais e ter presentado o caso perante a Comisión Europea dos Dereitos do Home.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Foi autor do edificio dos laboratorios Sandoz de Orléans (1952-1955), do dos seguros Vaudoises de Lausanne (1956), do silo de gran de Renens, do edificio da casa Nestlé, en Vevey, e da sede da Organización Mundial da Saúde, en Xenebra, construída á súa morte (1962-1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proxecto científico internacional iniciado en 1990 co obxectivo de coñecer a secuencia completa do xenoma humano para estudar a súa estrutura e funcións. Composto por distinos centros de China, Francia, Alemaña, Xapón, Reino Unido e EE UU, en 1994 sumouse á carreira a empresa privada Celera Genomics. Finalmente, en 2000, os dous competidores anunciaron conxuntamente o primeiro borrador do xenoma humano secuenciado, e en abril de 2003, dous anos antes do previsto, completaron o mapa xenético humano. As implicacións éticas e legais deste proxecto levaron á UNESCO a aprobar en 1997 a Declaración universal sobre o xenoma humano e os dereitos humanos, na que se afirma que o xenoma humano é Patrimonio da Humanidade.