"lus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 284.

    1. Acción e efecto de incluír.

    2. Partícula ou corpúsculo sólido que hai no citoplasma celular onde se acumulan substancias de natureza variada, como lipídica ou proteica. As principais inclusións son resultado de procesos metabólicos da célula, como grans de amidón e de glicóxeno, gránulos vitelinos e de secreción, gotas de graxas ou cristais de natureza inorgánica, entre outros. Pode ser que a substancia acumulada sexa de reserva.

    3. Substancia sólida, líquida, gasosa ou mixta que queda englobada no interior dun cristal no momento de cristalizar.

    4. Técnica histolóxica que consiste na introdución dunha substancia nun material biolóxico para darlle consistencia e poder cortalo en seccións finas ou superfinas. É común o uso de parafina e resinas sintéticas.

    5. Pertenza (expresada por 0), na álxebra de clases e na de relacións,  de todos os membros dunha clase a outra ou dunhas relacións a outras. Simbolicamente, a inclusión de clases defínese como A 0 B = df(x) (x ∈ A . x ∈ B), e a de relacións como R 0 S = df(x) (y)(xRy . xSy).

      1. Relación de orde parcial entre conxuntos, representada mediante o símbolo 0(ou, ás veces, 1), definida pola condición A 0 B (ou A 1 B) se, e soamente se, todos os elementos de A pertencen a B. Neste caso, dise que o conxunto A está incluído no conxunto B ou que A é un subconxunto de B. Se A non está incluído en B, exprésase A 2 B.

      2. inclusión estricta

        Relación de orde estrita entre conxuntos, representada mediante o símbolo  Z, definida pola condición A Z B se, e soamente se, todos os elementos de A pertencen a B pero A non é igual a B (é dicir, B ten elementos diferedtes aos de A). Neste caso, dise que o conxunto A está incluído estritamente no conxunto B ou que A é un subconxunto estricto de B.

    6. Partícula que, nun metal ou aliaxe, é heteroxénea a este e queda incluída na masa metálica solidificada. Pode ter diferentes orixes -metálica, non metálica-, e alteran as características mecánicas da aliaxe.

    7. Tratamento dunha mostra de solo con produtos aglutinantes para poder facer cortes microscópicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. incluso.

    2. Indica que se inclúe o último elemento que se cita ou o termo a que se refire, cando se quere marcar dentro duns límites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que inclúe ou que pode incluír.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Indica que se inclúe na afirmación o que se cita, identificándoo con énfase, ou como culminación dunha serie.

    2. Indica oposición entre dúas oracións, seguido de xerundio ou da conxunción se, aínda que non impide que unha realice o expresado poloa outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de roedeores, da familia dos dipódidos, duns 11 cm de tamaño, orellas grandes e finas, as patas dianteiras curtas e as posteriores longas e fortes e cola longa cun penacho no extremo. Vive fundamentalmente nas zonas desérticas do N de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Colesberg, Repóblica Sudafricana 1825 - Clarens, Suíza 1904) Xeneral bóer. Xefe do exército e presidente da República de Transvaal (1883-1902), dirixiu a guerra dos bóers.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias, da familia das lactobaciláceas, que teñen a propiedade de fermentar unha gran variedade de substancias con produción de ácido láctico, CO2, etanol e/ou ácido acético. Son redondos, inmóbiles e Gram-positivos. Os seus hábitats naturais son moi variados (boca, tracto intestinal, vaxina ou materiais vexetais). Teñen un grande interese económico, posto que son os responsables da fermentación de produtos lácteos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da famila dos tetraodóntidos, que pode inflar o seu corpo absorbendo auga ou aire e presenta beizos carnosos. En Galicia, hai referencias dunha especie, o tamboril (L. lagocephalus), de corpo oblongo e fusiforme, liña lateral ben marcada, cor gris azulada, e ventre e flancos prateados e abrancazados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico flamengo. Coñecido como Clusius, entre 1593 e 1609 ocupou a cátedra de botánica da Universidade de Leiden. Publicou Rariorum stirpium per Hispanias observatorum Historia (1576) e fixo o primeiro tratado de fungos comestibles (1601).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves ciconiformes, da familia dos cicónidos, de gran tamaño, con pico recto e robusto, e plumaxe gris e branca. A este xénero pertence o marabú africano (L. curmenifer).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de artrópodos merostomados ao que pertence a especie L. polyphemus. Teñen un ancho prosoma, convexo polo dorso e cóncavo pola zona ventral, dous pares de ollos dorsais, un par central, pequeno e outro lateral, con ollos máis grandes e compostos. O corpo remata nunha especie de espiña articulada, que lle permite darse a volta sobre a area cando a marea os tomba. O prosoma ten, ademais, seis pares de apéndices e catro pares de patas marchadoras rematadas nunha quela ou pinza. Son bentónicos e aliméntanse de moluscos e outras materias orgánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘día’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Ánxel Fole publicada por Galaxia en 1953 e que constitúe a súa primeira achega á narrativa curta. Premiada polo Centro Galego de Bos Aires, prologada por Fernández del Riego e ilustrada por Xohán Ledo, foi pioneira na xeira da narrativa de posguerra. Falouse dun libro que achegaba historias das terras do Courel ao tempo que amosaba a fala, costumes e crenzas das súas xentes. Chamouse a atención sobre o misterio e a presenza do sobrenatural naquel feixe de contos -catorce en total- froito dun narrador de fecunda imaxinación e notable capacidade de observación que retomou a tradición do conto folclórico, de dimensión oral -o conto contado- e empregou unha lingua deturpada e imperfecta, pero de gran naturalidade e autenticidade. O escritor sitúa á fronte dos contos un limiar, “Terra do Courel”, interno á ficción que enmarca e cohesiona o conxunto de acordo coa fórmula de conto de contos, empregada, respectivamente, por G. Chaucer, G. Boccaccio e Don Juan Manuel na contística anglosaxona,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘leito’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Alemaña que se estende sobre o NL de Saxonia, o S de Brandenburgo e unha parte de Baixa Silesia. No s IX estaba habitada por tribos eslavas sorabas, que foron sometidas e cristianizadas a partir de 963. Inicialmente dominada polos polacos (1002-1031), diferentes margraves xermánicos someteron posteriormente á escravitude a maior parte da poboación. Incorporada a Bohemia en 1368, pola Paz de Praga (1635) pasou ao electorado de Saxonia, e en 1815 foi dividida entre Saxonia e Prusia. Durante o s XIX os sorabos conservaron a súa lingua e os seus costumes, a pesar da política de xermanización imperante. A República Democrática Alemana tomou medidas para favorecer o desenvolvemento da cultura soraba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Zambia e da provincia homónima (982.362 h [1990]), situada na parte oriental das montañas Kafue Flats, no val do río Kafue, afluente do Zambeze. A súa situación xeográfica proporcionoulle un importante crecemento económico e demográfico. É núcleo de industrias fariñeiras e de algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Zambia (21.896 km2; 1.207.980 h [1990]). A súa capital é Lusaka.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos túrdidos, de pequeno tamaño, ás longas e pico mediano de cor parda, que presenta plumaxe lisa de cores apagadas. Comprende especies moi comúns, como L. megarhynchos, o reiseñor común.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que lle falta un ollo.

    2. Que é curto de vista.

    VER O DETALLE DO TERMO