"xia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 855.
-
GALICIA
Escritora. Licenciada en Xeografía e Historia e Filoloxía Hispánica, é profesora de lingua e literatura galegas de ensino secundario. Publicou os libros Un ano de fábula en catro estacións (1994) e As ás de Xenoveva (1996), clasificados como literatura infantil, a colección de relatos Saturno tamén é Deus (1997) e o conto “O nacemento da humanidade”, no libro colectivo Mini.relatos (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Estado de parálise corporal de poucos minutos de duración, acompañada da caída ao chan do paciente, e habitualmente sen perda da consciencia. Prodúcese de forma súbita a causa dunha emoción intensa e, máis raramente, da narcolepsia.
-
Síncope nerviosa que sofre un animal cando se ve sometido a unha situación extrema ou estresante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sensación cutánea molesta semellante a unha calor intensa e con comechón.
-
CIDADES
Cidade do estado de Rio Grande do Sul, no SL do Brasil, situada na vertente occidental da Serra Geral, na liña de chairas que separan o val do río das Antas e o Caí (313.210 h [1995]). Ten unha importante agricultura vitivinícola e a súa área de influencia é un centro metalúrxico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
cefalea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dor abdominal profunda de localización e orixe imprecisas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Profesor coruñés que impartiu clases na Escola Normal de Lugo e da Coruña. No 1882 acudiu ao primeiro Congreso Pedagógico Español (1882), organizado pola ILE. Publicou Congreso Nacional Pedagógico. Memoria acerca de las discusiones y trabajos verificados por dicha Asamblea (1883) e, dentro da literatura, Fábulas y poesías morales y religiosas (1888).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parálise do músculo ciliar. Comporta a incapacidade do cristalino para modificar o seu poder de refracción, feito que orixina unha parálise na acomodación do ollo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado da fermentación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da medicina que trata as enfermidades, deformidades e traumatismos por medio de operacións manuais ou utilizando instrumentos. A cirurxía, que comprende o estudo das bases técnicas cirúrxicas e a súa práctica, é tan antiga coma a humanidade; en cranios neolíticos atopáronse sinais de trepanacións, probablemente feitas para botar fóra os malos espíritos alí recluídos. Os exipcios xa practicaban a circuncisión e en papiros dos ss XIV e XV a C descríbense temas e casos cirúrxicos. No código de Hammurabi aparecen regulados os honorarios dos cirurxiáns sumerios. Os cirurxiáns hindús primitivos practicaban a rinoplastia, a extracción de cálculos vesicais e as laparotomías. Tamén Hipócrates tratou os temas cirúrxicos e a influencia das súas ensinanzas perdurou na medicina grecolatina. Galeno, malia seguir a doutrina hipocrática, desvirtuouna con numerosos erros, tales como o do “pus loable”, pero a súa autoridade dominou na cirurxía medieval e, en certos aspectos, a realizada ata o s XIX....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que practica a cirurxía. Ex: Está moi ilusionado porque o vai operar unha cirurxiá de recoñecido prestixio.
-
-
Rama da bioloxía que estudia a estrutura e función da célula. O desenvolvemento da citoloxía estivo intimamente ligado ao proceso da teoría celular e aos avances técnicos dos medios de observación, como o microscopio. En 1625 F. Cesi e F. Stelluti publicaron Apiarium, primeira obra coñecida de obxectos examinados co microscopio. Posteriormente, en 1665, R. Hooke editou a súa Micrographia, obra na que aparece a primeira descrición das células vexetais. Segundo Hooke, a cortiza e outros tecidos vexetais estaban feitos de buracos pequenos, que denominou celas pola súa semellanza coas dun panal de abellas. A célula recibiu distintos nomes, ata que, dende comezos do s XIX, se popularizou o nome actual. En 1757 A. von Haller describiu por vez primeira a fibra, e desta idea naceu a dos tecidos, que estudiaría Bichat maxistralmente. Moldenhawer, coa maceración de órganos vexetais, illou as células en 1812 e demostrou que cada unha ten parede propia e...
-
-
Estudio das distintas formas celulares, normais e patolóxicas, dun tecido, dun fluído, etc, que se realiza con finalidade diagnóstica.
-
citoloxía exfoliativa cérvico-vaxinal
Procedemento de diagnose baseado na obtención dunha mostra de células escamadas do colo uterino e da vaxina que, despois dunha tinguidura especial, se observa polo microscopio. Tamén se denomina frottis cérvico-vaxinal, test de Papanicolau ou PAP.
-
-
-
-
Disciplina da xeografía física que ten como obxecto a análise dos climas da Terra, coa determinación das súas variedades e distribución, así como a investigación dos seus efectos bioxeográficos, xeomorfolóxicos, hidrolóxicos, edáficos, económicos e humanos. A climatoloxía e a meteoroloxía son dúas disciplinas distintas, aínda que estreitamente vinculadas e inseparables. Nunha primeira aproximación aparecen trazos diferenciadores: os cultivadores da meteoroloxía son físicos e os da climatoloxía, xeógrafos. Existen, así mesmo, diferencias de obxecto, perspectiva e finalidade. O obxecto do meteorólogo é o tempo, mentres que o do xeógrafo é o clima. O meteorólogo acostuma traballar con datos ao día; en cambio, o climatólogo debe manexar series amplas de datos pasados o máis longas posibles. Hai tamén un evidente contraste de perspectiva: a do meteorólogo é prospectiva, posto que pretende a predición do tempo cara a un futuro próximo; en cambio, a visión do climatólogo é retrospectiva, ten que...
-
Estudio do clima en función das esixencias climáticas das plantas de cultivo para coñecer as condicións medias que lles son máis favorables ou desfavorables de cara a completar o seu ciclo vexetativo.
-
Estudio do clima mediante a análise da sucesión e a frecuencia dos diferentes tipos de tempo, a causa que as orixina, a súa evolución e as súas relacións coa dinámica xeral atmosférica.
-
Estudio do clima en función da súa repercusión sobre o organismo humano. Analiza as propiedades saudables ou prexudiciais dos diferentes elementos climáticos para podelos empregar con finalidades terapéuticas e tamén para determinar as condicións climáticas máis favorables á actividade do home.
-
Estudio do conxunto dos elementos climáticos que afectan a unha área extensa nun momento determinado. Indica cada un dos elementos sinalados sobre as cartas sinópticas e precisa os lugares que rexistran os mesmos valores mediante as isoliñas (isóbaras, isotermas, etc), e tamén a presenza doutros meteoros (neve, brétema).
-
-
-
Que ten un eixe común con outro ou con outros corpos.
-
Que posúe dous ou máis elementos co mesmo eixe. OBS: O x pronúnciase [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia do libro manuscrito que consiste no estudo arqueolóxico dos códices (tamén dos libros impresos antigos) e das súas compoñentes para refacer a súa historia completa. Ocúpase, entre outros aspectos, da forma externa (rótulo, códice), da materia (papiro, pergamiño, papel) e da preparación (punteado, pautado), da composición dos cadernos (alteracións da orde, folios engadidos ou suprimidos), da escritura, da distribución dos textos (columnas, marxes, glosas, indicacións auxiliares, colofóns), das ilustracións (miniaturas, letras capitais), do sistema de copia ou transcrición do texto (pecia, ditado), da encadernación, do estado de conservación e das restauracións.
-
-
Prebenda e dignidade de cóengo.
-
Casa destinada á vida comunitaria dun capítulo de cóengos.
-
Propiedade dun capítulo de cóengos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de colexiar ou de colexiarse.
-
-
de colexiar.
-
Aplícase ao organismo ou clase formado por unha corporación de individuos. Ex: Todas as nosas profesións están colexiadas.
-
Aplícase ao órgano constituído en colexio. Ex: Un tribunal colexiado xulgará os crimes contra a humanidade.
-
Persoa que aplica o regulamento nunha competición deportiva.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao colexio. OBS: Como adxectivo mantense invariable para os dous xéneros. Ex: O acordo colexial decidiu realizar varios proxectos novos. Existe unha disciplina colexial que se debe respectar.
-
-
Relativo ou pertencente ao colexio de cóengos. OBS: Como adxectivo mantense invariable para os dous xéneros.
-
igrexa colexial
Igrexa que ten un colexio de cóengos, pero non é sé episcopal nin arcebispal.
-
-
-
Persoa que estudia nun colexio. Ex: Esas cousas non as volvín estudar desde que era unha colexiala.
-
Estudiante universitario residente nun colexio maior. Ex: Os colexiais de Fonseca percorrían as rúas de Santiago despois da clase.
-
-
Persoa tímida e pouco experimentada. Ex: Eses son caprichos de colexiala.
-
-
-
Calidade de colexial.
-
Doutrina teolóxica segundo a que os bispos, sucesores dos apóstolos por consagración sacramental, se ordenan ao servizo de toda a Igrexa, sobre a que teñen, conxuntamente co papa, potestade plena e suprema. Nas Escrituras, os apóstolos reciben a denominación colexial de Os Doce, e adxudícaselles colexialmente unha tarefa que cumprir. O Concilio Vaticano II considerou que a sucesión episcopal parece máis colexial ca individual, e que se establece non por vía xurídica de concesión papal senón por vía sacramental e con dereito propio. Ten dobre raíz, na consagración episcopal e na comuñón. O seu contido ministerial é triple: ensinar, santificar e rexer. Este ministerio non pode exercerse sen a comuñón co papa.
-