"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como o Mudo, estudou en Italia e criouno Filipe II. Traballou no Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial onde realizou Martirio de san Jaime (1571), Nacimiento de Cristo (1575) e Entierro de san Lorenzo (1579).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten néctar ou que o segrega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Exipto. Foi a esposa principal de Ramsés II (1304-1237 a C), quen fixo construír na súa honra un dos speos dos templos de Abu Simbel (Nubia). Aparece retratada xunto co seu home nos templos de Karnak, Luxor e Abu Simbel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumba da raíña exipcia Nefertari situada no Val das Raíñas. Escavada na rocha, contén valiosas pinturas murais que representan escenas da vida cotiá. Descuberta en 1904 por Ernesto Schiaparelli, non foi ata 1988 cando se iniciaron os traballos de restauración, coordinados por Eduard Porta, que finalizaron en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Exipto. Muller principal de Akhenaton (1379-1362 a C), con quen aparece estreitamente asociada nos relevos que se conservan do seu reinado. Contribuíu á revolución política, relixiosa, económica e cultural do seu home, e a partir de 1366 a C desapareceu da escena política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade que está relacionada co metabolismo dos esfingolípidos e que comporta un atraso mental. É causada por unha deficiencia no enzima esfingomielinase, o que provoca a acumulación de esfingomielinas no sistema nervioso, o fígado e o bazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe italiano. Despois de organizar a vida cenobítica de tradición bizantina en Calabria e noutros lugares, fundou, en Lacio, a abadía grega de Grottaferrata. A súa festividade celébrase o 26 se setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que leva nimbo ou auréola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á rocha ou ao mineral que contén níquel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén nitro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo contra a propagación das armas nucleares que entrou en vigor o 5 de marzo de 1970 asinado por un cento de estados. Estipulaba que os países asinantes non podían formar ou aceptar armas nucleares, nin cedelas ou admitilas en control. Establecido por iniciativa de EE UU, URSS e Reino Unido, non foi aceptado por diversos estados, que vían nel un intento de perpetuar a hexemonía nuclear por parte das grandes potencias, nin tampouco foi ratificado por España. A súa validez foi de 25 anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ámbito de entendemento, nalgúns sistemas filosóficos, xeralmente de carácter cosmolóxico, entendido como a unidade suprapersoal e imaxinada a miúdo como unha entidade real e viva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Película dirixida por F. W. Murnau en 1922 e protagonizada por Max Schreck e Alexander Granach. Considerada a primeira película de terror do cine mudo, trata o tema do vampirismo baseándose na obra Drácula (1897), de Abraham Stoker.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que trae nubes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que produce noces ou froitos semellantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Gravador, pintor, ilustrador, escultor e deseñador de xoias. En 1951 recibiu unha bolsa para a ampliación de estudos en Berlín, onde perfeccionou o gravado calcográfico e a litografía, e traballou con Hubert Hoffmann. Destacou no campo da abstracción e derivou cara a unha neofiguración xeométrica, en parte neocubista, onde as tintas se converteron en organizadoras das gamas cromáticas sobre soportes de distinta natureza, como o téxtil ou o tapiz. Traballou a augatinta, a litografía, o gravado en oco, a xilografía, o carborundo, a serigrafía, a electrografía e a fototipia. Participou en numerosas exposicións internacionais de gravado. Da súa produción destacan a serie Cidade (1981) e obras como Arquitectura (1989), Paso de Almansur (1992) e África (1999). Realizou as estampas de Poemas dos Comeiros de Uxío Novoneyra. Recibiu o Gran Premio de Grabado no II Certamen Nacional de Artes Plásticas (1963), a II Medalla na Exposición...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. En 1894 instalouse en Santiago de Compostela onde impartiu clase na Escola de Artes e Oficios ata que se trasladou a Valladolid en 1911. De estilo ecléctico e modernista, dotou as súas obras de naturalismo historicista e luminosidade. Da súa produción destaca o Busto de Montero Ríos e escribiu a novela autobiográfica Un Obrero (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador probablemente galego. Cabaleiro de condición, pertenceu á corte castelá de Afonso X o Sabio. Da súa produción, localizada nos cancioneiros da Biblioteca Vaticana, da Ajuda e da Biblioteca Nacional, consérvanse 22 textos, trece cantigas de amor, tituladas “Ay eu! de min e que será?”, “Ay mia senhor, u non jaz al”, “Am eu tan muito mia senhor”, “Assi me traj ora coitad Amor”, “Ir-vus queredes, mia senhor”, “Ora veg eu que me non fará ben” (fragmento), “Por Deus, senhor, en gran coita serei”, “Pois naci nunca vi Amor”, “Preguntan-me por quê ando sandeu”, “Quando mi-agora for e mi alongar”, “Que ben que m eu sei encobrir”, “Que prol vus á vos, mia senhor” e “Quer eu a Deus rogar de coraçon”; oito cantigas de amigo,   “Ai, madr , o meu amigo, que non vi”, “Aqui vej eu, filha, o voss amigo”, “Dizede-m ora, filha, por santa Maria”, “Foi-s un dia meu amigo d aqui”, Levad , amigo, que dormides as manhãas frias”, “Que coita tamanha ei a sofrer”, “Trist anda, mia madr(e), o meu amigo” e “Vi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Vigo a partir de 1928. De tendencia socialista, foi dirixido por Xosé Gómez Osorio. Funcionou como voceiro dos ferroviarios afiliados á UGT.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que desprende olor.

    2. Órgano glandular propio de moitos miriápodos, insectos, serpes e mamíferos, de número e situación moi variada, do que a súa secreción serve, a maioría das veces, como comunicación olfactiva especial para a identificación e a atracción sexual durante a época de celo. Nalgúns casos, como nas serpes, os insectos e os miriápodos, serve como órgano defensivo ao segregar substancias repulsivas.

    VER O DETALLE DO TERMO