"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • Cada un dos compostos que resultan da combinación de hidrocarburos con boro. Coñécense, por exemplo, os trialquiboranos, como o trimetilborano B(CH3)3 e o trietilborano B(C2H5)3.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao composto orgánico que contén cloro dentro da súa molécula, e especialmente aos praguicidas orgánicos clorados.

    2. Nome xenérico dun grupo de compostos orgánicos que teñen cloro como constituínte. Teñen unha grande actividade biolóxica e a súa acción perdura moito no tempo. En moitas ocasións os organoclorados utilizados como insecticidas son substituídos por organofosforados, menos persistentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico de diferentes fosfatos de alcohois polihidroxílicos, como o glicerol, o etilenglicol, o sorbitol, o manitol e outros, que se empregan como fertilizantes. Presentan unha excelente solubilidade, que lles permite penetrar ata as capas profundas do solo e actuar sobre as raíces das plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao composto orgánico que contén fósforo dentro da súa molécula, e especialmente aos praguicidas que actúan inhibindo a colinesterase, enzima que hidroliza a acetilcolina.

    2. Nome xenérico dos compostos orgánicos que teñen fósforo como constituínte. Son empregados como plastificantes, fertilizantes e insecticidas. A súa vida media é moito máis curta ca a dos organoclorados.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Descrición dos órganos dun organismo, limitada á forma externa ou tamén á súa estrutura anatómica.

      2. organografía vexetal

        Parte da botánica que describe externamente e estruturalmente os órganos vexetais.

    1. Descrición, con datos históricos, dos instrumentos musicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á organografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce un efecto ou impresión ao tacto, gusto ou olfacto.

    2. Aplícase aos caracteres dos alimentos (cor, olor, aroma, sabor, textura) que perciben os órganos dos sentidos (vista, olfacto, gusto, tacto e oído).

    3. Aplícase ás propiedades dun medicamento que afectan ás impresións sensoriais, principalmente as relativas ás características do sabor e olor, e tamén en menor extensión ao aspecto visual (cor, brillo) e táctil (lisura, rugosidade).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudo dos órganos dos animais ou das plantas, tanto dos aspectos estruturais como dos funcionais.

    2. Disciplina da musicoloxía que estuda as características dos instrumentos desde o aspecto acústico e mecánico. A organoloxía clasifica os instrumentos en aerófonos, cordófonos, idiófonos, membranófonos e electrófonos, coas correspondentes subdivisións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • composto organometálico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos compostos organometálicos.

    2. Cada un dos compostos que conteñen un ou máis átomos de carbono enlazados directamente a un átomo metálico. Existen dous tipos: os organometálicos puros, que conteñen exclusivamente radicais orgánicos unidos ao metal; e os mixtos, que conteñen ao mesmo tempo radicais orgánicos e inorgánicos unidos ao metal. Desde o punto de vista do tipo de enlace, poden clasificarse en iónicos, formados unicamente polos metais máis electropositivos; e covalentes, entre os que están os que presentan enlaces σ e os que presentan enlaces π. Dos métodos de preparación máis xerais para elementos dos grupos principais destacan a reacción de derivados haloxenados con metais, a reacción dos compostos formados polo método anterior cun metal ou haloxenuro metálico para intercambiar o metal e a adición de hidruros metálicos sobre dobres enlaces. Polo que respecta ás reaccións químicas, a presenza dun metal unido ao carbono pode inducir neste un comportamento aniónico, como nos reactivos de Grignard, ou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto da obra lóxica de Aristóteles, coñecida con este nome a partir dos comentaristas neoplatónicos do s VI. O nome déuselle polo feito de que Aristóteles consideraba a lóxica como un instrumento (órganon) do pensamento para o recto procedemento científico. Constitúe a obra máis destacada da lóxica tradicional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lesión ou enfermidade nalgún órgano do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á produción e ao desenvolvemento dos órganos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispersión coloidal dun material insoluble nun medio orgánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de metabolismo heterotrófico dos organismos que utilizan compostos orgánicos como doadores de electróns. Os fungos e moitas bacterias presentan organotrofia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta organotrofia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afinidade química que presentan certas substancias por algúns órganos ou tecidos do corpo ou certos xermes por algunha parte do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Última fase do desenvolvemento embrionario, en que as células e os tecidos sofren transformacións e desprazamentos encamiñados á formación estrutural e funcional dos órganos. Comeza estimulando a formación do sistema nervioso, a notocorda e o metámero, e sucédense as inducións secundarias, a miúdo concatenadas e subordinadas, na formación de órganos múltiples ou das súas partes fundamentais. Cando a oroxénese se completa, acaba o período de desenvolvemento embrionario e pode comezar a vida larvaria, ou ben o período fetal nos organismos de desenvolvemento directo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á organoxénese.

    VER O DETALLE DO TERMO