"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • PERSOEIRO

    Filósofo, etnólogo e avogado. Catedrático de Ética na Universitat Autònoma de Barcelona. Estudiou o pensamento moral e xurídico hispánico dende unha perspectiva tradicionalista afastada do positivismo. En colaboración co seu irmán Joaquim escribiu Historia de la filosofía española: filosofía cristiana de los siglos XIII al XV (1939-1943). Publicou diversas investigacións sobre filósofos, xuristas e médicos como Luis Vives: su significación hispano-renacentista (1942) ou Balmes y la filosofía de la historia (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, xornalista e político. Licenciado en Dereito (1882), exerceu como profesor de historia de Catalunya nos Estudis Universitaris Catalans (1891-1922) e no Ateneu Enciclopèdic Popular. Membro da Lliga Regionalista, foi presidente da Joventut Conservadora (1890), rexedor do concello de Barcelona (1891-1922) e cónsul da República Dominicana en Barcelona desde o ano 1900. Como xornalista empregou o pseudónimo César Cardiran. Dirixiu a Revista Mercedaria (1918) e foi colaborador de Illustració Catalana (1896), Las Noticias (1919-1930), La Vanguardia (1930-1935) e Diari de Barcelona. Entre as súas obras destacan Geografía General de Cataluña (1908-1918), Geografía General del País Vasco-Navarro (1921?), Geografía del Reino de Valencia (1922), Geografía del Reino de Galicia (1928-1923) na que colaboraron, entre outros, A. Couceiro Freijomil, Uxío Carré Aldao, Anxo do Castillo, Vicente Risco e Juan Rof, e El folklore y costumbres de España (1933). Foi presidente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenor. Debutou no Liceu de Barcelona aos once anos de idade (3.1.1958) como Trujamán do Retablo de Maese Pedro, de Falla, e posteriormente participou en La bohème de Puccini e na estrea da ópera Amunt de Manuel Altisent. Entre 1964 e 1966 estudiou canto con Jaume Francesc Puig e Joan Ruax. Estreouse profesionalmente o 8 de xaneiro de 1970 interpretando a Flavio da Norma de Bellini, ao lado de Monserrat Caballé. As súas primeiras actuacións de relevancia tiveron lugar no Liceu (Gennaro de Lucrezia Borgia e Ismaele de Nabuco) e en Donostia (Arturo de Lucia di Lammermoor). Gañou o concurso Giuseppe Verdi de Parma (1971) e debutou nese mesmo teatro en 1972 ao carón de Katia Riciarelli, como Rodolfo de La bohème. Actuou nos principais teatros do mundo, e no Colón de Bos Aires, en San Francisco; no Metropolitan de Nova York e en Múnic, en Viena e no Covent Garden de Londres ou na Scala de Milán. En 1976 interpretou en Salzburgo o Réquiem de Verdi. Cantou ao lado de Monserrat Caballé,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma castelá correspondente ao apelido galego Carreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante e político. Ingresou na Mariña de Guerra en 1918 e incorporouse no 1937 á Guerra Civil baixo as ordes do xeneral Franco. En 1940 realizou un informe no que recomendaba a neutralidade española na Segunda Guerra Mundial. Ocupou diversos cargos durante o franquismo como ministro subsecretario da Presidencia (1951), vicepresidente do goberno (1967) e presidente dende xuño a decembro de 1973, data na que morreu víctima dun atentado de ETA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse na Real Sociedad de Amigos del País de Santiago de Compostela, onde foi discípulo de Xosé Fenollera. Formou parte da chamada Xeración Doente. Trasladouse a Madrid cunha bolsa concedida pola Deputación da Coruña e alí coñeceu a Sorolla, do que foi discípulo, ao tempo que traballaba no obradoiro de Manuel Domínguez. Protexido por Montero Ríos, foi nomeado restaurador do Museo del Prado. Durante os seus anos de formación realizou álbums de debuxos e obras nas que representaba personaxes populares retratados con realismo como La Cabeza de anciano. En Madrid amosou a súa preocupación polo realismo social en obras como Víctima del trabajo (1899). Desde 1900 abandonou a temática social para achegarse aos modelos franceses dominantes neses anos e realizou obras nas que predominou unha fonda preocupación polo luminismo propio de Sorolla, que incidiu nunha evolución da paleta desde as gamas azuis (Anciano sentado a la luz de la luna) ata os ocres, terras e laranxas en lenzos que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Logo de licenciarse na Academia de Infantería de Toledo foi enviado a África. Á súa volta destinárono a Murcia e posteriormente a Vigo como capitán do rexemento de Infantería. O 20 de xullo de 1936 participou activamente na sublevación da guarnición de Vigo ao proclamar nun bando, lido na Porta do Sol, o estado de guerra. No transcurso da súa lectura morreron vinte persoas e cincuenta resultaron feridas. Foi o responsable da represión desatada na área de Vigo (Lavadores, Cabral, O Calvario, Teis, etc) que durou ata o día 26 de xullo e que causou numerosas víctimas civís. Tamén dirixiu a represión en Tui, onde resistían os agraristas, os grupos próximos á CNT e á Fronte Popular, leais á República. Logo das súas actuacións en Galicia foi destinado á fronte asturiana, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cesuras baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carruaxe de transporte, máis baixo ca o carro, longo e estreito, xeralmente con dúas rodas e un cabezallo onde vai suxeito o xugo.

    2. Utensilio para o transporte de obxectos, formado por un caixón onde vai colocada a carga, unha roda na parte dianteira e dous paos longos na parte traseira que serven para agarrar, levantar e conducir o aparello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cousas que se cargan dunha soa vez nun carro ou nunha carreta.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cilindro de madeira ou doutro material duro cun disco en cada extremo, xeralmente furado no eixe para poder encaixalo nalgún aparello, no que se enrola un fío, un cable, unha corda ou outro material flexible.

      2. Conxunto formado polo cilindro e o fío, cable, película, fita ou outro material enrolado nel.

      3. Rolo de película fotográfica que vai introducido nun pequeno estoxo cilíndrico para que non lle afecte a luz exterior, provisto dun eixe que permite que a película do interior vaia desenrolándose.

    1. Instrumento, colocado na cana de pescar, provisto dun mecanismo que consiste nunha manivela coa que se fai xirar a bobina na que está debandada a sedela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao carro ou á carreta.

    2. Aplícase ao carro que está nivelado.

    3. Persoa que conduce carros ou carretas. Na tradición oral recóllense ditos coma: “O mal carreteiro para de noite no sendeiro”.

    4. Cesto fondo, sen asa, que serve para transportar a uva na vendima.

    5. Cilindro máis pequeno de madeira onde se enrola a corredeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao carro ou á carreta.

    2. Aplícase ao carro que está nivelado.

    3. Persoa que conduce carros ou carretas. Na tradición oral recóllense ditos coma: “O mal carreteiro para de noite no sendeiro”.

    4. Cesto fondo, sen asa, que serve para transportar a uva na vendima.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cilindro concéntrico, que leva dúas rodas metálicas nos extremos de maior diámetro que aquel, utilizado para enrolar os cables de amarre.

    2. Cilindro máis pequeno de madeira onde se enrola a corredeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Gravador, debuxante e pintor. Colaborou en diferentes publicacións como El Museo Universal, La Ilustración de Madrid, La Academia e La Ilustración Española y Americana. Especializouse no gravado en madeira e na técnica da acuarela. Obtivo unha medalla na Exposición Nacional de 1876.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e novelista. Coñecido co pseudónimo de El Caballero Audaz, fundou e dirixiu La novela semanal e obtivo grande éxito como autor de novelas folletinescas e pornográficas. Publicou, entre outras obras, La virgen desnuda (1910), De pecado en pecado (1918) e La sin ventura (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carro pequeno de man, composto por unha plataforma para a carga, xeralmente cunha roda central, dous pés para apoialo no chan e dúas varas polas que se suxeita para conducilo.

    2. ehículo empregado para o transporte de materiais, polo xeral motorizado e provisto de mecanismos adecuados para a elevación da carga. Entre as destinadas unicamente ao transporte, a máis empregada é a carretilla manual, que consiste basicamente nunha plataforma ou caixa montada sobre rodas; a carretilla tractora está provista, ademais, dun motor eléctrico ou térmico. A carretilla elevadora ten un dispositivo (mecánico, eléctrico ou hidráulico) que permite elevar as cargas ata unha altura suficiente para o seu transporte, ou ben está dotada dunha plataforma, unhas pinzas ou unha galla que permite colocar os cargamentos a unha certa altura. Para grandes cargas, como contedores, emprégase a carretilla pórtico, de grandes dimensións e estrutura elevada, que permite colocar a carga na súa cavidade interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que traballa manexando unha carretilla.

    VER O DETALLE DO TERMO