"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
PERSOEIRO
Escritor e crego francés. Escribiu a primeira parte do Roman de la rose, en que está patente a influencia do amor cortés.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Arquipélago francés, de orixe coralina, situado en Melanesia, Oceanía (2.072 km2; 15.510 h [1983]). Depende administrativamente de Nova Caledonia. As illas principais son Ouvéa, Lifou e Maré.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fortificación situada en Lugo, de planta cuadrangular e cos ángulos suavizados, que ocupa unha zona de terreo topograficamente irregular cunha superficie de 34,4 Ha, e ten un perímetro polo seu camiño de ronda de 2.117 m. Formaba parte dun sistema defensivo completo integrado por un foso, a propia muralla e o intervallum. Os materiais empregados na súa construción foron laxes de lousa e bloques de granito, cun núcleo de morteiro fabricado con terra, pedra solta e cantos, cementado con auga, cun espesor medio de 4,20 m, unha altura que oscila entre os 8 e os 12 m pola súa parte exterior, e cunha lonxitude dos lenzos entre os cubos que oscila entre os 8,80 e 9,80 m ata os 15,90 e 16,40 m. Na súa orixe debeu contar con 85 ou 86 torres, depende da fonte, pero só se conservan 71 cubos, 60 de planta circular e 11 cuadrangulares. Conta con dez portas, cinco de época romana: a Porta Miñá que comunicaba con Iria Flavia (Padrón) e a Porta Falsa, que enlazaba co camiño para Lucus Asturum...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa conserveira fundada en 1994 na Pobra do Caramiñal co obxectivo de crear produtos de calidade. Dedícase á produción de conservas artesanais de produtos do mar e ten como especialidade as delicatessen. Traballa para o mercado estatal, aínda que tamén distribúe os seus produtos nalgúns países da Unión Europea.
-
PERSOEIRO
Relixiosa. Foi discípula de san Vicente de Paul e fundadora da congregación Fillas da Caridade. A súa festividade celébrase o 15 de marzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou de l´Hospital (París 1661 - 2.2.1704) Matemático. Discípulo de Leibniz e de Johan Bernoulli, deu a coñecer o cálculo diferencial e integral inventado por Leibniz e estableceu a regra que leva o seu nome.
-
CIDADES
Cidade do mu Palatino; ḥ āfa Palatino; ẓ a de Al- Palatino; Ḡ arbīya, Exipto (394.924 h [1996]). Está situada no delta do Nilo e é o principal centro téxtil de algodón de Exipto.
VER O DETALLE DO TERMO -
FAMILIAS
Familia de editores ingleses fundada por Daniel Macmillan (1813-1857). Asociado co seu irmán Alexander Macmillan (1818-1896), adquiriron diversas librerías e conseguiron extraordinarios éxitos con obras de Ch. Kingsley, A. Huxley, L. Carrol e Th. Hugues, entre outros. Converteuse, como sociedade limitada (1893), nunha das editoriais máis importantes do mundo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Edwin Mattison McMillan.
-
PERSOEIRO
Político e editor. Director da editorial Macmillan, foi ministro plenipotenciario no N de África. Deputado conservador (1924), foi nomeado ministro de Defensa (1954), de Asuntos Exteriores (1955), chanceler do exchequer (1955-1957) e primeiro ministro (1957). O caso Profumo obrigouno a dimitir (1963). Publicou unha autobiografía (1966-1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tecido de algodón orixinario de Madapollam (Hindustān), que se une con tafetá e que se branquea. É de mellor calidade ca o percal e emprégase para a roupa interior branca.
-
MONTES
Monte situado no extremo S da parroquia de Cerreda (Nogueira de Ramuín). O seu cumio acada os 1.178 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asalto a Madrid por parte das forzas do xeneral Franco durante a Guerra Civil Española (1936-1939). A batalla tivo tres fases. Primeiro, o ataque á cidade polo S (7-23 de novembro de 1936) pero as tropas non puideron atravesar a Ciudad Universitaria. Despois, do 29 de novembro de 1936 ao 16 de xaneiro de 1937, as tropas franquistas fracasaron no intento de ocupar Madrid polo O, e en febreiro e marzo de 1937 non puideron illar a cidade atacada polo E. Durante esta terceira fase tiveron lugar a Batalla do Jarama e a de Guadalajara.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón (2.056 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura e a gandería. A actividade industrial céntrase nos derivados do sector agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse con Antonio González Ruiz na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, institución da que foi director (1795). Entrou ao servizo de Carlos III e foi designado inspector da Real Fábrica de Tapices (1770-1771), asistente de director de pintura en San Fernando (1771) e pintor de cámara, xunto con Goya. Pintou frescos na colexiata de San Ildefonso de La Granja, na catedral de Toledo, na catedral de El Burgo de Osma, na Casita del Príncipe de El Escorial e na de El Pardo e no Palacio Real de Madrid, onde destaca A Apoteosi d’Adriá. Cultivou a pintura relixiosa como La mort del beat Gaspar Bono (1787) ou La conversió del duc de Gandia (1787) e o retrato como o de Vicent Blasco (1790).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte interior carnosa dalgunhas froitas.
-
REXIÓNS
Rexión de Chile (132.034 km2;158.907 h [estim 2001]). A capital é Punta Arenas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito de América do Sur, descuberto por Fernão de Magalhães en 1520, que separa o continente sudamericano de Tierra del Fuego e comunica o Océano Atlántico co Océano Pacífico. O único porto é Punta Arenas (Chile).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Batalla librada en Magnesia en 190 -189 a C entre os romanos e Antíoco III de Siria. Os romanos conseguiron romper a liña defensiva dos seléucidas grazas á axuda do seu aliado Eumenes II de Pérgamo e tamén a superioridade dos seus lexionarios sobre as falanxes de Antíoco. Este retirouse a Apamea e perdeu o dominio de Asia Menor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de reaccións non enzimáticas que teñen lugar en aminoácidos e azucres redutores. Prodúcese por quentamento ou durante un almacenamento prolongado, e ten un dobre interese no ámbito da tecnoloxía alimentaria xa que é unha das causas da deterioración de moitos alimentos e é un proceso provocado para obter unha aparencia e un sabor característicos.