"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Primate fósil da familia dos anaptomórfidos.

    2. Familia fósil, procedente do Eoceno de Europa e Norteamérica, de primates braquicéfalos da suborde dos lemuroideos, coa porción anterior das órbitas moi grandes, sen sínfise mandibular e con dentición en parte de tipo insectívoro. Pertencen a esta familia os Anaptomorphus. Serviron para relacionar a orde dos primates cos insectívoros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que perdeu ou tende a perder as flexións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista literaria aparecida en Vilalba nos anos oitenta do século XX, onde figuraban creacións poéticas e narrativas de escritores locais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Individuo que pertence ao pobo anaquita.

    2. Pobo que habitaba na parte montañosa de Xudea, cando Israel comezou a conquista de Canaán. Foron exterminados por Xosué e Caleb.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada procedente do grego que se emprega na composición de palabras co significado de ‘anárquía’ ou ‘anarquismo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • comunismo libertario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que atribúe aos sindicatos un papel fundamental na reivindicación laboral obreira e na loita pola consecución da revolución social. A fusión do pensamento bakuninista e a acción societaria por medio dos sindicatos obreiros creou un primeiro movemento anarcosindicalista, especialmente forte na Península Ibérica. Pero foi coa CGT francesa (1895) cando deu un gran salto e perfilou as características esenciais da súa doutrina: apoliticismo, acción directa e folga xeral para conseguir a instauración dunha sociedade sen clases. O anarcosindicalismo tomou parte das ideas de Marx, no que se refire á loita de clases e á organización independiente do proletariado, pero rexeitaba a creación dun partido político obreiro; do anarquismo, recolleu a negación da acción parlamentaria; de Georges Sorel, a teoría da folga xeral e a negativa a considerar a folga xeral como unha simple abstención do traballo ou como manifestación de masas. Estes principios foron recollidos na carta de Amiens (1906),...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao anarcosindicalismo.

    2. Partidario do anarcosindicalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sociedade ideal organizada sen goberno.

      1. Desorde por ausencia ou debilidade da autoridade pública, por falta dun xefe ou dunha autoridade.

      2. Desorde, confusión que se crea nun acontecemento público, por falta de orde, espacio, etc.

    2. Fase previa á codificación dunha lingua na que conviven multitude de normas que dificultan o proceso de normalización.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á anarquía.

    2. Que implica anarquía.

    3. Que tende a producir a anarquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina político-social que preconiza a liberdade total da persoa humana, o pacto ou libre acordo deste cos seus semellantes e a desaparición do estado e da propiedade privada para crear unha sociedade na que non deben existir clases nin intereses privados. O seu ideal é unha sociedade sen goberno. Considéranse como precursores: a Campanella, autor da Cidade do Sol; Thomas More, de Utopía; Mably e outros. Non obstante , William Godwin (1756-1836), foi o primeiro pensador propiamente anarquista: na súa obra Investigacións sobre a xustiza política rexeitaba o estado e a propiedade privada, e propugnaba unha sociedade economicamente igualitaria. Pierre Joseph Proudhon e Mikhail Aleksandrovič Bakunin son os dous teóricos do anarquismo máis importantes do s XIX que atoparon nos escritos de Coeurderoy, Rousseau, La Boetie, Bellegarrigue e Dejacques, principios e críticas que ampliaron e profundizaron. Así mesmo, as bases científicas do anarquismo están definidas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao anarquismo.

    2. Partidario do anarquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de anarquizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que anarquiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Producir a anarquía.

    2. Propagar o anarquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas bienais ou perennes, da familia das escrofulariáceas, de follas basais enteiras e coas caulinas palmatisectas. Flores zigomorfas, pequenas, azuladas e con esporón. En Galicia están presentes A. bellidifolium en ambientes secos e A. duriminium que constitúe un endemismo do noroeste penínsular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de afasia na que non se poden artellar as palabras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome do río Guadiana na época romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia anseriformes ao que pertencen os alavancos, as cercetas e os patos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sumo saderdote xudeu entre os anos 6 d C e 15 d C. Era sogro de Caifás e ocupou esta diginidade anos despois (18-36 d C). Interveu no proceso que condenou a Xesucristo.

    VER O DETALLE DO TERMO