"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
escola nazarena.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Nazaret ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Nazaret.
-
-
Nome co que tamén se coñece a Xesús de Nazaret. Nas imaxes represéntase con túnica morada e a coroa de espiñas.
-
-
Que ou quen entre os hebreos, se consagraba a Iavé mediante un voto, temporal ou para toda a vida. Comprometíase a non tomar bebidas fermentadas, a non cortar o cabelo e a absterse das comidas impuras.
-
Penitente que vai nas procesións de Semana Santa vestido cunha túnica morada e un carapucho.
-
-
-
Relativo ou pertencente á escola nazarena.
-
Seguidor da escola nazarena.
-
...
-
-
-
CIDADES
Cidade de Palestina, no Estado de Israel, situado ao SO do lago de Xenesaret (49.800 h [estim 1991]). A tradición situou aquí a Anunciación á Virxe María e a infancia de Xesús, tamén chamado o Nazareno ou de Nazaret.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do nome persoal grego Nazários e do latino Nazáreus, de orixe étnica, utilizado en ambientes cristiáns co significado de ‘nazareno, oriúndo de Nazaret’. A súa festividade celébrase o 28 de xullo, ademais do 10 de maio e o 12 de xuño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Rio de Janeiro 22.9.1977) Futbolista. Coñecido como Ronaldo, debutou con 17 anos na súa selección. Xogou no Cruzeiro, PSV Eindhoven, FC Barcelona, FC Internazionale e Real Madrid CF. Foi medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996, gañou a Recopa de Europa (1996-1997), a Copa do Rei (1996-1997), a Copa UEFA (1997-1998), a Supercopa de Europa (2002), a Copa Intercontinental (2002), a Liga española (2002-2003) e dúas veces o campionato do mundo (1994 e 2002). Foi premiado co Balón de Ouro en 1997 e 2002.
-
PERSOEIRO
Mártir, fillo de pai xudeu e de santa Perpetua. Educárono no cristianismo e predicou en Milán, onde coñeceu a Celso, co que viaxou a Xenebra e Tréveris. De volta en Milán, morreron ambos os dous durante a persecución de Nerón. A súa festividade celébrase o 28 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da oblast’ de Krasnojarsk, Rusia (55.000 h [1981]), situada na beira do río Culym, afluente do Obi.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura precolombiana que se desenvolveu na rexión costeira do S de Perú desde 300 a C a 1000, no val do río Nazca. Os depósitos desta cultura están no interior, nunha rexión desértica e desolada. Non se coñecen cidades nin centros relixiosos do pobo que a creou. Todos os materiais coñecidos proceden das tumbas, que consisten en pozos profundos e verticais que van parar a cámaras onde están as momias envolvidas con mantos, ponchos e outras pezas de roupa, e xoias de ouro, prata e cobre. Pertencen a esta cultura dúas estrañas realizacións. Por unha parte, existe un monumento chamado La estaquería, formado por longas fileiras de troncos de árbores cravados na terra, de finalidade descoñecida. E pola outra parte, hai un conxunto de figuras e de liñas monumentais (feitas sobre a terra) que, vistas desde o aire, forman figuras de animais ou debuxos xeométricos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
nacionalsocialista.
-
PERSOEIRO
Poeta turco. En Moscova (1921) formou parte na acción do grupo futurista e cando regresou a Turquía, influíu nos artistas novos e nos militantes de esquerda. Soubo innovar a literatura do seu país e liberouna dos modelos oriental e occidental. Destacan as súas obras Jokand ile Si-Ya-U (A Mona Lisa e Si-Ya-U, 1929), Portreler (Retratos, 1935) e Demokles’ in kilici (A espada de Damocles, 1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
nacionalsocialismo.
-
PERSOEIRO
Político e escritor croata. Durante a Segunda Guerra Mundial formou parte da Resistencia e foi elixido presidente do Presídium da República Popular de Croacia (1943-1949). Da súa produción poética destacan Slavenske legende (Lendas eslavas, 1900), Hrvatski Kraljevi (Reis croatas, 1912), Nove pjesme (Poesías novas, 1923) e Partizanke (Cantos partisanos, 1944). Escribiu tamén a novela Pastir Loda (O pastor Loda, 1938-1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico italiano. De nome Salvatore Amedeo Buffa, caracterizouse por interpretar a heroes domésticos, bondadosos e honorables. Deuse a coñecer con Cavalleria (1936), e despois participou en Il bandito (1946), Il brigante Mussolino (1950), Processo alla città (1952), Le notti de Cabiria (1957), Odio mortale (1962), Il gaucho (1964), Nina (1976) e Melodrammore (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Nebra (Porto do Son). No lugar onde existía o pazo, fundouse en 1524 un morgado. A muralla que o pecha data do s XVIII, sobre o que se colocou un escudo de armas que recolle liñaxes como os Caamaño, Lamas, Soutomaior, Ozores, Correa e Castro. Na fachada conserva outro escudo cos apelidos citados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Xornes (Ponteceso). Trátase dun edificio de planta rectangular e de dous andares, con muros de cachotaría de granito revestidos de cantaría encintada. Na fachada principal conta cunha balconada con varandas de ferro forxado.
-
-
Relativo ou pertencente ao neonazismo.
-
Partidario ou seguidor do neonazismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento ideolóxico e político inspirado no nacionalsocialismo. O seu núcleo principal constituíuse en Alemaña coa creación, en 1964, da National Demokratische Partei Deutschlands (Partido da Democracia Nacionalista Alemá, NDPD).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mehmet Nusret.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Nigrán. Datada no s XVII, trátase dun edificio con planta en forma de L e escaleira no ángulo. Conta con patio interior e solaina na fachada sur. Experimentou reformas a finais do s XX, en que se engadiu unha galería nova na fachada lateral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pazo de Cea.