"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

    1. Calidade de estúpido.

    2. Dito ou feito estúpido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen ten ou denota moi pouco entendemento.

    2. Que ou quen resulta inoportuno ou molesto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Asombro ou sorpresa tan grande que impide reaccionar.

      1. Estado de inconsciencia parcial con ausencia de movementos e sen reacción aos estímulos.

      2. estupor epiléptico

        Estupor que segue ao ataque convulsivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cometer estupro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abuso sexual cometido por unha persoa que está dalgún xeito en relación de superioridade sobre a víctima, especialmente de familiaridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe anádromo, da familia dos acipenséridos, de ata 6 m de lonxitude, de esqueleto pouco osificado, corpo longo e pel espida, agás a armadura dérmica reducida a cinco fileiras de grandes placas óseas que se dispoñen ao longo do corpo. A cabeza é grande e presenta un fociño aplanado; os ollos son pequenos e atópanse na base do fociño, e a boca está situada en posición ventral, rodeada de barbelas carnosas e flexibles que lle serven para detectar as presas, normalmente invertebrados e peixes que viven no fondo das augas. Os opérculos branquiais son triangulares, grandes e abertos cara a atrás; as aletas pectorais e as pelvianas son de tamaño medio, a dorsal é única e está situada na parte posterior do lombo oposta á aleta anal, e a aleta caudal é heterocerca e está fendida. No intestino presentan unha válvula espiral característica que comparten coas quenllas. Algunhas especies viven no mar e migran cara aos ríos para desovar, e outras permanecen permanentemente nos ríos e nos lagos. As...

    2. Peixe de ata 2 m de lonxitude que acada un peso de 80 kg, endémico das costas italianas e balcánicas do Mar Adriático. Críase con éxito en piscifactorías de distintos países, entre eles España.

    3. Peixe, de 5 m de lonxitude e 400 kg de peso, orixinario de Turquía, Oriente Próximo, N de África e de todos os ríos europeos ao O dos Urais, e do que só subsiste unha precaria poboación na conca do Garonne, en Francia; é obxecto dun programa de cría en catividade e recuperación en Bordeos. As crías tardan entre 1 e 3 anos en ir ao mar, e acadan a madurez sexual aos 10 anos de idade. A última poboación peninsular foi a do río Guadalquivir, ata que na década de 1960 se construíu unha presa hidroeléctrica en Coria de Río, feito que lles impediu acadar os lugares de desova preto de Córdoba. Entre 1932 e 1970 capturáronse máis de 500 esturións por unha única fábrica que só buscaba a obtención de caviar, e que rematou a súa actividade ao desaparecer estes peixes. Dende entón péscanse esporadicamente algúns exemplares. En Galicia foi moi abundante no río Miño.

    4. Peixe que acada os 1,8 m de lonxitude corporal e un peso de ata 77 kg. É unha especie propia da conca americana do Mississippi.

    5. Peixe de máis de 6 m de lonxitude, propio da conca do río Iang-Tsé.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos estúrnidos.

    2. Ave da familia dos estúrnidos.

    3. Familia de aves á que pertencen os estorniños.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Torrar moito unha cousa.

    2. Deixar que algo se apegue ás paredes interiores dun recipiente mentres se coce.

    3. Torrarse moito algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado dunha cousa demasiado torrada.

    2. Resto de comida que está pegado no interior dun recipiente onde se cociñou.

    3. Gusto ou sabor especial que teñen os alimentos esturrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estróxeno semisintético que deriva do estradiol. É unha substancia que se disolve a uns 183°C e que presenta un hemihidrato de punto de fusión 141-146°C. Emprégase en combinación con diferentes proxestáxenos como anticonceptivo, administrado por vía oral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arranxador, pianista e director de orquestra. Coñecido como Gil Evans, tivo unha formación autodidacta e debutou en Stockton como director de orquestra entre 1941 e 1949. Colaborou coa orquestra de Claude Thornhill e posteriormente traballou con Miles Davis, con quen gravou Birth of the Cool e Miles Ahead. Dende os anos setenta interesouse polos instrumentos acústicos e electrónicos con obras como There Comes a Time (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da cordilleira do Himalaia que constitúe o cumio máis elevado da Terra, con 8.848 m de altitude. En 1847, o enxeñeiro británico George Everest observou a montaña e estimou a súa altitude en 9.000 m, pero non puido elaborar os cálculos precisos para determinar a súa altitude exacta. O seu substituto, Andrew Waugh completou as correccións e ditaminou a súa altitude en 8.840 m, o que acreditou a súa condición de teito do planeta. Waugh propuxo que o cumio recibise o nome do seu predecesor e a Royal Geographical Society aceptouno en 1865. A primeira ascensión ao Everest puido ser a do británico George Mallory en 1924, pero o alpinista e o seu acompañante desapareceron, polo que non se pode asegurar que chegaran ao cume. Os primeiros en coroar con éxito a expedición foron o neocelandés Edmund Hillary e o sherpa Tenzing Norgay, en 1953. O primeiro alpinista galego en chegar ao cumio do Everest foi o porriñés Xesús Martínez Novas, que o acadou en 1996. A viguesa Chus Lago, que o intentara...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa fundada en León arredor de 1960. Conta con máis de 4.000 títulos publicados e está formada por 16 empresas do mundo do libro: Aizkorri, Edicións Cadí, Ediciones Gaviota, Editorial Everest, E. Everest Andalucía, Everdidac Internacional e E. Everest Galicia, con sede na Coruña. A súa liña de traballo está orientada fundamentalmente á literatura infantil e xuvenil e ao material educativo. En lingua galega, as súas coleccións divídense en: “Montaña Encantada”, “Punto de Encontro”, “O meu mundo Disney”, “O Neno, a Nena e o Bau”, “Libros de texto” e “Material educativo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está fóra da Terra, no espazo exterior.

    2. Aplícase ao habitante ou forma de vida que supostamente procede doutro planeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dado ao conxunto de problemas formulados pola penetración económica, política e militar de Europa e dos EE UU nos países do Extremo Oriente, en China, Xapón e Indochina. A mediados do s XIX o peche de América aos produtos europeos obrigou a Europa a buscar novos mercados en Asia. Polo Tratado de Nanquin (1842), o Reino Unido obtivo concesións comerciais en China, seguido despois por Francia, Alemaña e Rusia. Esta penetración tivo como consecuencia a repartición territorial de Indochina entre Francia e o Reino Unido e a transformación de Xapón en gran potencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Dirixiu, entre outras obras, a decoración das salas do pazo do arcebispo Alonso III de Fonseca, que realizou Francisco López (1520), e proxectou a reforma da fachada do Obradoiro da catedral compostelá que realizou M. de Blas (1520). Atribúenselle as táboas do Lavatorio e da Oración na horta da capela de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión dos EE UU comprendida entre o Mississippi e as Montañas Rochosas. O seu afasmento do litoral, onde se asentaran os primeiros colonos europeos, converteuno nun territorio no que se desenvolveu unha cultura peculiar durante os ss XVIII e XIX, baseada nun réxime extensivo e directo de explotación agropecuaria e na violencia nas relacións cos aborixes, cun modo de vida totalmente enfrontado e unha identidade nacional moi forte na maioría dos seus pobos. Coa construción do ferrocarril transcontinental a mediados do s XIX matizouse o seu carácter de rexión periférica respecto aos grandes núcleos urbanos de Norteamérica, localizados nas costas oriental e occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida ao redor de 1982 en Vigo. Subtitulouse “Revista mensual de caza, pesca, tiro y naturaleza”. Editouna e dirixiuna Luis Macías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización estudantil creada en Santiago de Compostela en 1990. Ten como obxectivos, ademais do labor reivindicativo, a formación de asociacións xuvenís, a divulgación dos dereitos e deberes dos alumnos nos centros educativos, a organización de asembleas, conferencias e congresos (política educativa, política lingüística, etc) e a defensa dos alumnos galegos diante das diferentes administracións educativas. Foi a primeira forza estudantil de ensino secundario en Galicia con preto de 350 conselleiros escolares adscritos. Membro activo do Consello Escolar de Galicia e do Consello da Xuventude de Galicia, foi pioneira na celebración de encontros sobre política lingüística entre asociacións estudiantís, en colaboración co Colectivo de Estudiantes Vascos (CEV-EIK) e coa Associació de Joves Estudiants de Catalunya (AJEC). Integrouse na Unión de Estudiantes de España (UDE), e posteriormente no Colectivo de Asociaciones de Estudiantes Progresistas (CAEP), e no ámbito internacional pertence á...

    VER O DETALLE DO TERMO