"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Espora asexuada e inmóbil semellante á célula vexetativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maneira de viaxar por estrada que consiste en solicitar a detención dun vehículo estirando o brazo co dedo pulgar erguido para poder ser transportado gratuitamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica o autostop.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sucesión na que unha comunidade é substituída por outra da mesma composición e estrutura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de autosuficiente, estado ou condición do que se basta a si mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se basta a si mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de suxestión na que o suxeito utiliza para si mesmo unha idea ou un sentimento creado e cultivado pola propia psique, independientemente de toda influencia extraña. Se é voluntaria, pódese empregar como método terapéutico (método Coué); patoloxicamente, atopámola en individuos hiperemotivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suxestionarse a si mesmo, convencéndose, sen motivacións externas reais, de que se ten certo estado, calidade, enfermidade, personalidade, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traballo ou obra artística que ten un fin en si mesma. Como termo específico apareceu co New Criticism para defender a idea de que a obra debe estudiarse como estrutura organizada, da que hai que desterrar a crítica extrínseca. O concepto axudou a promover a teoría da arte pola arte e influíu nas vangardas, sobre todo no Creacionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tempero que adquiren certas aliaxes por simple arrefriamento ao aire libre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enquisa realizada por unha persoa a si mesma mediante unha serie de preguntas valoradas por puntos ás que debe responder con si ou con non.

    2. autocomprobación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade de reprodución que se caracteriza pola obtención de medias tintas a base de puntos de medida diferente, mediante a interposición dunha trama entre o obxectivo e a placa sensible dunha máquina fotográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno de autoamputación dunha parte do corpo, xeralmente un apéndice, presentado por algúns animais a xeito de mecanismo de defensa. A parte do corpo que se desprende por autotomía adoita rexenerarse; nalgunhas especies, a autotomía dun órgano só se pode producir unha vez, pois a rexeneración impide a repetición do fenómeno. É frecuente nalgúns artrópodos (arácnidos, insectos, crustáceos) a autotomía dos apéndices; nalgúns equinodermos, a dos brazos (ofiuras) ou a da totalidade ou parte das vísceras (holoturias); nalgúns réptiles (lacértidos, ánguidos), a da cola, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incapacidade para localizar correctamente as diversas partes do propio corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformador provisto dun único enrodelamento por columna que fai simultaneamente os papeis de primario e de secundario. Os terminais do circuíto de alta tensión son sacados do enrodelamento e, os de baixa tensión, dun punto do medio. Pode servir como elevador ou como redutor de tensión. É máis económico que un transformador común, pero no caso de cortarse fortuitamente o enrodelamento común, o circuíto de baixa tensión recibe a alta tensión directamente, e iso limita o seu uso.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Método de urxencia que consiste en conseguir un volume de sangue adecuado nos sectores máis vitais do sistema circulatorio. Isto conséguese comprimindo cunha vendaxe os puntos máis distais do sistema (brazos e pernas), reducindo así o continente.

      2. Método para retornar o sangue extravasado á circulación. O sangue vertido na cavidade peritoneal, sobre todo en casos de ruptura dun embarazo ectópico ou do bazo, recóllese durante a intervención cirúrxica e transfúndese inmediatamente á circulación xeral do paciente.

    1. Transfusión do propio sangue recollido con antelación cando está prevista unha necesidade futura, como é o caso da práctica dunha intervención cirúrxica. Este método evita a posibilidade de transmisión de enfermidades infecciosas e os efectos secundarios que eventualmente se producen nas transfusións de sangue de doadores. Se esta técnica se emprega en deportistas ou en animais de carreiras considérase dopaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso cirúrxico de restauración de partes danadas, mutiladas ou que faltan dun organismo, por transferencia de tecidos obtidos previamente do mesmo organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axustar unha curva ao perfil dun gráfico de mapa de bits. Trátase dun comando dos programas de debuxo que lle dá instrucións ao ordenador. Cando este gráfico se delinea, isto é, cando se converte nun gráfico vectorial, manipúlase con máis facilidade no programa de debuxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de nutrición dos organismos que, para fornecer as súas necesidades metabólicas, só incorporan do medio produtos inorgánicos ( litotrofia). A fotolitotrofia, a autotrofia clásica, é a que presentan as plantas verdes, que empregan a auga como fonte de electróns, anhídrido carbónico e sales minerais (nitratos, etc) como materia orgánica reducible, e luz como fonte de enerxía radiante ( fotosíntese). A quimiolitotrofia é a autotrofia propia dalgúns grupos moi especializados de bacterias, que utilizan substratos oxidables inorgánicos como fonte de electróns, anhídrido carbónico e sales minerais como materia orgánica reducible, e reaccións de oxidorredución como fonte de enerxía ( quimiosíntese).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á autotrofia ou aos organismos autótrofos.

    VER O DETALLE DO TERMO