"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Planta herbácea que presenta flores de cor branca e olorosas e froito en drupa.
-
Planta cultivada que presenta as follas rugosas e as flores en distintos tons de cores, desde o laranxa verdoso ao vermello.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao grupo das terras raras.
-
Cada un dos 15 elementos químicos ou números atómicos que van do 57 (lantano) ao 71 (lutecio), que, xunto co escandio e o itrio, forman o grupo das terras alleas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro elemento da serie dos lantánidos, de número atómico 57 e peso atómico 138,905. É branco, fúndese a 920°C e ferve a 3.454°C, oxídase en presenza do aire e transfórmase en La(OH)3. Nos seus compostos actúa co número de oxidación +3. É o máis básico dos elementos das terras raras. Íllase dos seus minerais, a monacita e a lantanita, por cristalización fraccionada, por extracción con solventes orgánicos ou por intercambio iónico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Lantaño (Portas) documentado nunha escritura de 956.
-
AFLUENTES
Afluente pola dereita do río Tines, que nace na parroquia e concello de Outes e desemboca na de Santo Ourente de Entíns (Outes).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado en La Campiña, regado polo río Corbones (3.585 h [2001]). Posúe agricultura e gandería. As industrias son alimentarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Aparato formado por unha cápsula, onde leva pilas ou acumuladores recargables, unha lámpada eléctrica cun reflector luminoso e un interruptor. Adoita proxectar a luz dentro dun ángulo sólido reducido.
-
Farol de man cunha cara de vidro e cun mango ou unha asa fixados xeralmente na parte oposta.
-
lanterna xorda
Lanterna na que se pode tapar a vontade a cara do vidro.
-
-
Ciborio de vidro que inclúe a óptica do fogo dun faro.
-
Construción de planta circular ou poligonal que se erixe como remate dunha cúpula ou torre coa finalidade de iluminar os interiores a través dos vans laterais abertos no seu corpo.
-
-
Nome que reciben diversas especies de peixes óseos da familia dos mitófidos.
-
lanterna atlántica [Lampadena urophaos atlantica, Fam dos mictófidos]
Peixe óseo, de ata 20 cm de lonxitude, que presenta o corpo alongado e comprimido lateralmente, a maxila inferior un pouco máis saínte que a superior, e a abertura da boca sobrepasa o nivel da órbita. Ten unha soa aleta dorsal, presenta placas luminosas no pedúnculo da cola e fotóforos espallados baixo a liña lateral. Polo día está en augas profundas (ata 1.000 m) e pola noite ascende ata os 50 m.
-
lanterna maderiense [Ceratoscopelus maderensis, Fam dos mictófidos]
Peixe óseo, de ata 8 cm de lonxitude, que presenta o corpo alongado e comprimido lateralmente, unha soa aleta dorsal e moitos fotóforos de cor dourada por debaixo da liña lateral. É de cor acastañada e durante o día atópase entre os 200-800 m de profundidade.
-
...
-
-
-
-
Persoa que se dedica á elaboración e venda de lanternas.
-
Persoa que se ocupa de limpar, acender e apagar lanternas ou do mantemento da iluminacion pública.
-
-
CIDADES
Cidade da provincia de Bos Aires, Arxentina (466.755 h [1991]). É un núcleo industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Protagonizou un intento de golpe de estado contra o réxime de J. D. Perón en 1951. Embaixador na Santa Sé (1956), foi subdirector da Escola Superior de Guerra (1960). Presidente da Junta de Comandantes (1971), foi o presidente virtual da república entre 1971 e 1973. Neste período tentou controlar a espiral inflacionista e convocou eleccións nacionais para restaurar o goberno civil en marzo de 1973, nas que resultou elixido Héctor J. Cámpora. En 1977 foi detido por corrupción, pero finalmente foi absolto.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Pelo fino e suave que cobre case todo o corpo.
-
Peluxe que cobre o corpo do neonato e que desaparece aos poucos días.
-
Pelo fino e suave, semellante ao veludo, que cobre as follas, as flores e os froitos dalgunhas plantas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está cuberto de lanuxe ou pel moi fina.
-
PERSOEIRO
Modista. Fundou a Casa Larvin en París en 1890, e as súas creacións, nas décadas de 1920 e 1930, no momento art-déco, convertérona nunha das máis importantes creadoras de moda. Foi unha das primeiras deseñadoras que lanzou un perfume (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Terceira serie (ou piso) do Ordovícico, que xace sobre o Arenixián e baixo o Landeiliano. A área tipo é Lanvirn (Gales).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Lanvirniano.
-
-
Roñar ou gruñir os leitóns.
-
Laiarse o can.
-
-
-
-
Arma ofensiva e defensiva, que consiste nun pau longo de madeira que ten na punta un elemento punzante e cortante, como unha folla de sílex ou unha lámina de metal. Empregada especialmente por soldados a cabalo, a miúdo estaba adornada cunha bandeiriña. A invención da lanza pode remontarse á época paleolítica, na que as puntas eran de sílex tallado, posteriormente substituído por metal. Caeu en desuso coa utilización das armas de fogo.
-
Soldado armado cunha lanza.
-
-
Peza longa de madeira unida polo seu extremo inferior á parte articulada dianteira dunha carruaxe, aos lados da que se engachan os cabalos ou outros animais de tiro.
-
-
-
GALICIA
Xornalista. Fundou e dirixiu o semanario La Comarca (1919) e colaborou na revista Nós. Participou activamente no Seminario de Estudos Galegos e publicou Ribadeo antiguo. Noticias y documentos (1933) e Dos mil nombres gallegos (1952). Na súa vila natal creouse unha agrupación cultural co seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO