"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Escritor. Discípulo de Gandhi, é autor de obras nas que denuncia a violencia e as virtudes esquecidas do mundo moderno. Publicou Le Pèlerinage aux sources (1943), Approches de la vie intérieure (1962), Enfances d’une pensée (1970), La trinité spirituelle (1971) e Rien qui ne soit tout (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Bautista Amorós.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo montado nos avións bombardeiros e cazabombardeiros destinado a lanzar bombas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello en forma de canón provisto dun foguete para lanzar a gran distancia unha guía ou cabo delgado para establecer a unión con terra ou outro buque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de canón especial destinado a lanzar cargas submarinas a certa distancia do buque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arma de guerra que proxecta un chorro de lume, de grande eficacia contra fortificacións e casamatas. Inicialmente foi un dispositivo portátil, cun depósito de líquido inflamable, outro de gas inerte a presión e un tubo de lanzamento con acendido eléctrico. Instalado en tanques, un compresor permite imprimirlle maior alcance a unha cantidade maior de líquido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe dado cunha lanza.

    2. Ferida de lanza.

    3. Dor aguda e intensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ermida situada en Noalla (Sanxenxo). Trátase dun pequeno templo construído no s XII que aproveitou elementos dunha construción anterior. Ten planta de nave única con ábsida semicircular. A nave está dividida en dous tramos. O arco de triunfo é apuntado e descansa en columnas pegadas. O retablo é barroco do s XVIII. A fachada principal caracterízase pola ausencia de decoración, só destaca un rosetón de catro lóbulos e o arco apuntado da porta. O derradeiro fin de semana de agosto celébrase a romaría da Nosa Señora da Lanzada, que antigamente duraba unha semana. A ela acoden os mariños a pedir protección, devotos que para afastar o mal varren cunha vasoira o chan inmediato ao altar, e mulleres con problemas de fertilidade que se dan un baño na praia á luz da lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico de 2,4 km de lonxitude, situada entre as puntas de Raeiras e de Lapa do Norte, en parte da costa das parroquias de San Vicente do Grove (O Grove) e Noalla (Sanxenxo). É un areal de gran fino e cor branca que está rodeado por unha ampla zona de dunas que o separa da estrada que bordea a costa. En 2002 deronlle a bandeira azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ría de Pontevedra, situada na parroquia de Noalla (Sanxenxo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga fortaleza situada na praia da Lanzada en Noalla (Sanxenxo). Foi construída por Sisnando, bispo de Iria Flavia cara a 960 para defender as terras de Santiago das incursións normandas e árabes. Foi propiedade da mitra compostelá e en tempos de Diego Xelmírez pertenceu tamén a dona Urraca en diversas ocasións. Durante a Idade Media foi escenario de loitas relixiosas e incursións árabes e foi derrubada durante as Guerras Irmandiñas. A pesar de que apenas se conservan restos, foi declarada Ben de Interese Cultural en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento de época castrexa e romana situado en Sanxenxo, preto da ermida de Nosa Señora da Lanzada. Atopouse unha necrópole con catro niveis de ocupación: o superior de planta circular e realizado en cachotería; o seguinte con construcións de planta circular e cuadrangular e no que se atoparon pezas cerámicas e obxectos de bronce; un terceiro nivel con construcións de planta circular; e o cuarto no que se atoparon fragmentos de obxectos de cerámica. Os restos funerarios atopados corresponden a inhumacións dos ss III e IV segundo os obxectos cerámicos e metálicos encontrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza de madeira dura, de madeira resinificada e prensada ou de material sintético, en forma de barca, coas extremidades afusadas e rematadas coas puntas de ferro, que se emprega para tecer. No interior leva unha canela, da que deixa fuxir o fío de trama cada vez que pasa por dentro a calada do urdido. Nas lanzadeiras de cambio automático de canela Northrop, esta suxéitase por medio dunha pinza e o enfiado é automático.

      2. Peza de forma semellante que teñen as máquinas de coser.

      3. lanzadeira de cintas

        Lanzadeira en forma de estribeira, provista dunha cremalleira, que corre por unhas guías impulsada por rodas dentadas que contén un rodelo de trama. Emprégase en telares de cintas, que xeralmente tecen moitas cintas estreitas simultaneamente.

      4. lanzadeira de patilla

        Lanzadeira de forma arqueada que se empregaba nos teares de man que tiñan táboas.

      5. lanzadeira de regata

        Lanzadeira desprovista de broca e que no interior ten un dentado para reter os copos de fío.

      6. lanzadeira de volante

        Lanzadeira provista de rodas que se empregaba en teares de man que tiñan táboa.

    1. Sistema de transporte espacial baseado na idea de foguete recuperable. Consiste, esencialmente, nun vehículo espacial de forma sensiblemente similar á dunha aeronave, dotado dun motor principal de combustible líquido ou SSME (Space Shuttle Main Engine), que se lanza coa axuda do pulo dun conxunto acelerador -un tanque exterior máis dous foguetes aceleradores ou SRB (Solid Rocket Booster)-, que se separa do vehículo cando acada a órbita desexada (o tanque exterior destrúese ao caer, e os SRB son recuperados). Unha vez completada a misión programada, o vehículo retorna á terra planando e aterra nunha pista de dimensións especiais. A idea de abaratar o custo dos programas espaciais baseados nos foguetes non recuperables estimulou o proxecto estadounidense Space Shuttle (lanzadeira espacial). A NASA construíu ata 1985 catro unidades da lanzadeira espacial (o Columbia, o Challenger, o Discovery e o Atlantis). O CNES francés desenvolve os estudios para a consecución...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de lanzar ou lanzarse.

    2. Que ou quen é decidido ou atrevido.

    3. Que vai moi rápido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen lanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Armazón que serve para o lanzamento de proxectís autopropulsados e sen guía ou de foguetes. O termo emprégase para designar os lanzadores múltiples (MRLS, Multiple Rocket Launcher System), mentres que os individuais e portátiles son lanzagranadas. Montado sobre un vehículo, consta de 12 a 20 alvéolos coas súas guías correspondentes. Dispara salvas de proxectís de 100 a 300 mm cun alcance de ata 30 km, cunha cadencia rápida. Utilízase para cubrir zonas, compensando coa súa potencia de fogo a pouca precisión dos foguetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferramenta agrícola, semellante á fouce pero cun mango longo, que se utiliza para rozar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo emisor de néboas ou fumes destinado a ocultar o despregamento de tropas ou medios de guerra, como barcos ou avións, á observación inimiga. Superado este sistema de ocultación polos progresos electrónicos, como radar ou infravermellos, só os tanques conservan na torre, diversos lanzadores de granadas fumíxenas, similares ás que se lanzan a man.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arma portátil que dispara granadas mediante unha carga de propulsión. Na Segunda Guerra Mundial foi empregada polo exército de EE UU, denominado bazooka, e polos alemáns, panzerfaus. O lanzador consistía nun tubo de metal lixeiro e sen recámara (canón sen retroceso). O tiro prodúcese por acendido eléctrico e a granada, de 3 a 4 kg, acada preto de 400 m. Os modelos máis recentes, moi reducidos, adáptanse ao gardamán do fusil de asalto lanzando proxectís de 40 mm. Tamén hai lanzagranadas automáticos, de tiro rápido, montados preferentemente en helicópteros de ataque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é alto e esguío como unha lanza.

    VER O DETALLE DO TERMO