"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Acción e efecto de lanzar ou lanzarse.
-
-
Proba de atletismo que consiste en lanzar a xavelina, o peso, o disco ou o martelo o máis lonxe posible, desde unha zona delimitada e de acordo co regulamento establecido.
-
lanzamento libre
Lanzamento directo a canastra, no baloncesto, desde unha distancia de 4,60 m da táboa, por parte dun xogador ao que se fai falta persoal.
-
-
-
Expropiación mediante un acto xudicial.
-
Acción de obrigar ao arrendatario ou ocupante dun ben inmoble ao desafiuzamento, en execución da sentencia ditada por un xuíz.
-
-
Acción de liberar un foguete que se quere lanzar ao espacio, despois de producirse o acendido do propulsor e no momento no que este toma o pulo necesario para asegurar a resposta dos controis de mando. Nos foguetes de pequenas dimensións, efectúase coa axuda dunha rampa ou dun tubo que controla o seu movemento inicial. Os foguetes de grandes dimensións lánzanse desde unha plataforma provista dun sistema de ancoraxe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plataforma desde a que se lanzan proxectís guiados do tipo mísil. Poden ser terrestres, de asentamento fixo ou móbil, con vehículos lanzamísiles, navais (en barcos ou submarinos) e aéreos (avións e helicópteros).
-
-
-
Facer que algo ou alguén saia disparado impulsándoo coa man, cun dispositivo ou cun mecanismo.
-
Facer saír algunha cousa con forza desde o interior de algo ou alguén.
-
-
Facer ou dicir algo en contra de alguén.
-
Facer saír do interior con forza ou enerxía.
-
Dar a coñecer ou promover algo ou a alguén, especialmente valéndose de medios publicitarios.
-
Botar pola boca algo que estaba no estómago.
-
Expropiar mediante un acto xudicial.
-
Deixarse caer con violencia desde un lugar ou por un lugar.
-
Dedicarse intensamente ou con decisión a algo.
-
-
ILLAS
Illa do arquipélago de Canarias, situada na provincia de Las Palmas (806 km2; 96.431 h [2001]). A capital é Arrecife. Separada da illa de Fuerteventura polo estreito de Bocayna, é a máis setentrional e oriental do arquipélago. De orixe volcánica, está formada por materiais basálticos, lavas e cinzas, e ten unha forma alongada. Está constituída por dous macizos, o N e o S, coa máxima altitude ao N (Peña de Chache, 671 m). O clima é moi árido e a agricultura practícase coa técnica do arenado. Produce cebolas, tomates, figos e viña. A gandería, de ovellas, vacas e camelos, é moi pobre. Practícase a pesca, que deu pé ao desenvolvemento da industria conserveira e de salgadura. O turismo ten unha importancia crecente. Descuberta por Lancellotto Malocello, que lle deu o nome, foi conquistada pola expedición de Jean Béthencourt en 1402.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do antropónimo Lancelote.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Cadavedo (A Pastoriza). O seu cumio acada os 600 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato empregado para poñer os torpedos na dirección axeitada e acompañalos ao comezo da súa carreira, cara a fóra ou cara a dentro da auga. Poden ser sobreacuáticos, cando están incorporados nun barco de superficie ou nunha aeronave, subacuáticos, cando están incorporados a un submarino, e sobreacuáticos de suspensión, os que depositan o torpedo na auga sen darlle pulo.
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Gansu, China, situada na rexión do Noroeste (1.194.640 h [1990]). É o primeiro centro comercial do NL de China. Posúe refinerías de petróleo e unha central hidroeléctrica. Destaca tamén a planta de separación de isótopos do uranio seguindo o principio da difusión gasosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
herba dos úmeros.
-
valdeba.
-
-
-
Nome que reciben distintos peixes dos xéneros Notolepis, Hyperoplus, Sudis e Alepisaurus, que presentan o corpo moi alongado e comprimido.
-
Peixe óseo, de ata 29 cm de lonxitude, que presenta o corpo alongado e comprimido, cabeza forte con ollos grandes e aleta dorsal curta á que lle segue unha adiposa próxima á base da aleta caudal. É de cor abrancazada con puntos negros ao longo do costado. Aliméntase de peixes e crustáceos.
-
bolo común.
-
Peixe óseo carnívoro, de ata 1 m de lonxitude, que presenta o corpo e a cabeza alongados e comprimidos lateralmente, ollos grandes, aleta dorsal pequena e aletas pectorais grandes e amplas. É de cor amarela con puntos negros nas partes ventrais.
-
Peixe óseo, de ata 2 m de lonxitude, que presenta o corpo moi alongado e comprimido lateralmente, aleta dorsal moi longa, que ocupa case todo o dorso, en forma de abano, e pel sen escamas. É de cor verdosa con reflexos azulados no costado. Aliméntase de peixes, cefalópodos e crustáceos.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Louredo (Mos) e que entronca cos Andrade. As súas armas levan, en campo de azul, un carballo ao natural, perfilado de prata e terrazado de sinople e, arrimadas á súa copa, cinco lanzas de prata, coas varas de ouro. Outra variante trae, en campo de prata, unha árbore de sinople, e dez lanzas, apoiadas ao seu tronco; bordo de ouro.
-
-
Relativo ou pertencente a Laos, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Laos.
-
Lingua do grupo tai-kadai do phylum áustrico que se fala en Laos e Siam. De estrutura monosilábica, o laosiano consta de seis tons e rexistra, no seu léxico, unha grande influencia do chinés. OBS: Tamén se denomina lao.
-
Literatura desenvolvida polo pobo de Laos. Os textos máis antigos son inscricións sobre pedra, do s XIII. É dunha gran riqueza a produción relixiosa conservada polos monxes budistas nos seus pagodes. Posúe tamén, de orixe india, manuais técnicos, códigos de leis e costumes, tratados de política e escolmas de preceptos. Os singulares episodios do Rāmāyāna forman o chamado ciclo Phra bak Phra Lam; destaca, así mesmo, o Pañchatantra. A novela en prosa Usaparōt contén unha mestura de elementos budistas e indíxenas. En canto á literatura popular destaca Nam dok mai (Conto das flores), dun gran lirismo e simplicidade.
-
-
PERSOEIRO
Filólogo portugués. Investigador na área de literatura medieval, destacan os seus estudios sobre a lírica galego-portuguesa. Foi un dos fundadores do Centro de Estudos Filológicos (1932), o actual CLUL. Publicou A Cultura Moral e o Ensino da Lingua Francesa (1921), a súa tese Das origens da poesía lírica em Portugal na Idade Média (1929), obra na que defende a tese litúrxica como orixe do lirismo románico, e Lições de Literatura Portuguesa. Época medieval (1934), e en 1940 elaborou as antoloxías Crestomatia Arcaica e D. Duarte e os Prosadores da Casa de Aviz. É autor tamén de Cantigas d’escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses (1965), cunha segunda reedición en 1970 á que lle engadiu materiais procedentes doutras edicións monográficas e tres cantigas; do estudo “A recuperação literária do galego” (1973), considerado fundacional na defensa da asunción do portugués como lingua culta dos galegos; e de Estudos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral da parroquia e concello de Malpica de Bergantiños, situada entre as puntas Redonda e do Boi.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Praia da ribeira esquerda da ría de Pontevedra, situada entre as puntas de Santo do Mar e Lapamán, na parroquia de Cela (Bueu). É unha praia amplia rodeada de vexetación moi cómoda e agradable para o seu uso.
CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 600 metros ANCHURA MEDIA: 30 metros GRAO OCUPACIÓN: Alto GRAO URBANIZACIÓN: Semiurbana PASEO MARÍTIMO: Non
VER O DETALLE DO TERMO
TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Non
ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Si
HOSPITAL MÁIS PRETO NOME:... -
GALICIA
Cura e guerrilleiro. Foi revisor de Gracia e Xusticia e presidente da Academia de Cánones de Santiago de Compostela. En Muxía, ao inicio da invasión francesa, dirixiu a xunta permanente do seu partido xudicial e comandou as tropas que se enfrontaban cos franceses na defensa de Corcubión. Cesado e perseguido, refuxiouse en Vigo e incorporouse á División do Miño coa que participou na Batalla de Ponte Sampaio. Na década de 1820 foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela e provisor.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Corgo. Está documentada no testamento do bispo Odoario (747). Ten planta de nave única e ábsida, as dúas con cuberta abovedada. Da antiga construción románica, só se conserva o arco triunfal, peraltado, semicircular e en aresta, cunha arquivolta tórica, e algún fragmento dos muros. Engadiuselle unha capela, á que se accede por un arco, e unha sancristía no lado N.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor e cantante. Coñecido como Andrés do Barro, en 1969 deuse a coñecer coa canción “O Tren”, producida por Juan Pardo. Na década de 1970 obtivo os seus maiores éxitos musicais con cancións en galego como “Corpiño Xeitoso”, “San Antón”, “Pandeirada”, “Rapaciña” ou “Salgueiro”. Participou no filme En la red de mi canción (1971).
VER O DETALLE DO TERMO