"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Poeta crítico e ensaísta italiano. Coñecido tamén como Franco Fortini, colaborou en numerosas publicacións políticas. O hermetismo influíu na súa poesía, da que destacan Flagio di via (1946), Poesia ed errore (1959) e Una volta per sempre (1963). Dos seus ensaios sobresaen Dieci inverni 1947-1957 (1957) e Ventiquatro voci per un dizionario di lettere (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal francés. Xeneral desde 1939, dirixiu unha división en Montpellier cando os alemáns ocuparon a zona en novembro de 1942. En agosto de 1944 participou no desembarco aliado en Provenza á fronte do Primeiro Exército Francés e expulsou aos nazis de Toulon, Marsella, Lyon e Dijon. En 1945 asinou o armisticio en Berlín. Despois da guerra foi alto comisario e comandante en xefe de Indochina (1950-1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide tóxico contido no opio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extracto de opio composto. O láudano de Sydenham, ademais de extracto alcohólico do opio, contén tintura de azafrán e esencias de canela e cravo. Foi moi empregado no s XIX como analxésico. O láudano de Rousseau faise con opio, mel e levadura de cervexa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide tóxico sintetizable contido en pequena cantidade no opio, que a doses altas produce cambras de tipo tetánico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
John Maitland.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado o pé de Sierra Morena e regado polo río homónimo (1.836 h [2001]). O seu castelo foi declarado Ben de Interese Cultural (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir cristiá. Ao enviuvar, entrou como relixiosa no mosteiro de Santa María. A súa festa celébrase o 4/18 de agosto ou o 18/19 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e arquitecto dálmata. Nacionalizado italiano, en 1453 traballou no arco de Castelnuovo, en Nápoles. Traballou ao servizo dos Anjou desde 1461 e fixo as esculturas da capela Mastrantonio en San Francesco de Palermo (1467-1471). Estableceuse en Francia en 1471 e realizou o retablo do Nazareno da igrexa dos celestinos de Aviñón e o sepulcro de Carlos IV de Anjou na catedral de Le Mans. Foi moi coñecido polos seus bustos femininos, como o de Battista Sforza (1474?) ou Busto di Eleonora d’Aragona (1490?).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto dálmata. Nacionalizado italiano, en 1460 traballou na corte de Mantua e, en 1466, no Palazzo Ducale de Urbino. L. Venturi atribúelle a construción do arco da fortaleza de Pesaro. Considéraselle creador e precursor do Alto Renacemento arquitectónico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de orixe latina, derivado do adxectivo laureanus, quizais co significado de ‘coroado de loureiro, vitorioso’. Presenta os hipocorísticos Louro e Lano. San Laureano (s VI) celébrase o 4 de xullo.
-
PERSOEIRO
Arcebispo de Sevilla. Ordenouse diácono en Milán. Tras ser nomeado arcebispo, combateu a herexía ariana seguindo as directrices do papa. Caeu prisioneiro dun rei ariano e morreu decapitado. Represéntase con vestimenta pontifical e leva como atributo unha azucena, símbolo da pureza, e unha espada como instrumento do martirio. A súa festivididade celébrase o 4 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arthur Stanley Jefferson.
-
PERSOEIRO
Debuxante, escritor e músico francés. Estableceuse en Montpellier desde 1829, onde foi organista. Amigo de Mendelssohn e Schumann. Escribiu e ilustrou Souvenirs d’un voyage d’art à l’île de Majorque (1840).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo francés. Asociado con Martínez Sánchez, descubriu o papel leptográfico. Foi fotógrafo oficial da Casa Real española e reporteiro gráfico de La Crónica. Da súa obra cómpre salientar diversas imaxes sobre as pinturas negras de Goya, as estacións de ferrocarril, a Puerta del Sol de Madrid, o Palacio Real e a Alhambra de Granada. Publicou a serie España artística y monumental (1889) e La Exposición Nacional de Bellas Artes de Madrid (1890)
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do cantón de Vaud, Suíza, situada na beira N do lago Léman ou de Xenebra (114.900 h [2001]). A cidade esténdese a partir dun outeiro que domina o lago, onde radica o núcleo antigo. É un centro terciario e residencial, e a área industrial instalouse sobre todo en Rennes, núcleo próximo. A súa importancia aumentou con motivo da apertura do túnel de Simplon (1906), que a situou na liña internacional París-Milán. Destaca tamén a súa industria hoteleira. Ten universidade desde 1537, polo que rivaliza con Xenebra como centro intelectual da Suíza francesa. É centro de convencións e congresos. En xuño e xullo de 1932 tivo lugar a Conferencia de Lausanne que anulou as reparacións de guerra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Escola de pensamento económico baseada na teoría do equilibrio, encabezada por León Walras e Vilfredo Pareto, que se sucederon na cátedra de economía da Université de Lausanne entre 1871 e 1906. A partir da hipótese dunha competencia perfecta mediante o cálculo diferencial, o método de aproximacións sucesivas e o concepto de curvas de indiferencia, a teoría do equilibrio analiza os problemas de optimización do sistema económico e establece unha situación de máxima satisfacción individual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado o 24 de xullo de 1923 en Lausanne polas potencias occidentais, Grecia e Turquía despois das vitorias turcas sobre os gregos. Aboliu o Tratado de Sèvres (1920) e obrigou a Grecia a ceder aos turcos Esmirna, Tracia oriental e Anatolia e recoñeceulle o control de navegación polos estreitos.
-
PERSOEIRO
Xeógrafo alemán. É o creador dunha metodoloxía de estudo orixinal dentro do eido da xeografía da paisaxe. Gran coñecedor da Península Ibérica, escribiu Portugal (1932-1937) e Die Iberische Halbinsel (A Península Ibérica, 1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben dúas especies de algas do xénero Ulva, U. rigida e U. lactuca, da familia das ulváceas. Son algas laminares de cor verde escura, consistentes e cos bordos ondulados. Atópanse nos niveis intermareal ou infralitoral, adheridas ás rochas ou como epífitas doutras algas. Atópanse en augas ricas en materia orgánica, polo que se empregan como indicadores de contaminación, ou preto da costa. Ricas en vitaminas, son comestibles, pero empréganse máis como abono para a terra. A principal diferenza entre as dúas especies é que a U. rigida presenta uns pequenos dentes nos bordos que non aparecen na especie U. lactuca. OBS: Tamén se denomina leituga de mar.