"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación constituída o 22 de agosto de 1953 no Centro Ourensán de Bos Aires liderada por Vidal Pérez Graña e coa colaboración de Antón Moreda e Antón Santamarina. Entre os seus obxectivos estaba coñecer e espallar a cultura e a realidade galega nos eidos da cultura, a historia, a xeografía, a economía e a lingua. Integrouse na Irmandade Galega e contou co apoio de galeguistas como Bieito Cupeiro Vázquez e Manuel Pedreira. Entre os seus socios destacaron Xosé Neira Vilas, Manuel Cordeiro e Xosé Casal. Impulsaron unha renovación do pacto Galeuzca, coordinándose con entidades xuvenís catalás (Juventut Catalana) e vascas (Acción Vasca).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame literario de narracións breves creado en 1976 polo Padroado Pedrón de Ouro en memoria do que fora presidente da Fundación Pedrón de Ouro, Modesto Rodríguez Figueiredo. O seu obxectivo é promover a literatura narrativa en lingua galega, ademais de homenaxear ao patricio pontevedrés. Algúns dos gañadores deste certame foron Tucho Calvo, Rosa Aneiros, Víctor Fernández Freixanes, Miro Villar e Xoán Ignacio Taibo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Patriarca de Xerusalén. Foi abade de San Teodoro de Palestina e sucedeu a san Zacarías como patriarca de Xerusalén. Escribiu unhas homilías e un panexírico sobre a Asunción. A súa festividade celébrase o 16 de decembro.
-
DISTRITOS
Distrito de Lesotho (3.530 km2; 231.300 h [estim 1995]) A súa capital é Mohale’s Hoek (8.526 h [1986]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista, pai de Alexandre Mon Landa. Militou no Partido Conservador, e foi alcalde da cidade de Pontevedra (1879-1890) e deputado provincial. Foi elixido deputado a Cortes pola Cañiza durante oito lexislaturas (1891-1896 e 1896-1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e filósofo, fillo de Alexandre Mon Landa. Foi deputado a Cortes pola Cañiza ininterrompidamente durante sete lexislaturas (1910-1923) e fundou o Partido Agrario Galego. Escribiu Estudio de los foros en Galicia (1910).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi ministro de Facenda nos gobernos do conde de Ofalia (1837-1838), de Narváez Campos (1844-1846), Istúriz Montero (1846-1847) e, de novo, Narváez Campos (1848-1849). Posteriormente, foi xefe de goberno dun gabinete da Unión Liberal (febreiro-setembro 1864). Realizou a reforma tributaria de 1845, que consistía nun sistema ecléctico de impostos directos e indirectos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alejandro Pidal Mon.
-
PERSOEIRO
Actor. Coñecido como Jean Gabin, foi o prototipo de home duro e un destacado intérprete do inspector Maigret, como en Maigret voit rouge (1963). Cómpre salientar os filmes La nuit est mon royaume (premio ao mellor actor en Venecia, 1951), Touchez paus au grisbi (1954, premio ao mellor actor en Venecia), Archimède, le clochard (1959, Silberner Bär en Berlín), Le chat (1971, Silberner Bär en Berlín) e L’année sainte (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten unha valencia igual a 1.
-
Aplícase ao composto que só é eficaz fronte a unha determinada enfermidade.
-
-
CIDADES
Cidade da provincia de Palermo, no NO da illa de Sicilia, Italia, situada sobre unha terraza na faldra do monte Caputo (25.368 h [1991]). Medrou arredor dun mosteiro beneditino feito construír por Guillerme II de Sicilia e durante os ss XIII e XIV foi vítima de continuas devastacións a causa da rivalidade anxevina e catalano-aragonesa. Ten unha catedral, que destaca, sobre todo, polo conxunto de mosaicos bizantinos dos ss XII e XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Destacou pola súa facilidade melódica e a intuición teatral, e foi un dos creadores da ópera cómica francesa. É o autor de Le cadi dupé (1761), Le roi et le fermier (1762) e Le déserteur (1769).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta italiano. A súa poesía, inspirada en modelos simbolistas franceses, é unha investigación metafísica e tende a un redescubrimento intelectual e consciente da realidade. Xunto con Ungaretti, está considerado como un dos principais representantes da poesía hermética. A parte fundamental da súa obra está constituída polas escolmas poéticas Ossi di sepia (1925), Le occasioni (1939), La bufera e altro (1956), Satura (1962), Diario del ‘71 e del ‘72 (1973), Quaderno di quattro anni (1977), Altri Versi (1980), e as escolmas en prosa Farfalla di Dinard (1956), Auto da fé (1966), Fuori di casa (1969), La poesia non esiste (1971), Trentadue variazioni (1973) e Nel nostro tempo (1973). Postumamente apareceu Quaderno genovese (1983). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1975.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e publicista francés. De nome Charles Forbes René, defendeu a causa dos irlandeses e dos polacos e a liberdade da Igrexa na publicación L’Avenir (1830), que el mesmo fundou. Representante dos liberais, tras o seu fracaso nas eleccións de 1857 dedicouse á oposición. Publicou Les Moines d’Occident depuis saint Benoît jusqu’à saint Bernard (1860-1867).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto arqueolóxico situado en Domaio (Moaña). Escavouse entre 1925 e 1926, e nel apareceron varias casas redondas e ovadas e unha especie de fogar rectangular de paredes moi longas. Na parte máis elevada do terreo tamén se atoparon varios gravados rupestres. Aínda que se considera a súa data de época neolítica, algúns materiais atopados, como fíbulas ou moedas, probaron suficientemente a súa romanización. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, delimitado ao L por Murcia (2.213 h [2001]). A economía baséase na agricultura de regadío e nas industrias derivadas. Dentro do termo destaca o santuario ibérico de Cerro de los Santos e o acueduto, declarado Ben de Interese Cultural en 1980.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á cidade de Montréal ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Montréal.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado á beira do río Genil, ao O da capital provincial (2.943 h [2001]). A agricultura de regadío é importante e a economía compleméntase coa explotación de canteiras e algunhas industrias derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado nos contrafortes da serra de Gata (7.886 h [2001]). A economía baséase principalmente na agricultura de regadío. Tamén destaca a gandaría e industrias derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO