"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
-
-
Usar por primeira vez unha cousa.
-
Comezar a facer uso dunha cousa que antes non fora usada por ninguén.
-
-
Representar, executar ou presentar por primeira vez unha peza teatral, unha película, unha composición musical ou calquera outro tipo de espectáculo público.
-
Comezar a exercer ou practicar por primeira vez un emprego, un cargo, unha profesión ou outra actividade.
-
Comezar a practicar ou realizar a acción que corresponde.
-
Facer un comerciante ou negociante a primeira venda do día.
-
-
-
Facer que algo esverdee.
-
olverse verde unha cousa.
-
Recoller ou consumir un froito antes de que madure.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Descrición dos costumes e trazos morais de alguén.
-
MUNICIPIOS
Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi, no val do río Nervión (6.374 h [1996]). A proximidade a Bilbao fixo que o espazo industrial aumentase considerablemente. As principais industrias pertencen ao sector metalúrxico. A agricultura supón unha pequena porcentaxe en relación aos demais sectores. Tamén son importantes os servicios, que reúnen un gran número de pequenas e medianas empresas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Colaborador en diversas publicacións, escribiu Buruchkak (1910) e Beribilez (1931). Foi membro da Euskaltzaindia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nomós de Grecia, formado polas illas de Eubea e Skyros, situado no Mar Exeo, ao SL da Península Balcánica, desde Tesalia ao NO ata as illas Cícladas ao SL (4.167 km2; 208.408 h [1991]). A capital é Calcis. O seu relevo presenta abundantes formas cársticas. A poboación é principalmente rural e concéntrase na costa. A principal actividade económica é a gandería e nas chairas hai cultivos mediterráneos e tabaco. Tamén son importantes os xacementos de lignito, bauxita e magnesita. A industria redúcese a unhas poucas fábricas de cemento e papel. Incorporada á civilización exea desde o Heládico Antigo II, estivo moi influenciada pola cultura cicládica (2450 a C). Permaneceu á marxe das invasións dóricas, o que lle permitiu desenvolver o comercio da obsidiana coas costas asiáticas do Mar Exeo. O enriquecemento dos propietarios rurais, dedicados á cría de gando e ao comercio, produciu o empobrecemento dos pequenos campesiños libres, que tiveron que emigrar ás novas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
santo (Ri, Normandie 14.11.1601 - Caen 19.8.1680) Eclesiástico francés. Ordenouse sacerdote en 1625 e dedicouse a predicar entre as clases populares. Fundou a congregación feminina da Nosa Señora da Caridade do Refuxio (1641) para ofrecer ás mulleres desamparadas un lugar de acollida. Tamén fundou a congregación de Xesús e María (1643) para a formación de seminaristas. Foi o primeiro en facer unha elaboración teolóxica da devoción ao Sagrado Corazón de Xesús e tamén ao Corazón de María. Foi canonizado en 1925. A súa festa celébrase o 19 de agosto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación Europea de Axencias de Comunicación fundada en 1959 co nome de European Association of Advertising Agencies (EAAA). Con sede en Bruxelas, agrupa as asociacións nacionais de axencias publicitarias e de mercadotecnia de trinta estados europeos. Subdivídese na National Association Council (NAC), na International Agencies Council (IAC) e na Media Agencias Council (MAC). A Asociación Española de Agencias de Publicidad (AEAP) está integrada nesta entidade paneuropea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro europeo de astronautas creado pola ESA en 1990. Situado preto de Colonia, encárgase da selección e da formación de astronautas europeos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia de satélites de comunicacións da ESA, explotados por EUTELSAT. O primeiro destes satélites lanzouse en 1983.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización astronáutica creada en 1962 e que incluía diversos estados europeos e Australia, que cedía a base de lanzamento. Estudiaba a realización do foguete Europa. En 1975 fusionouse coa ESRO para formar a ESA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro satélite de teledetección da ESA lanzado en 1991 na versión ERS-1. Ten como misión controlar o estado do planeta: o nivel das mareas e a altura das ondas dos océanos, a interrelación entre a atmosfera e os océanos, o avance ou o retroceso dos xeos polares, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización europea de investigación e observación astronómica, fundada en 1962 e con sede en Garching (Alemaña). Dispón dunha localización austral, situada a 2.400 m de altura, en La Silla (Chile).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional europea que aglutina a investigación espacial no continente, con sede en París. Creouse en 1975 a partir da fusión da European Launcher Development Organization (ELDO) e da European Space Research Organization (ESRO). Ten como misión promover a investigación e a tecnoloxía espacial con propósitos exclusivamente pacíficos. Está integrada por trece estados: Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Francia, Gran Bretaña, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Suecia e Suíza. Finlandia é un membro asociado e Canadá asinou un acordo de cooperación. A ESA realiza os seus programas mediante o foguete Ariane. Iniciou o programa da estación espacial Spacelab e programou misións interplanetarias, como a da sonda Giotto lanzada ao encontro do cometa Halley en 1986. En 1991 creou o consorcio Spacelink.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización destinada ao desenvolvemento da investigación espacial para a realización de grandes proxectos que sobrepasan a capacidade dun só Estado. En 1975 fusionouse coa ELDO para dar lugar á ESA.
-
PERSOEIRO
Historiador grego e bispo de Cesarea (313?). Amigo e conselleiro do Emperador Constantino, condenou o arianismo no Concilio de Nicea (325). Entre as súas obras destacan o Panexírico ao Emperador Constantino, a Historia Eclesiástica, onde se recollen os tres primeiros séculos do cristianismo, e a súa Chronica, na que se recollía a historia do mundo desde Abraham a Diocleciano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partido vasco creado en 1895 por Sabino de Arana. Limitado inicialmente a Bizkaia, estendeuse a comezos do s XX ás outras provincias vascas do territorio español. En 1911 creouse na súa órbita o sindicato ELA-STV (Solidaridad de Trabajadores Vascos). Participou nas eleccións municipais e provinciais con éxito, ata que en 1921 graves crises internas o conduciron a unha situación límite e a diversos fracasos electorais. Na Segunda República converteuse no máximo defensor da autonomía e do Estatuto. Trala sublevación de xullo de 1936, mantívose fiel á legalidade republicana e no mes de outubro seguiu participando nun goberno autonómico que presidiu o lehendakari José Antonio de Aguirre. Trala toma de Bilbao (xuño de 1937), o nacionalismo marchou ao exilio, instalándose o grupo principal do partido en Francia, onde tomou parte na resistencia durante a ocupación nazi. Volveu á loita clandestina ata a súa legalización en 1977. Desde entón foi a forza preponderante nas sucesivas consultas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Uxío/Uxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima da clase das hidrolases, que cataliza a separación dos nucleótidos dos ácidos nucleicos comezando por un dos seus extremos. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expedición carlista contra Madrid (do 15 de maio a outubro de 1837), dirixida polo pretendente Carlos María Isidro. Saíu de Estella, atravesou Aragón, entrou en Catalunya e chegou ao Ebro a finais de xuño. Proseguiu cara a València e despois de atravesar Cuenca, chegou a Madrid o 12 de setembro. R. Cabrera e os outros dirixentes quixeron asaltar Madrid, pero o cuartel xeral ordenou a retirada. A expedición, perseguida por Espartero, que obtivo unha vitoria en Aranjuez o 19 de setembro, volveu directamente a Navarra.