"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Grupo político consituído en xullo de 1975 por sectores do centro e da dereita saídos do franquismo. O grupo constituíuse a partir da Lei de Sociedades Anónimas e presentouse en Santiago no mes de agosto. Manuel Fraga Iribarne ocupou a presidencia ata ser nomeado ministro de Gobernación no gabinete de Carlos Arias Navarro. Xunto ao Gabinete de Orientación y Documentación Sociedad Anónima, formou o partido político Reforma Democrática en 1976, con carácter centrista, aínda que estaba formado por personalidades saídas da ditadura, que en outuno de 1976, xunto a outros partidos, formou Alianza Popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en 1957 para promover a cooperación entre institucións, entidades, organismos e persoas que por todo o mundo se dedican á investigación teatral. Publica a revista Theatre Research International, e celebra un congreso cada catro anos, xunto con seminarios e outras actividades. Ocúpase da supervisión de traballos como a World Encyclopedia of Contemporary Theatre e dun importante banco de datos sobre bibliotecas, museos, fondos bibliográficos, investigadores e liñas de investigación arredor do feito teatral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e avogado. Licenciouse en Dereito Civil e Canónico. Militou no Partido Liberal e foi elixido deputado por Redondela (1910-1916). Xestionou a construción e mellora das infraestruturas viarias para Redondela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exposición internacional de carácter temporal de maquinaria agrícola, forestal, de obras públicas e de construción, xunto á industria do moble, da alimentación, do turismo e da decoración, que se celebra no recinto feiral de Ferrol para promover o seu coñecemento e venda. O ministerio de Economía e Comercio outorgoulle a categoría de Internacional en 1985. A súa orixe remóntase á Feria de Industria y Artesanía que tivo lugar en Ferrol entre agosto e setembro de 1953, segundo un proxecto do Círculo Mercantil e Industrial para favorecer a economía ferrolá. En febreiro de 1959 constituíuse o Consorcio Pro-Ferias y Exposiciones, que se ocupou da organización da I Feria de Muestras (1963) e solicitou da Asociación de Ferias de España (AFE) o seu ingreso nesta entidade; dende 1964 pasou a denominarse Feria Nacional de la Industria Naval y de Muestras del Noroeste. En xullo do 2002 celebrouse a súa 40 edición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Entallador. De orixe non galega, foi veciño de Santiago de Compostela. Realizou, entre outras obras, unha nave de madeira para a capela da Corticela (1520) e as portas do Obradoiro por encargo dos mestres M. de Blas e G. Colás (1521?). Traballou no túmulo erixido na catedral por mor das exequias de Carlos I (1558) e, ademais da catedral, realizou obras no Hospital Real e no antigo hospital de San Miguel do Camiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estatística que rexe a distribución dun conxunto de fermións en función dos posibles valores da enerxía e das posicións. Ten en conta as regras cuánticas e o principio de exclusión de Pauli. Cando un conxunto de partículas se rexe pola estatística de Fermi-Dirac, a súa función de onda total é antisimétrica respecto ao intercambio de dúas das partículas; é dicir, que cambia de signo baixo o intercambio das dúas partículas. A función de distribución é a distribución de Fermi-Dirac.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Coñecido como Augusto Assía, pseudónimo extraído dun personaxe viaxeiro dunha obra de Tolstoi. Comezou estudiando filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde dirixiu a “Página Universitaria” de El Pueblo Gallego. Posteriormente, trasladouse a París e logo a Berlín, onde foi nomeado lector de literatura española da Universidade Humboldt, e foi correspondente do xornal La Vanguardia. Expulsado de Alemaña en 1933, tralo ascenso de Hitler ao poder e logo de escribir unha crónica sobre uns sacerdotes asasinados, La Vanguardia enviouno como correspondente a Londres, onde permaneceu ata o comezo da Guerra Civil española, momento no que se incorporou voluntariamente ás tropas sublevadas de Franco. Ao remate da guerra volveu a La Vanguardia como correspondente en Londres, onde realizou unha das súas entrevistas máis destacadas a Winston Churchill, tamén alí puido relatar directamente a Batalla de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Naturalista, investigador e escritor. Estudiou na Escola Superior da Mariña Civil da Coruña e licenciouse en 1968 na facultade de Náutica de Barcelona. Fundou e presidiu a Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía e o Instituto Galego de Estudios Mariños, e foi presidente da Asociación de Oficiais da Mariña Mercante. Pertenceu ás xuntas rectoras dos parques naturais das Illas Cíes e do Monte Aloia en representación dos grupos ecoloxistas de Galicia, así como ao Consello Galego de Medio Ambiente. Na área da natureza descubriu as colonias de paíño europeo das costas galegas. Publicou numerosos artigos nas áreas da historia, etnografía, ciencias da natureza, arqueoloxía e espeleoloxía, e libros de investigación, entre os que cómpre destacar Illas de Ons e Sálvora, historia natural e humana, Viaxeiras da auga, Fauna galega para nenos galegos, Cruces mariñas e de mala morte das costas galegas, Illas de Galicia, Cíes y Ons: la ruta de las islas, As covas de Galicia, Tódolos peixes de Galicia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filósofo e ensaísta. Licenciado en Dereito pola Universidad de Madrid, foi destinado a Lugo como funcionario do corpo de Administración Civil do Estado. Nesta cidade desenvolveu un intenso labor cultural participando activamente en parladoiros e asuntos locais. Membro do grupo de pensadores da Xeración de 1936, xunto a Ramón Piñeiro, Xoán Rof Carballo e Domingo García-Sabell, foi un dos revitalizadores do ensaísmo galego no campo da antropoloxía filosófica. Na súa mocidade centrou os seus estudios na filosofía do dereito e na obra de M. Heidegger, para despois interesarse por K. Marx, a fenomenoloxía, F. W. Nietzsche e, nos últimos anos da súa vida, pola obra de K. R. Popper. Vinculado á editorial Galaxia, colaborou, entre outras publicacións, en El Progreso, La Noche, Galicia Emigrante e Grial. No campo da filosofía, a súa obra máis importante foi O segredo do humor (1963), en que tocou a temática humorística desde un punto de vista filosófico e onde definiu o humor como un sutil xogo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo e ampliou estudios no Taller de Pintura Pablo Ruíz Picasso do Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (1999). Recibiu, entre outras, a bolsa de paisaxe da Fundación Mondariz-Balneario (1997). A súa poética repensa a pintura como unha expresión lírica, nunha sorte de paixases emocionais, nas que as veladuras, as luces e sombras, recuperan valores pitóricos tradicionais sen esquecer a investigación constante da materia. Desde 1994 participou en exposicións tanto individuais como colectivas, como o Certame de Pintura Eixo Atlántico do Noroeste, Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1999) e no 2001 Bienal de Lalín, Mostra Unión Fenosa e 767 na Fundación Laxeiro. A súa obra está presente, entre outras, nas coleccións do Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa e na Fundación Mondariz-Balneario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, economista e xornalista. Estudiou dereito en Santiago de Compostela e logo en Madrid. Colaborou nos xornais El Contemporáneo, El Español, La Gaceta Popular, La Ilustración Española y Americana, El Heraldo Gallego, El Eco de Orense e El Derecho. Publicou Retratos y semblanzas (1872) e Portugal contemporáneo: de Madrid a Oporto pasando por Lisboa. Diario de un caminante (1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Franciscano. Foi misioneiro en Marrocos e colaborou na prensa baixo o pseudónimo de Africano Fernández. Publicou España en África y el peligro judío. Apuntes de un testigo desde 1915 hasta 1918 (1918) e Piadosos ejercicios del Via Crucis (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tipógrafo. Residiu en Viveiro, onde foi presidente da asociación mutualista Sociedad de Obreros. Ante os problemas de carestía e escaseza de produtos alimenticios e carburantes, que padeceu a comarca de Viveiro nos anos da Primeira Guerra Mundial, organizou unha cooperativa alimentaria para as persoas afiliadas á sociedade. De ideoloxía socialista, foi impresor de El Heraldo de Viveiro e, posteriormente (1919), redactor de El Defensor Obrero, voceiro de publicación quincenal do proletariado socialista da bisbarra. Colaborou na formación da Agrupación Socialista de Viveiro, creada en decembro de 1921.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Loitou en Cuba (1895-1898) e en Marrocos, onde en 1920, ascendido a xeneral e a axudante de campo do Rei Afonso XIII, intentou unha penetración cara ao interior, coñecida como a Desfeita de Annual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Secretario xeral de FE de las JONS (1934), foi encarcerado tralo triunfo do Frente Popular (1936) e intercambiado polo Mando Nacional no transcurso da Guerra Civil. Foi ministro de Xusticia (1945-1951), ministro secretario xeral do Movemento (1951-1956) e conselleiro nacional do Movemento. Contrario á reforma política, en 1976 promoveu a asociación Frente Nacional Español, que reconverteu ese mesmo ano en Falange Española de las Juventudes Obreras Nacional-Sindicalistas (FE de las JONS), que presidiu ata febreiro de 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Director xeral de Octo Europa Estudios SL. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid. Traballou en Faro de Vigo, La Gaceta del Norte e El Correo Español-El Pueblo Vasco, neste último foi redactor xefe, e como director-adxunto de La Voz de Galicia. Profesor titular de Tecnoloxía da Información na Universidad del País Vasco. Dirixiu as coleccións editoriais “Reportaje-Documento” e “Ahora”. Recibiu, entre outros galardóns, a medalla do Mérito Militar e a insignia de ouro da Sociedad Filatélica da Coruña. Publicou Estudio postal sobre el ejército y las guerras de España e La batalla de Elviña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo escolástico italiano. Comentarista de Aristóteles, foi coñecido por ser o restaurador da tradición tomista coa súa obra Comentario á Summa contra xentiles de Tomé de Aquino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: FEVE.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Solemnidade que conmemora un acontecemento importante do pasado ou que subliña a transcendencia dunha ocasión actual. Implica un tempo e un espazo de celebración e de congregación de persoas para manifestar unha identidade compartida, definida entre outros elementos pola pertenza a un territorio ou a unha familia, o desenvolvemento dunha actividade ou uns sentimentos ou crenzas. Proporciónalle ao grupo a oportunidade para reafirmar a súa cohesión. Na festa sempre apareceron elementos teatrais como carautas, disfraces, diálogos e diversos xogos dramáticos que tiñan finalidades moi diferentes, desde a festiva, tal e como reflicten as liortas do Xan e da Xana, ata a máis ritual, como acontecía coas festas dos tolos, nas que o mundo se poñía do revés por unhas horas, e como acontece cos restos de dramas relixiosos medievais, espallados polas terras galegas. A celebración e a congregación de persoas acádase mediante a ruptura do tempo ordinario, coa entrada nun tempo e nun espazo novos nos que,...

      2. Reunión de varias persoas que se xuntan para celebrar algo ou divertirse.

      1. Día festivo por motivo da celebración dun acto relixioso ou oficial, tanto de ámbito estatal como local. Tamén se denomina día de festa ou día feirado.

      2. Conxunto de actos públicos que se organizan nun lugar co gallo dalgún acontecemento ou nalgunha data sinalada do ano.

    1. Diversión excesiva.

      1. Día do ano en que a Igrexa celebra un aspecto concreto do misterio de Cristo, ou a memoria dun santo ou da Virxe. A festa principal é o domingo, o día do Señor, que conmemora a resurreción de Cristo

      2. festa de precepto

        Solemnidade en que a Igrexa demanda dos fieis a participación na Eucaristía.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO