"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
PERSOEIRO
Avogado e político. Membro do Parlamento de Dublín (1775), apoiou o movemento que avogaba pola autonomía lexislativa da illa e a emancipación dos católicos irlandeses. Das súas obras destaca Observations on the Mutiny Bill; with some stritures on Lord Buckinghamshire’s administration in Ireland (1781).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de gratuíto.
-
-
Que se dá sen cobrar ou se recibe sen pagar.
-
Que carece de base ou fundamento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de gratular ou gratularse.
-
-
Felicitar a alguén.
-
Felicitarse por algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para felicitar.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico e arqueólogo. Bispo de Astorga en 1886, encargoulle a Gaudí a construción do palacio episcopal. Fundou un Museo Arqueolóxico no Seminario.
VER O DETALLE DO TERMO -
CANTÓNS
Cantón do L de Suíza, o máis grande do país (7.105 km2; 186.026 h [2000]). A capital é Chur. Limita cos cantóns de Sankt Gallen, Glarus, Uri e Ticino, con Italia (Lombardia e Trentino-Alto Adige), Austria (Tirol e Vorarlberg) e Liechtenstein. É unha rexión moi montañosa cun relevo constituído polos Alpes Grisóns occidentais (cadeas de Tödi, Piz Sardona e o grupo de Adula) e polos Alpes Grisóns orientais (grupos de Albula, Silvretta, Rhätikon, Plesur, Bernina e Offen Pass). Os vales principais son os do Rin superior e o do Inn (Engiadina). A poboación de fala alemá habita principalmente nos arredores de Chur, Arosa e Davos, e a italiana no Val Mesocco, Val Bregaglia e o val de Poschiavo. Fálase o retorrománico no Bünder Oberland, en Engiadina e nos vales veciños de Mustair (Münster), Bravuogn (Bergün) e Oberhalbstein. A explotación forestal e a gandería son as principais actividades económicas. A agricultura produce cereais, hortalizas e froita. A industria principal é a que aproveita...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplícase ao cereal de gran grande ou abundante.
-
Aplícase á pedra de estrutura granular.
-
Aplícase á cousa ou á persoa de gran tamaño.
-
Que é abundante.
-
Que é difícil ou complexo.
-
-
PERSOEIRO
Compositor alemán. Músico de cámara de Federico II de Prusia, organizou desde 1736 o teatro de ópera de Berlín. Escribiu oratorios, óperas, concertos e sinfonías.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha sedimentaria de color gris, que se caracteriza por presentar abundancia de minerais inestables, e fragmentos de rochas dentro dunha matriz arxilosa. O tamaño do gran pode chegar a 2 mm, contén clorita, minerais arxilosos, feldespatos, micas e cuarzos. Tamén pode ter fragmentos de gran fino (rochas magmáticas e esquistos). O cemento é abundante (20%). Están ben estratificadas e son típicas do Paleozoico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á grauvaca.
-
-
-
Pedra reducida a pequenos anacos, ata un máximo de 8 cm de diámetro, que se emprega, sobre todo, na construción, para afirmar o chan e para o formigón.
-
grava miúda
Grava pequena de menos de 3 cm de diámetro.
-
-
Fracción do solo que se forma polos fragmentos minerais que teñen entre 2 e 20 mm de diámetro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Susceptible de ser gravado cun imposto, cun gravame, etc.
-
-
Acción de gravar sons ou imaxes nun soporte magnético.
-
Cinta ou disco gravado.
-
-
-
de 1 gravar.
-
Acción de gravar algo nunha superficie.
-
Arte ou técnica de gravar.
Técnicas e tipos de gravados
Segundo a prancha e a técnica empregada distínguense varios tipos de gravado. Entre as técnicas en relevo distínguese a xilografía ou gravado en madeira, en que a imaxe se obtén mediante a talla da madeira e, segundo sexa esta talla, distínguense entre gravado a fibra, que consiste en baleirar a madeira que se atopa aos lados do debuxo realizado na prancha para que o contorno da imaxe sobresaia da superficie, e en trasladar a imaxe mediante a presión exercida sobre a prancha impregnada de tinta; e gravado a contrafibra ou gravado ao buxo, en que a talla se realiza en sentido transversal ás vetas da madeira. O linogravado ou linóleo deriva da xilografía e emprega como prancha un linóleo industrial sobre o que se debuxan os perfís ou as formas. No que se refire ás técnicas en oco , talla doce ou... -
-
Resultado de gravar.
-
Imaxe obtida pola estampaxe da prancha ou matriz de gravado con esta técnica. Recibe tamén os nomes de proba e estampa.
-
-
Matriz de madeira, metal, pedra ou outro material susceptible de recibir tinta para trasladar ao papel ou a outra materia semellante tantas veces como se queira, mediante o proceso da impresión.
-
Debuxo ou ilustración que acompaña un texto impreso.
-
Resultado da representación dun deseño ou debuxo mediante incisión ou percusión sobre unha superficie pétrea natural. Coñecidos tamén como petroglifos, as técnicas empregadas para a súa realización poden ser variadas: incisión, picado, abrasión e percusión directa ou indirecta. Son un fenómeno universal tanto no espazo como no tempo; deste xeito existe arte rupestre en todos os continentes, e en moitas zonas localízanse gravados desde o Paleolítico Superior ata a época contemporánea, aínda que os petroglifos se desenvolveron maioritariamente nas chamadas sociedades non estatais. En sociedades estatais, os gravados rupestres redúcense a marcas nas rochas cun sentido territorial, como por exemplo a delimitación de señoríos xurisdicionais nas idades Media e Moderna, é dicir, os chamados petroglifos de termo. O gravado rupestre implica perdurabilidade, transformación do soporte e da paisaxe. A elección dun soporte natural adoita implicar a participación deste na composición. É unha...
-
-
-
Que grava.
-
Aparato que serve para gravar.
-
Persoa que grava, especialmente en pranchas de metal ou de madeira, para reproducir o gravado nun certo número de exemplares.
-
-
-
Carga que afecta a un ben inmoble e, por extensión, aos bens mobles, en beneficio dun terceiro. Os gravames máis habituais son os censos, a hipoteca e a servidume.
-
Diferencia entre o que demanda unha parte e o que se lle concede nunha resolución xudicial e que fundamenta un recurso.
-
-
-
Marcar ou debuxar algo nunha superficie por medio de cortes, presión ou reacción química.
-
Impresionar sinais, datos, imaxes ou sons sobre unha cinta, disco fonográfico ou magnético ou outro soporte magnético, para poderen ser reproducidos despois.
-
Fixar algo na mente ou no ánimo, como un recordo, un sentimento ou unha idea.
-
Quedar algo fixado na mente ou no ánimo.
-
-
-
Cargar a alguén cun imposto.
-
Impoñer un gravame, especialmente sobre unha propiedade.
-