"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • PERSOEIRO

    Política. Doutora en Dereito (1991), desde 1993 é profesora na Universidad de Extremadura. Foi conselleira do Consejo Económico y Social de Extremadura e conselleira da Presidencia (2000) e de Fomento (2003-2004) da Junta de Extremadura. En 2004 converteuse en ministra de Vivenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título do rei dos búlgaros, dos soberanos de Serbia e do emperador de Rusia. É un termo eslavo, derivado do latín caesar, que significa rei ou emperador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide que se obtén do Chondodendron tomentosum e se emprega como relaxante muscular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Piemonte, Italia (6.830 km2; 2.122.704 h [2001]). A súa capital é Turín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Piemonte, Italia, e da provincia homónima (857.433 h [2001]). Está situada na confluencia do Po e do seu afluente, o Dora Riparia, nunha chaira ao pé dunha zona de outeiros morénicos. A comezos do s XX comezou o desenvolvemento industrial, ligado á industria metalúrxica, principalmente á rama automobilística e orixinou unha industria subsidiaria e auxiliar. Antiga Augusta Taurinorum romana, foi ocupada polos longobardos (s VII) e foi sede dun inmenso ducado. A casa de Savoia ocupou a cidade en 1280. Capital do ducado de Savoia (1563), foi ocupada (1798 e 1800) polos franceses. Restituída a casa Savoia durante a Restauración, tivo unha grande importancia entre 1848 e 1865, aínda que coa unificación de Italia deixou de ser sede da corte. É unha cidade renacentista e barroca. Destaca a catedral (s XV) e as construcións de F. Juvara. En 1863 A. Antonelli iniciou a Mole Antonelliana, que domina o panorama da cidade. Entre os ss X e XV destacou a capela de música da catedral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado entre Vítor Manuel II de Italia e Napoleón III o 24 de marzo de 1860. O rei italiano renunciou aos seus dereitos sobre Savoia e Niza, pero esixiu a aprobación da cesión por parte dos seus habitantes, que tivo lugar o 24 de abril do mesmo ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Estudou con Moszokowski e D’Indy en París. Foi nomeado profesor do conservatorio de Madrid en 1931. As súas obras máis destacadas son Sevilla (1909), Sonata romántica (1910), Sinfonía sevillana (1920) e Rapsodia sinfónica (1931) para piano e orquestra. Das súas obras teóricas cómpre salientar un Tratado de composición musical (1947-1950). Recibiu o Premio Nacional de la Música (1926) por Trío para piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Turín ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Turín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Ideou o concepto teórico dunha máquina calculadora universal, chamada máquina de Turing, traballou especialmente no campo da lóxica matemática e interesouse pola intelixencia artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land de Alemaña, situado arredor da selva homónima, entre o río Werra ao O e o Weisse Elster ao L (16.172 km2; 2.431.000 h [estim 2001]). A súa capital é Erfurt. Habitada pola tribo xermánica dos turinxios (s IV), foi conquistada polos hunos (s V). Despois do 500 os turinxios estableceron un vasto reino desde as montañas Harz ata o Danubio, pero foron derrotados polos francos (531). En 908 a marca de Turinxia, erixida por Carlomagno contra os eslavos, foi tomada polo duque Odón I de Saxonia, cuxo fillo, o duque Enrique I de Saxonia foi rei de Xermania. Ao extinguirse a liña directa da dinastía saxoa (1024), os ludovinxios, por medio de Luís o Barbudo, controlaron Turinxia. O landgrave Enrique I de Turinxia foi elixido rei de Xermania, en oposición a Conrado IV (1246), mais morreu ao ano seguinte. No s XV Turinxia foi dividida entre a liña Ernestina de Saxonia, Hessen-Kassel e algúns pequenos estados. A República de Weimar creou o land de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo herciniano de Alemaña, paralelo ao Werra (afluente do Wesser). Constitúe un horst longo e estreito, formado por xistos primarios e arrasado por unha superficie de erosión terciaria, e que ten o punto máis alto no Grosser Beer (982 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terceiro estadio do Permiano, mantido especialmente polos autores franceses, por riba do Saxoniano e por debaixo do Triásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Turinxia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Turinxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Drobeta-Turnu Severin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Tamil Nadū, India (205.105 h [1991]). É un porto situado na costa do golfo de Mannar, na entrada do estreito de Palk. Primitivo pobo de pescadores, floreceu dentro da colonia portuguesa durante o s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xefe dos xibelinos (1239). Exiliouse de Florencia con todos os membros do partido despois da morte do Emperador Federico II (1250) e aliouse co fillo natural daquel (futuro Manfredo I de Sicilia). Venceu as forzas güelfas en Montaperti (1260) e apoderouse de Florencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a ultramar.

    2. Que é ou que provén de ultramar.

    3. Tenda onde se venden comestibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de perciformes, da familia dos esciénidos, co corpo alongado e robusto e con dúas aletas dorsais contínuas. A súa cor é agrisada, maís escura na rexión dorsal que na ventral, e con liñas douradas oblicuas. Habitan no océano Atlántico e no Índico. Destaca U. cirrosa, duns 40 cm de lonxitude, coñecido como gato de mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación cultural creada en Betanzos en 1979 coa finalidade de realizar e promover actividades culturais e estudos de investigación centrados nas Mariñas. Entre as súas actividades destacan a recuperación da documentación do Arquivo Histórico Municipal, a posta en marcha do Museo das Mariñas, a recolección de material para o Fondo Fotográfico de Betanzos e a publicación, desde 1985, do boletín Untia.

    VER O DETALLE DO TERMO