"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Acender ou facer lume co esqueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar ou obxecto onde se garda a esca.

    2. Acendedor formado por un corpo metálico e unha rodiña que, ao facela xirar, produce unha chispa ao rozar cunha pequena pedra, que inflama a esca ou a mecha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prato típico catalán que se elabora con bacallau esmigallado, tomate e olivas negras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nota ou artigo que informa da morte dunha persoa e que aparece nunha sección fixa dos medios de comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao esqueleto.

    2. Que está moi delgado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de pezas duras e resistentes que protexen as partes brandas do corpo dalgúns animais e lles serven de soporte. Hai dous tipos fundamentais de esqueletos: o interno ou endoesqueleto e o externo ou exoesqueleto. Entre os principais exoesqueletos destacan os dalgúns protozoos, como os dos froaminíferos, radiolarios e amébidos, con cuncha, formados por carbonato de calcio, sílice e distintos materiais, respectivamente; os dos corais ou outros cnidarios coloniais, de soporte e protección; a cuncha dos moluscos que serve case exclusivamente de protección; e o dos artrópodos, composto por unha serie de placas independentes e articuladas que cobren todo o corpo e lles confiren unha gran mobilidade. Tamén se atopan exoesqueletos en distintos peixes, como o cabaliño de mar ou as agullas, nos réptiles quelonios e crocodilos e nalgúns mamíferos, como o armadillo. O endoesqueleto atópase nalgúns protozoos rizópodos e forma o soporte interno dos poríferos ou esponxas, nos que está formado por...

      2. Conxunto de ósos dun vertebrado morto.

    1. Persoa que está extremadamente delgada.

      1. Estrutura ou parte interna de algo.

      2. Estrutura interna dun edificio.

    2. Esquema ou bosquexo previo que se fai de algo.

    3. Nervadura foliar que resta unha vez destruído o mesofilo e as epidermes por descomposición.

    4. Elementos da rocha nai non transformados que se localizan nun solo. Os solos ricos neles denomínanse solos esqueléticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario humorístico republicano aparecido en Barcelona en 1872. Cesou a súa publicación o 6 de xaneiro de 1939 (nº 3.097). Editado pola familia López, propietaria da Librería Española e da publicación La Campana de Gracia, inicialmente tirou do prelo números soltos. As súas críticas centrábanse na clase política, especialmente na municipal. Trátase da segunda publicación de maior traxectoria en lingua catalana, que chegou a contar cunha tiraxe de 35.000 exemplares en 1936. Nela colaboraron destacados ilustradores, caricaturistas e humoristas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Debuxo ou representación gráfica, feita para dar idea dunha cousa atendendo aos seus caracteres esenciais.

      1. Resumo de algo no que se recollen as súas liñas básicas ou as características máis salientables dunha idea, proxecto ou explicación.

      2. Conxunto dos puntos que se van tratar ou de actos que se teñen que realizar, recollidos por orde e sen detalle.

      1. Forma baixo a que se representa un concepto intelectual.

      2. Expresión ou enunciado, en lóxica, do que se subtraeron certo grupo de palabras que se substituíron por espacios en branco ou letras esquemáticas.

      3. esquema conceptual

        Conxunto de conceptos e proposicións que achegan o marco para describir e explicar elementos dunha determinada materia e os criterios para recoñecer os fenómenos anómalos e necesitados de explicación.

      4. esquema transcendental

        Rrepresentación intermediaria, na filosofía de I. Kant, entre o fenómeno e as categorías.

    2. Representación simplificada do contido dun arquivo informático, por exemplo gráfico ou textual.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao esquema.

    2. Que interpreta algo só atendendo ás súas liñas esenciais.

    3. Denominación coa que se coñece o conxunto de pinturas e gravados rupestres da Península Ibérica datados entre o VI e o V milenio a C, entre as secuencias culturais do Neolítico e da Idade do Bronce. Coexisten coas primeiras formas arquitectónicas do megalitismo. As pinturas caracterízanse polo emprego das tintas planas, dos trazos monocromos (vermellos, ocres, negros e brancos) e continuos, da abstracción, e dos esquemas lineais das figuras. Representan animais (aves, cuadrúpedes, peixes e ofidios) e signos e símbolos de diferentes formas. Destacan, entre outras, as conservadas en Tajo de las Figuras (Cádiz) e Las Batuecas (Salamanca). Os gravados caracterízanse pola liña esquemática das figuras representadas e localízanse na área occidental da Península. Destacan, entre outros, os de Atapuerca e Pedra das Ferraduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Método esquemático que se emprega na exposición ou explicación dun feito, idea ou teoría.

    2. Conxunto de esquemas empregados nunha explicación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de esquematizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico das estruturas submicroscópicas incoloras que, por reflexión da luz, confiren cor ao organismo que as contén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lado oposto ao dereito.

    2. Man ou perna esquerda.

    3. Sector dunha asemblea política situada á esquerda do presidente e formado tradicionalmente polos representantes dos partidos progresistas. O termo aplícase a aquela política, ideoloxía ou partido de tendencia progresista, cunha maior incidencia nas cuestións sociais e máis sensibilizado ante as demandas dos grupos máis desprotexidos. A orixe do termo alude ao lugar físico que ocupaban os grupos políticos na Estados Xerais (1789) durante a Revolución Francesa, á dereita os conservadores e á esquerda os progresistas. A ideoloxía de esquerdas fundaméntase nas liberdades e na igualdade social; a corrente marxista engadiu factores como a necesidade da acción social e a práctica revolucionaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político que xurdiu en 1997 coa escisión de Esquerda Unida dun grupo, liderado por Anxo Guerreiro, desconforme coa dirección do partido, que non aceptaba presentarse en coalición co PSdG nos comicios autonómicos dese ano, aos que EdG se presentou finalmente en coalición co PSdG-PSOE e Os Verdes. Obtivo dous representantes no Parlamento, que lle permitiron constituír un grupo parlamentario propio. Definiuse como un partido socialista, democrático e republicano e as súas propostas estiveron vinculadas á defensa dos postulados da esquerda nacionalista. Nas eleccións de 2001 ofreceulle ao PSdG-PSOE un pacto para concorrer de novo xuntos aos comicios. A negativa dos socialistas, que só estaban dispostos a admitir a EdG se se integraba totalmente no partido, levounos a acudir en solitario aos comicios nos que non acadaron representación parlamentaria. Disolveuse en maio de 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político xurdido durante a transición política española, liderado por Fernando García Agudín. O seu papel fundamental desenvolveuno na cidade da Coruña. Integrouse no Partido Popular Galego (PPG), xunto coa Unión Demócratica de Galicia, en maio de 1976. No ámbito estatal, vinculouse a Izquierda Democrática. Profesou unha orientación demócrata-cristiá e federalista, pero cun tímido senso nacionalista. Disolveuse trala desaparición do PPG en 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político que xurdiu en 1980 e que agrupou militantes da esquerda nacionalista, fundamentalmente procedentes da Unión do Pobo Galego (UPG), do Partido Obreiro Galego (POG), do Partido Galeguista (PG), do Partido Socialista Galego (PSG), do Partido dos Traballadores Galegos (PTG), do Bloque Nacionalista Galego (BNG), do Partido Comunista Galego (PCG) e do Movemento Comunista Galego. Presentouse como un partido á esquerda do PSOE, cun proxecto político non subordinado ao proxecto nacionalista. Nas eleccións autonómicas de outubro de 1981 acadou 33.439 votos, fundamentalmente nas zonas costeiras e industriais, que o converteron na quinta forza de Galicia e que lle permitiron obter un deputado na persoa de Camilo Nogueira. Nas eleccións xerais de 1982 só obtivo 22.310 votos. No mesmo ano, algúns militantes do PSG uníronse a EG, que desde ese momento se presentou ás eleccións como PSG-EG. Nas eleccións xerais de 1986 obtivo un importante aumento, ao dobrar o seu apoio electoral e acadar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político fundado na asemblea do 28 de outubro de 1995 no Carballiño, que reuniu un colectivo de independentes no seo do BNG, creado co mesmo nome tres anos antes (4 de abril de 1992). Inscribiuse ideoloxicamente dentro do socialismo democrático e tiña como secretario xeral a Alberte Xulio Rodríguez Feixóo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político fundado en 1985. Naceu dende a reformulación do Partido Comunista Galego (PCG), como consecuencia da fundación de Izquierda Unida en todo o Estado. Defendeu o dereito de autodeterminación dentro dun marco federal e republicano e, no eido político-social, centrouse na loita contra a precariedade do mercado de traballo e a redución da xornada laboral a 35 horas semanais. Nas eleccións autonómicas de 1989 obtivo 38.214 votos, o que supuxo un ascenso respecto aos votos acadados polo PCG-PCE en 1985 (10.625). En 1993 presentouse ás eleccións en coalición electoral con Unidade Galega, nun intento de encabezar un proxecto político de esquerda galeguista similar ao de Euskadiko Ezkerra en Euskadi. O seu líder foi Anxo Guerreiro ata 1997, ano en que un grupo, liderado por este, se escindiu do partido e fundou Esquerda de Galicia. Nas eleccións de 1997, EU-IU acadou soamente 13.964 votos. Nas eleccións ao Parlamento europeo de 1999, nas locais de 1999 e nas xerais de 2000, fortaleceu...

    VER O DETALLE DO TERMO