"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Filólogo bretón. Publicou a Grammaire celto-bretonne (1807) e o Ditionnaire français-breton (1847).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal de Francia. Coñecido como Boucicaut, combateu en Constantinopla contra os turcos. Fundou en 1399 a orde Écu Vert à la dame blanche, en defensa das mulleres. Foi gobernador de Xénova (1401-1409) e na Batalla de Azincourt (1415) foi feito prisioneiro e levado a Inglaterra. Foi un dos autores da obra de tema amoroso Livre des cent ballades (1388).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e xardineiro. Creou o tipo de xardín francés e utilizou os efectos de auga no deseño de xardíns, sempre de perspectiva aberta. Traballou nas Tulleries (1637), en Vaux-le-Vicomte (1655-1661) e Versailles (1661-1700), entre outros palacios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Enviado á Guerra de Indochina como membro da Légion Étrangére (1954), participou posteriormente na loita contra o movemento independentista alxeriano. En 1972 creou a Front National, partido racista e antieuropeísta. Presentouse ás eleccións presidenciais de 1988, 1995 e 2002. A súa política provocou numerosas críticas por parte dos grupos de esquerda e antifascistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador francés. Foi un pioneiro da historia agraria e da paleoclimatoloxía e cultivou tamén a demografía e a historia das mentalidades. Das súas obras destacan Histoire du climat depuis l’an mil (1967), L’Etat royal (1987) e Le siècle des Platter (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Formouse con Gustave Le Gray e Charles Nègre (1848-1849) e posteriormente realizou diversos traballos fotográficos das zonas de Champagne e Alsacia-Lorena para a Misión Heliográfica do comité de Monumentos Históricos de Francia. Destacan as súas imaxes das catedrais de Chartres, Estrasburgo, Riems e Notre-Dame (1852). Participou nas exposicións de París (1851) e Amsterdam (1855).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, marqués de Louvois, fillo de Michel Le Tellier. Continuou a obra paterna na administración militar. Nomeado ministro de Estado por Luís XIV (1672), impulsou a política expansionista e introduciu reformas centralizadoras que suprimiron as derradeiras características medievais, que permitiron a creación do exército real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e xurista francés. Discípulo de Quesnay, ocupouse da doutrina fisiocrática incidindo no aspecto da xurisprudencia. Escribiu Liberté du commerce des grains (1765) e De l’ordre social (1777).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico inglés. Coñecido como Cary Grant, foi o galán por antonomasia da comedia estadounidense. Participou en numerosos filmes, entre os que destacan I’m no Angel (1933), Arsenic and Old Lace (1944), Night and Day (1946), Indiscreet (1958), North by Northwest (1959), That Touch of Mink (1962) e Walk don´t Run (1966). En 1969 concedéronlle un Oscar honorífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Colaborador en diversos medios de comunicación, como ABC, foi redactor xefe de El Progreso (1938) e director de Faro de Vigo (1949-1961), de El Correo Gallego e da revista internacional Mundo Hispánico. Ademais foi director de publicacións da axencia de noticias EFE. Na súa obra poética mesturou elementos procedentes das fontes clásicas xunto a outras tendencias líricas do s XX sen moita artificiosidade. É autor dos volumes de poesía Horas (1935, 1959), Te he buscado (1939, 1945), Versos: 1ª antología (1945, 1955), Trivium (1955), Mi soledad sonora (1955); os ensaios Las cosas (1941, 1955) e Faro de Vigo y su proyección (1965), a biografía Pastor Díaz, príncipe del romanticismo (1943) e a colección de artigos La siembra en el viento (1955). Promoveu a edición da obra poética completa de Antonio Noriega Varela. Recibiu o Premio Internacional...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Escribiu sátiras de carácter social e político. Da súa produción destacan Claridades do Sul (1875), História de Jesus (1883), O Anti-Cristo (1886) e A Senhora da Melancolia (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado portugués. Fundador da União Liberal Republicana (1923), foi ministro de Economía e primeiro ministro na década de 1920. Foi gobernador do Banco Central da Colonia de Angola (1929) e na década de 1930 o seu desencanto cara á ditadura levouno a integrarse nos grupos opositores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico inglés. Obtivo os Oscar ao mellor filme e á mellor dirección en 1957 e 1962, por The Bridge on the River Kwai e Lawrence of Arabia. Outros dos seus filmes son Brief Encouter, premiado no Festival de Cannes en 1946, Oliver Twist (1947), Doctor Zhivago (1965), Ryan’s Daugther (1980) e A Passage to India (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo masculino Leandro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que deriva do latín Leander ou Leandrus, adaptación do grego Ëέáíäñïò ‘home do pobo’, composto de ëáόò ou ëçόò ‘multitude’, ‘exército’, ‘pobo’ e ἀ í ή ñ, ES-TRAD;mso-fareast-language:ἀ íäñόò ‘home’, ‘varón’. Presenta a variante Leandre. Levou este nome un santo do s VI, que se celebra o 27 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mozo de Abidos, namorado de Hero, unha bela sacerdotisa de Afrodita. Como Hero vivía na ribeira oposta do Helesponto, en fronte de Abidos, o mozo atravesaba a nado polas noites para estar con ela, guiado por unha lámpada que acendía Hero no alto da torre da súa casa. Pero unha noite de tempestade apagouse a luz e Leandro non puido alcanzar a costa e morreu afogado. Ao día seguinte a corrente deitou o cadáver o pé da torre de Hero, que se suicidou tirándose dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Leandro Lamas Hermida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Sevilla. Era o máis vello dos seus irmáns, santo Isidoro, san Fulxencio e santa Florentina. Nomeado arcebispo de Sevilla, converteu ao catolicismo a Hermenexildo, fillo do Rei Leovixildo e gobernador da Bética. Exiliouse a Constantinopla onde se enfrontou aos arianos. Á súa volta conseguiu que o Rei Recaredo abxurase do arianismo no III Concilio de Toledo (589) e acadou a unidade relixiosa do Reino Visigodo. Na iconografía viste ornamentos pontificais, co báculo e a mitra, e leva como atributos a pluma e o libro, por ser doutor da Igrexa, e un triángulo, pola súa defensa da Trindade. O Misal Romano de Galicia aínda mantén a antiga data do 13 de novembro, aínda que a reforma do calendario de 1969 trasladou a súa festividade ao 27 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario inglés. Propugnou a dimensión moral na obra literaria. Fundador da revista Scrutiny (1932-1953), a súa obra máis significativa é The Great Tradition (1948), onde traza unha liña da novelística inglesa que vai de Jane Austen a D. H. Lawrence, sen aceptar nesta liña a Ch. Dickens, J. Joyce ou V. Woolf.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político ruso. Destacou na Guerra de Afganistán e abandonou as forzas armadas para dedicarse á política e formou parte do Congreso das Comunidades Rusas (KRO) en 1995. Ese mesmo ano foi elixido deputado na Duma. Nas eleccións presidenciais de 1996 presentouse como candidato independente pero Boris Jelcin nomeouno asesor e secretario do Consello de Seguridade Nacional. Desde este cargo conseguiu poñer fin á Primeira Guerra de Chechenia, pero foi cesado pouco despois, acusado de preparar un golpe de estado. En 1997 creou o Partido Nacional Republicano e desde 1998 gobernou o territorio siberiano de Krasnojarsk.

    VER O DETALLE DO TERMO