"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Pan feito con fariña de millo. Ten unha codia moi grosa e chámase tamén pan de millo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua africana da familia joisana e do grupo sudafricano meridional. Fálase en Sudáfrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe oriúnda de Mondoñedo. As súas armas levan, en campo de goles, unha boroa. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Broa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Catedrático de Medicina na Universidad de Zaragoza. Gañou o Gran Premio na Exposición Hispano-Francesa (1908) e a medalla de ouro na Exposición de Santiago (1909) polo seu traballo Cuadro gráfico de mortalidad infantil y cinco planos sanitarios de Zaragoza. Ademais, publicou Psicología popular de los sitios de Zaragoza (1910); Acción social de la Universidad (1910); La Medicina en el Fuero de Teruel (1915) e Origen del hombre según Santo Tomás (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raimundo García Domínguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gran santuario budista de Xava central (s VIII) correspondente ao primeiro período da arte xavanesa (ss VIII-X). Está composto de nove terrazas escavadas nun outeiro, que conteñen dagobas, estatuas de Buda e baixorrelevos. Restaurado pola UNESCO, en 1985 foi danado por unhas bombas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Na súa xuventude realizou estudios musicais e licenciouse en Medicina (1856), sendo profesor da Academia de Medicina e Cirurxía de San Petersburgo dende 1862. Formou parte do Grupo dos Cinco xunto con Balakirev, Cui, Musorgski e Rimski-Korsakov, coa intención de crear unha escola de música nacionalista rusa. A súa obra principal é a ópera O príncipe Ígor (1869-1887), acabada por Rimski-Korsakov e Glazunov, xunto co cadro musical Polas estepas de Asia central (1880). Da súa produción camerística destaca o Quinteto con piano en do menor (1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Axitador soviético, coñecido como Grusenberg. Despois de levar a cabo actividades en América Central e Gran Bretaña, dirixiu a delegación soviética en Cantón (1924). Conselleiro de Sun Yatsen e organizador do Guomindang, Chiang Kaishek expulsouno da China (1927). De volta á URSS, desapareceu no ano 1951. Foi rehabilitado no ano 1956.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito de armas que tivo lugar en 1812 na localidade de Borodino, preto de Moscova, que acabou coa vitoria de Napoleón na súa campaña de Rusia (5-7 de setembro de 1812).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou a quen lle gusta comer boroa.

    2. Que come moito e con extraordinario ímpeto.

    3. Quen fai ou vende boroas.

    4. Persoa grosa, de aspecto rústico e groseiro ou de figura ordinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto de ácido bórico e de glicerina usado como antiséptico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos hidruros de boro de fórmula M(BH4)n, onde M pode ser Li, Na, K, Be, Mg, Al, (CH3)2, Ga, Ti(III), Zr, Hf, Th, U(IV), etc, e n é o nome de oxidación do elemento M. Os borohidruros teñen carácter redutor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Borato de sodio e calcio hidratado, de fórmula B5O9CaNa·8H2O, tamén denominado ulexita. Preséntase en agregados de cristais triclínicos, brancos e nodulosos. É materia prima na obtención do ácido bórico e de boratos. Presenta unhas propiedades ópticas moi interesantes para a fabricación de fibras ópticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bororos.

    2. Individuo que pertence ao grupo dos bororos.

    3. Grupo de pastores nómades fulbes que practican a gandería bovina nunha extensa área comprendida entre o Adamauá, o alto Benue e o lago Chad. Son de raza etiópida e de relixión musulmana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bororos.

    2. Individuo pertencente ao pobo indio dos bororos.

    3. Pobo indio do Brasil que chegou ao Mato Grosso, entre o Alto Paraguay e o Araguaia. Practican a caza e a pesca, e organízanse en clans totémicos matrilineais. Tamén se coñecen co nome de coroados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos anións complexos formados por silicatos que conteñen unidades estruturais de óxido de boro. Son compoñentes esenciais dos vidros resistentes ao lume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista francés. Foi famoso polo seu xogo de volea. Integrante do equipo nacional francés e gañador da Copa Davis dende 1927 ata 1932. A título individual proclamouse vencedor do torneo de Wimbledon en 1924 e en 1926.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. En Inglaterra e en Gales (Reino Unido), entidade de poboación rexida por unha carta real e dotada de autogoberno. Ten as súas orixes nos centros urbanos que durante a época medieval dependían directamente da administración real, quedando á marxe da xurisdición ordinaria do sheriff. Gozaban de autonomía e de inmunidade fiscal fronte aos señores feudais e do dereito a enviar representantes propios ao Parlamento, onde tiñan as mesmas prerrogativas cós delegados dos condados. No s XIX diversas leis (principalmente de 1835) unificaron e democratizaron as súas institucións.

    2. En Inglaterra e Gales, entidade de poboación que ten o mesmo status ca un condado administrativo (county).

    3. En Inglaterra e Gales, entidade de poboación menor ca o county borough que está comprendida dentro dun condado administrativo (county) e que envía os seus representantes ao consello dese condado administrativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director cinematográfico. En 1948 estableceuse en París e dedicouse ás curtametraxes e documentais, onde mesturou as técnicas pitóricas e cinematográficas. Entre as súas películas destacan: Blanche (1971), La Bête (A besta, 1975), Interieur d’un couvent (Interior dun convento, 1978) e L’art d’aimer (A arte de amar, 1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao O de Aranjuez, no límite coa Comunidad de Madrid, onde o río Tajo captura o Jarama (2.132 h [1996]). Tradicionalmente dedicado á gandería lanar e á agricultura cerealística, na década de 1990 a expansión urbana de Madrid comezou a ser perceptible neste concello (situado 40 km ao S da capital de España) coa construción de urbanizacións residenciais, grazas ás que se puido invertir a tendencia ao decrecemento demográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO