"Est" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2747.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación galega editada por Feministas Independentes Galegas (FIGA) dende 1983 para cumprir diversos obxectivos: dar visibilidade ás mulleres galegas, ao seu traballo e contribución social, ás facetas artísticas e creadoras, silenciadas nos medios de comunicación e na maioría das publicacións culturais do país; facer unha revista de cultura desde a perspectiva das galegas, pensada, dirixida e elaborada exclusivamente por mulleres; e difundir o pensamento feminista aplicado a múltiples aspectos do coñecemento e da cultura, así como á crítica feminista. Promoveu o movemento poético feminino que se consolidou nos anos 90, fomentou a conciencia da importancia das palabras das mulleres e das achegas inéditas e vangardistas coas que enriquecen o panorama literario, e contribuíu á modificación do canon poético no conxunto da literatura galega. Ademais de beneficiar a creación, tamén alentou a crítica, tanto no referente á análise de obras literararias, plásticas ou cinematográficas, canto ao...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Considerado o fundador da chamada escola polifónica romana, deixou gran número de obras sacras e profanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista anual editada pola asociación Fillos de Galicia de Sestao. Tírase do prelo co gallo da celebración do Día Nacional de Galicia, o 25 de xullo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista anual editada polo centro galego de Tarragona. Tírase do prelo con motivo da celebración do 25 de xullo, Día Nacional de Galicia.
-
-
Relativo ou pertencente á festa.
-
Aplícase á persoa á que lle gusta ir ás festas.
-
Que lle gusta facer aloumiños ou recibilos.
-
Persoa que organiza ou paga unha parte dos gastos dunha festa.
-
-
-
Celebrar algo cunha festa ou outra manifestación de alegría.
-
Demostrar a alguén o afecto que se lle ten con regalos ou doutra maneira.
-
-
-
Aplícase á persoa á que lle gusta moito ir ás festas.
-
Aplícase á persoa á que lle gusta facer aloumiños e festas aos demais.
-
-
-
Acción de festexar.
-
Cada un dos actos públicos de carácter alegre que se fai para festexar algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comida especial e moi abundante que se fai en honor de algo ou de alguén.
-
PERSOEIRO
Psicólogo social. Despois de doutorarse en psicoloxía na University of Iowa (1942), traballou no Massachusetts Institute of Technology. En 1968 trasladouse ao New School for Social Research. Foi coñecido polos seus traballos sobre a comunicación informal, a comparación social e, especialmente, a disonancia cognitiva. Cómpre destacar as súas publicacións A Theory of Cognitive Dissonance (1957), onde expón a súa teoría da disonancia cognitiva, que revolucionaría o campo da psicoloxía social e que tivo múltiples aplicacións en áreas como a motivación e a dinámica de grupos, e Conflit, Decision and Dissonance (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo nemotécnico utilizado polos escolásticos para designar un siloxismo da segunda figura, na que a maior é universal negativa (e), a menor, particular afirmativa (i) e a conclusión particular e negativa (o). O f fai referencia a que se reduce ao modo ferio da primeira figura, e o s que a redución se fai pola conversión simple da maior.
-
-
-
Conxunto de actuacións ou manifestacións dedicadas a un artista ou a unha arte.
-
festival de cine
Manifestación cinematográfica que presenta periodicamente unha selección das consideradas mellores películas inéditas de diversos países a un público especializado. Os festivais cinematográficos máis prestixiosos son a Mostra Internazionale d’Arte Cinematografica di Venezia (fundada en 1932), o Festival Internacional de Cine de Cannes (fundado en 1946), o Internationale Filmfestspiele Berlin (fundado en 1951), e o Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián (fundado en 1954). Noutra escala inferior destacan o Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Sitges, o Festival de Cine de Ourense ou as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia que se celebran anualmente no Carballiño.
-
festival de música
Conxunto de actos ou espectáculos musicais. O primeiro país en celebralo foi Inglaterra, co Three Choirs Festival, fundado en 1715. Os festivais Händel de Londres (1784-1787 e 1791) foron os primeiros dedicados a un compositor. No s XIX estendéronse por Europa, dentro dos que destaca o de Bayreuth, dedicado a R. Wagner. O incremento do turismo, sobre todo dende 1945, fixo que moitas cidades os organizasen, como Múnic, Florencia ou Edimburgo.
-
festival de teatro
Evento teatral anual que ten como finalidade a promoción e difusión do teatro. As orixes atópanse en Grecia, cando a cidade celebraba as festas relixiosas na honra de Dióniso, se representaban comedias e traxedias, e se realizaban concursos de coros, nos que participaban as tribos da cidade. Entre os festivais máis coñecidos en Europa figuran os de Aviñón e Edimburgo, e na Península Ibérica destacan os de Tárrega, especializado no teatro de rúa; Almagro, para teatro clásico; Sitges, cunha orientación experimental e vangardista; o Festival Iberoamericano de Cádiz, o Festival de Otoño de Madrid ou o Grec de Barcelona, que presentan traballos destacados en diferentes continentes. En Galicia houbo festivais pioneiros como a Mostra de Ribadavia ou as Jornadas de Teatro de Vigo, que tiveron continuidade no Festival de Ribadavia, na Mostra de Teatro Galego-Portugués de Cariño, na Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas ou na Mostra de Teatro Infantil Xeración Nós de Ferrol Terra. A estas iniciativas...
-
-
Festa con diversas actuacións, especialmente musicais.
-
Actuación destacable de alguén, especialmente dun artista ou deportista.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada a partir de 1902 en Ourense. Cesou a súa edición probablemente entre 1908 e 1910. Subtitulouse “Semanario propagandista de la industria y el comercio”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos La Popular, e contaba cunha tiraxe de 5.000 exemplares. Os seus contidos fundamentais eran artigos culturais e publicidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de festivo.
-
Día en que a Igrexa celebra algún misterio ou conmemora algún santo.
-
-
-
Relativo ou pertencente á festa.
-
Que é alegre ou divertido.
-
Aplícase a unha duración determinada de tempo na que non se traballa por motivo dunha festa tanto civil como relixiosa.
-
-
-
Motivo decorativo que adopta a forma dunha grilanda de flores e froitas que colga de xeito ondulado.
-
Motivo decorativo que consiste nun perfil ondulado ou con punta.
-
Bordado no bordo dunha tea coas puntadas moi unidas e formando un nó, de xeito que pode recortarse a tea sen que se desfíe.
-
-
-
Aplícase ao adorno feito con festóns ou que ten a forma de festón.
-
Aplícase á folla que ten o bordo en forma de dentes arredondados.
-
arco festonado.
-
-
-
Adornar con festóns.
-
Bordar festóns.
-
-
PUNTA
Punta da península de Palmeira, no litoral noroccidental da illa de Arousa, na parroquia e concello da Illa de Arousa, situada ao SL da punta Barbafeita.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas perennes, da familia das poáceas, de panículas amplas, laxas e flexuosas, formadas por espiguiñas grandes, pouco comprimidas e cun longo pecíolo. Estas espiguiñas teñen entre 7 e 10 flores de cor verdosa nun principio e amarelentas cando maduran. As flores presentan a lema mútica co dorso arredondado, tres estames e estilos de inserción apical. En Galicia están presentes: nas montañas, Festuca airoides, F. elegans, F. indigesta, F. nevadensis, F. paniculata, F. pseudotrichophylla, F. rothmaleri e F. trichophylla; en solos secos e rochosos, F. ampla, F. eskia, F. nigrescens e F. ovina; en areas litorais, F. juncifolia; en ribeiras, costas e praderías húmidas, F. arundinaceae; en lugares húmidos e sombríos, F. rivularis; e en bosques, F. gigantea, F. heterophylla e F. altissima. A especie máis amplamente difundida é F. rubra, que forma parte das comunidades de herbáceas, tanto de dunas, uceiras como de bosques.