"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise dos movementos das plantas por causa do aumento da turxencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen ten avaricia ou que cobiza adquirir riquezas, atesouralas e non compartilas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de avasalar.
-
GALICIA
Xogador de hóckey a patíns. Debutou na división de honor co Dominicos da Coruña na tempada 1983-1984. Na tempada 1986-1987 pasou ao Liceo, club da mesma cidade, no que permaneceu dous anos e co que se proclamaría campión de Europa (1986-1987 e 1987-1988). Tamén acadou co Liceo un título de Liga (1986-1987) e, no ano 1988, a Copa do Rei, a Supercopa e a Copa Intercontinental. Na Liga 1988-1989 volveu ao Dominicos, co que gañou unha Copa do Rei (1990) e se proclamou máximo goleador da Liga (1989-1990 e 1990-1991). Na tempada 1993-1994 fichou polo Reus, equipo co que foi máximo goleador da Liga en dúas ocasións máis (1994-1995 e 1995-1996): con 521 goles entre 1983 e 1999 é o máximo goleador da historia desta competición. Membro da selección española absoluta, disputou 73 partidos internacionais entre 1988 e 1995, acadando un total de 110 goles e os títulos de campión do mundo (Arxentina 1989), subcampión olímpico (Barcelona 1992), campión da Copa das Nacións (1991) e a medalla de bronce no...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Doutor en Ciencias Químicas pola Universidade da Coruña (1998) e xogador internacional de hóckey a patíns. Como deportista, militou nos equipos coruñeses da división de honor do C. H. Dominicos e do H.C. Liceo, proclamándose campión da Copa do Rei en 1994 co Dominicos. Formou parte da selección española absoluta en 45 ocasións, obtivo o título de campión do mundo (Arxentina 1989) e, nos campionatos de Europa, as medallas de prata en categoría absoluta (Italia 1990) e de bronce en categoría júnior (Bélxica 1983). Está en posesión do título de adestrador nacional de hóckey sobre patíns e da Orde ao Mérito Olímpico, que lle outorgou o Comité Olímpico Español en 1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de aveciñar ou aveciñarse.
-
PERSOEIRO
Futbolista. Comezou a xogar no Clube Futebol Andorinha de Santo António (1993). En 2001 vai para Lisboa, onde o ficha o Sporting Clube de Portugal. Ese ano o seu equipo gaña a Superliga, e no ano seguinte o xogador debuta na Champions. Tras destacar nun amistoso ante o Manchester United (2003), foi fichado por este equipo por 12,24 millóns de libras. Foi progresando ata converterse no máximo goleador de este equipo no ano 2008, no que o Manchester gañou a Community Shield, a Premier e a Champions. Individualmente conseguiu, tamén no 2008, os títulos de máximo goleador da Champions, Balón de Ouro, FIFA World Player, Bota de Ouro, Mellor Xogador del Mundo (FIFPro) e Dianteiro do ano da UEFA. O 6 de xullo de 2009 foi presentado como novo xogador do Real Madrid C.F. diante de 80.000 afeccionados, despois dun traspaso de 96 millóns de euros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
curuxa.
-
-
Acción e efecto de avellentar.
-
Termo que se utiliza para describir a estrutura por idades dunha poboación cando nesta hai unha proporción elevada de individuos de idade avanzada. Dende un punto de vista médico relacionase directamente co concepto da ancianidade, que é definido como o estado fisiolóxico do organismo no derradeiro período da vida. Cando o ancián perde algunha das facultades fisiolóxicas básicas para realizar a súa vida independente ou non pode valerse por si mesmo nas normas hixiénicas fundamentais, entón comeza a vellez, coas súas características propias: achaques, decrepitude, patoloxías, etc. Dende un punto de vista demográfico, a vellez significa o derradeiro período dos grupos da estrutura por idades: a poboación de 65 e máis anos. A porcentaxe de vellos sobre a poboación total ou, dito doutra maneira, a participación dos vellos no conxunto dos efectivos demográficos define o grao de avellentamento dunha poboación. O avellentamento demográfico, é dicir, o aumento porcentual da poboación vella sobre...
-
-
GALICIA
Escritor e actor. Estudiou Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela e Xornalismo na Universidade de Texas. Foi un dos fundadores do Colectivo de Comunicación Poética Rompente, co que deu ao prelo a obra conxunta Silabario da Turbina (1978) e realizou recitais cunha certa compoñente teatral. Xa individualmente publicou Facer Pulgarcitos Tres (1980) e, en colaboración con Antón Reixa, A dama que fala (1983). Co seu relato Lito ou as bestas aceleradas gañou o Premio de Contos O Facho en 1978. No eido da literatura xuvenil publicou Aventuras de Sol (Premio O Barco de Vapor 1986), O gato metido nun saco (1988) ou Os náufragos de Malakadula (Premio O Barco de Vapor 1992) e para adultos E outras historias (1989). Traduciu ao galego clásicos da literatura universal como Edgar A. Poe, K. Grahame, J. M. Barrie e Roald Dahl. Como actor, foi membro do grupo Máscara 17 e colaborou en tarefas de dirección...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Práctica supersticiosa que consiste en trasladar unha persoa enferma a unha igrexa para deitala enriba dun pano e movela entre varias persoas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro afeccionado que iniciou a súa andaina en 1985. Na súa primeira etapa presentou un conxunto de espectáculos dirixidos por Armando González Freiría, entre os que destaca O menciñeiro á forza (1985), a partir do texto homónimo de Molière; Sueños de espuma (1986), segundo un texto do propio A. G. Freiría; Historia dun cabalo (1997), con textos de Tolstoi, e Imos botar, imos K Gar (1988), sobre textos do colectivo. En 1990 Ánxeles Alfaya dirixiu Para ti, Shakespeare, tomando como fonte un libreto para cine de Ronald Harwood. Desde 1991, ano en que Xoán Abreu asumiu a dirección escénica, a compañía produciu tres novos espectáculos: Rin, Rin (1992), gañador do I Certame de Teatro Xoven Lugo 93, Quen matou a Mari Lauri? (1996), primeiro premio no II Certame de Teatro “Ciudad de Reinosa 97”, Cantabria, sobre textos do propio Abreu, e Papá e mamá están ben, a partir dun texto de Carmine Amoroso. En 1999 representaron...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte para pescar troitas ou outros peixes de río.
-
PERSOEIRO
Escultor, arquitecto e teórico da arte que adoptou o pseudónimo de Filarete. En Florencia traballou na realización das portas do Baptisterio. No Vaticano fixo as portas de bronce de San Pedro (1433-1435), e en Milán (1451) proxectou o Castello Sforzesco e o Ospedale Maggiore. Publicou un libro titulado Trattato d´Architettura (Tratado de Arquitectura).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pezas feitas de madeira que suxeitan as chedas do carro do país.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica á avicultura.
-
PERSOEIRO
Patricio romano, poeta e xeógrafo. Considerado natural da actual Ribadavia. Consérvanse varias obras súas: Descriptio Orbis Terrae, tamén chamada De situ Orbis, e Epigrammata varia, que inclúe Syrenum Allegoria, Falviano Myroncico, Epigramma, Ad Amicos de Agro e Epigramma. A máis coñecida é a Ora maritima, poema do que só se conserva o primeiro libro, dedicado a Iberia, que constitúe unha fonte de primeira orde para o coñecemento xeográfico da Gallaecia na Antigüidade, principalmente do seu poboamento, xa que sitúa no noroeste da Península os pobos dos saefes e dos dragani. No libro descríbese a costa mediterránea da Península Ibérica e o litoral atlántico dende as Columnas de Hércules (estreito de Xibraltar) ata as Illas Británicas. Avieno recorreu á descrición do litoral da Península Ibérica dun autor anónimo de Massalia (Marsella) de finais do s VI a C, que destaca o pouco coñecemento que ten do interior da Iberia e da súa costa atlántica,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antón Avilés Vinagre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Antón Avilés de Taramancos (Taramancos, Noia 6.4.1935 - A Coruña 22.3.1992) Escritor. Fixo estudios de Náutica na Coruña, onde contactou co movemento galeguista de esquerdas. Emigrou despois a Colombia durante vinte anos. Neste período mantivo un silencio literario que se rompeu trala súa volta definitiva a Galicia en 1980. Nos seus últimos anos desenvolveu unha constante actividade cultural -con colaboracións en diversos medios como Grial, Dorna ou Luzes de Galiza- e política, chegando a ser concelleiro en Noia polo BNG en 1987. En 1986 foi elixido Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Na súa primeira etapa publicou os poemarios As moradías do vento (1955) e A flauta i o garamelo (1959), e obtivo o Premio da Colección Brais Pinto co relato “Pequeño canto”. Despois da súa estadía americana deu ao prelo o poemario O tempo no espello (1982), que recolle toda a produción anterior á etapa americana,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de avinagrar ou avinagrarse.