"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Monxa que aparece como autora do Codex regularum de El Escorial (s X), escrito, segundo o mesmo manuscrito, no mosteiro de Bobatella, que para J. M. Eguren sería o de Samos. Para A. Cotarelo Valledor o mosteiro sería o de Bobadilla, polo que esta monxa sería a filla de Ordoño I, irmá de Afonso III o Magno. M. C. Díaz y Díaz rexeita a posibilidade de que o mosteiro sexa o de Samos, e discute a identificación de Leodegundia coa irmá de Afonso III, ao datar o manuscrito entre 963 e 969, no reinado de Afonso IV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen naceu baixo o signo zodiacal do León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Portomarín baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilamarín baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de León, situado en Nicaragua (123.865 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, atravesado polos ríos Bernesga e Torio, pertencentes á conca do Esla (130.916 h [2001]). Situado no centro do páramo leonés, o relevo é pouco accidentado e o clima é de tipo continental. É un núcleo industrial (construción, industria alimentaria, téxtil e metalúrxica) e as súas funcións principais son as comerciais e de servicios. A cidade tivo unha orixe basicamente militar, a antiga Legio VII Gemina dos romanos que, pola súa situación, tivo un papel moi importante durante a Reconquista, período en que ostentou a capitalidade do Reino de León. Cara a 586, foi incorporada por Leovixildo ao seu reino. Presa polos árabes en 711, Afonso I o Católico conquistouna en 742, pero no ano 846 foi retomada e arrasada. Repoboada por Ordoño I con asturianos e mozárabes andaluces en 856, cara a 987 volveu ser arrasada por Almanzor. Ordoño II estableceu en 914 a capital dos seus estados en León e en 1120 o Foro de León, outorgado por Afonso I o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Guanajuato, México (1.134.842 h [2000]). Está situada entre a rexión montañosa, ao N, e a rexión agrícola de El Bajío, nas ribeiras do río Turbio, afluente do Lerma. É un centro económico e un dos grandes núcleos industriais do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Nicaragua (336.894 h [1995]). A capital é León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Castela-León, formada por 212 municipios (15.468 km2; 488.751 h [2001]). A súa capital é León. Posúe un hábitat disperso en pequenas aldeas diseminadas pola meseta, e ademais da capital só destacan os núcleos de San Andrés de Rabanedo (26.054 h [2001]) e Astorga (12.242 h [2001]). Na agricultura destacan os cultivos de cereais, legumes, vide, remolacha azucreira e froiteiras, e a gandería ten unha grande importancia económica. Posúe importantes xacementos de ferro, carbón, estaño e antimonio. A industria céntrase no sector alimentario (fariñas, viño e manteiga), aínda que tamén destacan as de materiais de construción, a siderúrxica, a química e a produción de enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica da Península Ibérica, que constituía o extremo occidental da Meseta Setentrional, formada polas provincias de León, Zamora, Salamanca, Valladolid e Palencia. É a actual Castela e León.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que deriva do nome persoal latino Leo, Leonis, tomado do nome común leo, leonis ‘león’. Entre os pobos primitivos críase que determinado clan ou familia tiña como proxenitor un animal, que se convertía no seu espírito protector (nome totémico). Houbo 13 papas con este nome, entre eles, san León I o Grande (440-461), León II (682-683), León III (795-816), León IV (847-855), León IX (1049-1054) e León XIII (1878-1903). Na iconografía León I viste a indumentaria papal, coas insignias correspondentes, e leva como atributos un libro ou un dragón aos seus pés (símbolo da herexía). A súa festividade celébrase o 10 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Constelación zodiacal situada entre as de Cáncer, o León Menor, a Cabeleira de Berenice, a Virxe, a Copa, o Sextante e a Hidra femia. O astro principal, á-Leonis, coñecido tamén co nome de Regulus, é de magnitude aparente visual 1,3, e está a unha distancia de 26 parsecs. Contén tamén dúas estrelas de segunda magnitude, tres de terceira e numerosas galaxias.

    2. Quinto signo do zodíaco. En tempos de Hiparco coincidía coa constelación do mesmo nome, pero como consecuencia da precisión dos equinoccios o seu lugar foi ocupado pola constelación de Cáncer. O seu período comprende do 23 de xullo ao 22 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. De nome al- Palatino; Ḥ asan ibn Mu Palatino;mso-fareast- ES-TRAD;mso-fareast-language:ḥ ammad al-Wazzān al-Zayyātī, estableceuse en Italia, entrou no círculo científico do Papa León X, converteuse ao cristianismo e tomou o nome de Giovanni Leone. Escribiu en Italia unha descrición de África do Norte (1562), froito das súas numerosas viaxes anteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista bizantino. Foi autor dunha historia do Imperio de Oriente ata a morte de Xoán I de Bizancio (976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • León Felipe Camino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Yěhudà Abrabanel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (457-474). Tentou manter a unidade do Imperio e ratificou o concilio de Calcedonia. Asumiu a dignidade de emperador de Occidente á morte de Severo (465), aínda que, dous anos despois, elevou ao trono de Roma o seu familiar Antemio Procopio. Non puido derrotar os vándalos situados no N de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (440-461). Arcediago de Roma no pontificado de Celestino, foi home de confianza de Sisto III, a quen sucedeu. No seu papado decidiu acabar co paganismo e interveu contra o bispo Honorato de Arles (449). Consolidou a súa autoridade en Hispania e África, e condenou a Nestorio (449). Castigado polo Concilio de Éfeso, respondeu convocando o Concilio de Calcedonia (451) e defendeu Roma da invasión de Atila (452). Consérvase unha colección de sermóns, o epistolario e o misal denominado Sacramento leonino. Foi proclamado doutor da Igrexa por Bieito XIV (1754). A súa festividade celébrase o 10 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Sicilia ? - Roma 683) Papa (682-683). Tivo unha actitude equívoca respecto ao monotelismo e puxo fin ao Cisma de Ravenna. A súa festividade celébrase o 28 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (717-741). Fundador da dinastía isáurica, foi estratega do tema de Anatolia, o que lle permitiu tomar Constantinopla e substituír a Teodosio III no trono. Derrotou os musulmáns e desprazounos ata o comezo do Éufrates, e someteu as provincias de Sicilia e Calabria á autoridade do patriarcado de Constantinopla. Tentou reformar o estado e consolidar a autoridade imperial cunha reforma administrativa e a redución do tamaño dos temas. Ditou dous decretos (726 e 730), polos que se prohibía o culto ás imaxes, feito que orixinou a cuestión iconoclasta.

    VER O DETALLE DO TERMO