León

León

Provincia de Castela-León, formada por 212 municipios (15.468 km2; 488.751 h [2001]). A súa capital é León. Posúe un hábitat disperso en pequenas aldeas diseminadas pola meseta, e ademais da capital só destacan os núcleos de San Andrés de Rabanedo (26.054 h [2001]) e Astorga (12.242 h [2001]). Na agricultura destacan os cultivos de cereais, legumes, vide, remolacha azucreira e froiteiras, e a gandería ten unha grande importancia económica. Posúe importantes xacementos de ferro, carbón, estaño e antimonio. A industria céntrase no sector alimentario (fariñas, viño e manteiga), aínda que tamén destacan as de materiais de construción, a siderúrxica, a química e a produción de enerxía.

Palabras veciñas

León | León | León | León | León | León | León